xoves, 28 de abril de 2016

2ª División. Horarios Xornada 25


Moi boas, xa temos horarios para esta fin de semana. Chegamos á xornada 25 co que restan soamente tres para o fin da liga regular con algúns postos que todavía poden bailar por arriba.

  • Colegio Mariano - C.B. Cahersa Globossol: Colegio Mariano chega ao seu penúltimo partido moi tocado trala dura derrota da xornada pasada frente a Basket. Tanto eles como os seus rivais, Cahersa, non teñen nada que xogarse, polo que poden agardar un enfrontamento sen tensións no que deberían desfrutar ambos conxuntos.
  • Dragon's Spirit - Basket Hound: Dragon's Spirit inda non ten a permanencia asegurada, pero o certo e que poucos dubidan que non o vaian conseguir sen problema. Nesta xornada teñen en fronte a todo un grande da categoría. Basket Hound leva un ritmo imparable e de seguro irá por outra victoria, que sería a 9ª consecutiva.
  • Guitian Kids - Amfiv 2: Guitian Kids seguen crendo na salvación, e a estas alturas da liga inda teñen posibilidades, algo que pode cambiar definitivamente se non gañan este partido e Dragon's suma un punto máis. Van telo igualmente difícil tendo que enfrontarse a Amfiv 2 que veñen remontando voo tralo seu pinchazo fai tres xornadas.
  • Miami - Neogeo Lunic: Miami vai poñendo punto e final á súa singladura pola segunda división e ten por diante as tres últimas xornadas ante os tres mellores equipos da categoría. O primeiro será Neogeo Lunic, que ten ao seu alcance o billete a primeira, algo que conseguirán matemáticamente se gañan este partido, un trámite que estarán desexando pasar sen problemas.
Todo listo pois para este domingo!

Saúdos

Karnixouvas

6 comentarios:

  1. Buen análisis, pero en lo de victorias concecutivas de baskethound,si no me equivoco creo que llevamos 9 partidos seguidos sin perder, acaso que te refieras desde el parón de Semana Santa

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Tes razón...non sei porque vin unha derrota vosa na xornada 20, debín confundilo co partido aprazado ;-)

      Eliminar
  2. Un de 2ª28/4/16 13:15

    Colegio Mariano - C.B. Cahersa Globossol: moitas beixas seica lastran o bo papel de Cahersa, ainda así gañarán a Mariano.

    Dragon's Spirit - Basket Hound: non hai rival para Basket hound este ano, e menos cuns Dragon's mermados. Un 2.

    Guitian Kids - Amfiv 2: salvo milagre, ten toda a pinta de que vai ser un paseo para Amfiv, e vai certifica-la 2ª praza.

    Miami - Neogeo Lunic: Partido sen historia tamén, Miami moi vidos a baixo polas lesións, e Neogeo en auxe, buscando ainda a sorpresa casi imposible do subcampionato.

    Saúdos.

    ResponderEliminar
  3. Jornada de trámite...ninguno de los equipos visitantes tendrá problemas, todo al 2.
    Si no me equivoco, si gana Neogeo está matemáticamente en 1ª, verdad?
    Si es así, las últimas 2 jornadas serán partidos sin ninguna historia.

    Otra cosa será la copa. Favoritos???

    ResponderEliminar
  4. Yo creo que la copa estará entre los 5 primeros de segunda todo dependerá de las bajas de cada equipo en sus respectivos partidos. Pero si van todos cualquier cosa puede pasar entre esos 5.

    ResponderEliminar
  5. Mi apuesta para la copa:
    Final entre Basquet Hound y el ganador del Amfiv2 / Neogeo-Lunic.
    El ganador? Diría Basket Hound, pero cualquier cosa puede pasar...

    ResponderEliminar