martes, 12 de abril de 2016

2ª División. Resultados Xornada 22


Moi boas! achegamos resultados da 22ª xornada de 2ª división, desputada este pasado fin de semana:

  • Miami 25 - Dragon's Spirit 45: correctivo importante de Dragon's Spirit a Miami que non foi quen de facerlle fronte como fixeran na primeira volta. Tralo tropezo de Dragon's na pasada xornada ante Guitian Kids non quixeron dar lugar a dúbidas levando un partido no que se impuxeron con solvencia a costa das boas intencións de Miami, que polo que parece, pegaron un baixón importante en canto a competitividade neste partido.
  • Neogeo Lunic 50 - Colegio Mariano 35: outra victoria sen problemas a de Neogeo ante Colegio Mariano, que tampouco desbotaron a oportunidade para impoñerse nun deses partidos a priori fáciles de gañar, e non quedar sen folgos para chegar coas opcións intactas aos duelos cos equipos da parte alta da clasificación.
  • Amfiv 2 43 - C.B. Los 80's Alcabre 55: bo partido o de Alcabre, co que amosa o seu bo estado de forma e a súa voluntade para loitar pola terceira plaza. En fronte Amfiv 2 que doblaba xornada este fin de semana e que comeza a ver como se afasta a primeira plaza do seu alcance.
  • Basket Hound 51 - C.B. Cahersa Globossol 34: segundo partido tamén para Basket Hound que logrou impoñerse aos compententes de Cahersa no que parece non tiveron moito problema para levar a victoria. Basket Hound certificaba deste xeito o seu ascenso matemático a primeira división.
  • Amfiv 2 26 - Basket Hound 35: o partido entre os dous primeiros, correspondente á 20ª xornada quedou algo descafeinado se atendemos ao marcador. Probablemente foi un choque moi interesante, pero non estamos acostumados a que ningún destes dous equipos anote tan poucos puntos. Se cadra a competencia foi dura e ningún dos dous puxo as cousas fáciles ao outro. O caso é que Basket voltou ás canchas despois dun mes e freou as intencións de Amfiv 2 por seguirlle desputando a primeira plaza.

2 comentarios:

  1. Se dice, se comenta, se rumorea, que en segunda hay varios equipos implicados en el ascenso que no quieren ascender.
    ¿Qué pasa si un equipo que ha conseguido matemáticamente el ascenso decide que no quiere ascender en los despachos?
    ¿Puede permutar su plaza con uno de los descendidos? ¿Esa plaza la asigna la organización en base a criterios ignotos? Corre turno entre los descendidos o los ascendidos.
    ¿Es licito renunciar a un ascenso en una liga recreativa?

    ResponderEliminar
  2. Juez Dredd14/4/16 10:08

    Me quedo con lo último que comentas: eso de renunciar a un ascenso en una liga recreativa ya dice todo del equipo que lo hace...

    ResponderEliminar