venres, 28 de abril de 2017

Horarios Xornada 25 primeira e segunda

1ª Divisíón: 
     Partido da xornada entre primeiro e segundo, e moi interesantes e seguramente igualados La Alcoba-Amenaza  e Marrajos-100Tolos (Amenaza e Marrajos aínda poden pelexar pola segunda praza, e Alcoba e 100Tolos necesitan gañar para non pasar apreturas nas xornadas que quedan). Nos outros partidos son favorios Ralarsa e Red Skins, aínda que no segundo pode haber unha marxe para a sorpresa...
2ª División:
    Gil26/4/17 16:39
Tenemos horarios: Todos jugamos en Balaidos 2.
Lore-SM Sabado 20:30 Si las dos primeras vueltas SM ya pudo con Lore y yo que no creo en las casualidades, apuesto por ellos, esta semana tenemos campeón.
Balbi-Angel M. Sabado 15:30 Cuidadín, cuidadín, nefasta hora para los intereses de los angelinos. Me da que aquí va a caer la 1ª sorpresa del fin de semana. Apuesto por los chicos de Balbi, que ni les va, ni les viene, lo que pase en la clasificación, pero seguro que de ir van a competir a tope y a no regalar nada. Apuesto por Balbi.
Dragons-Alcume: Domingo 10:45.Seguro que en Alcume, Pedro y David, tras recortarle la semana pasada una victoria a Jedys tienen la moral alta y reclutaran a una buena tropa para seguir intentando el milagro, pero por otro lado Dragons querra seguir en la carrera del ascenso, por lo menos hasta que las matemáticas digan lo contrario. Puede ser un bonito partido. Apuesto por Alcume.
Exacta-Atenas. Sábado 19:15. Exacta, sin duda.
Kids-Jedys. Domingo 13:15. Jedys, también sin dudarlo.

xoves, 27 de abril de 2017

3ª División. Resultados Xornada 24 | Horarios Xornada 25


Con todo o pescado vendido xa en terceira, estes foron os resultados da xornada número 24ª

  • Black Roosters 45 - Lonza 42: a reacción de Black Roosters chega tarde pero lles permite esquivar o último posto da táboa, pese á victoria de Abaco. Lonza chega moi indeciso a este final de liga e probablemente hastiados de non atopar o modo de coller o ritmo do vagón do medio.
  • C.B. Mariano 34 - Don Balón Momper 39: Mariano volve a topar outra pedra no camiño e comeza a pasar por problemas como cando comezaron. Esta recente derrota ante Don Balón Momper costoulles xa o cuarto posto.
  • Raiders 27 - Ouxo Bouzas 64: soberano repaso do líder ante o terceiro clasificado, Raiders, que demostran unha vez máis que están na categoría equivocada. Raiders a agardar outros rivais para curar as feridas.
  • Abaco 45 - N-Beade 32: cuarta victoria de Abaco ante un N-Beade que fixo augas e non estivo nin parece que se lle agardara. Abaco inda ten a tiro a Black Roosters, serán quen de intercambiarlles o posto?


A vindeira xornada queda como segue:

  • Lonza - C.B. Mariano: ambos equipos a arranxar os problemas que lles costou a derrota na pasada xornada. Lonza pode meter o dedo na ferida de Mariano, pero estes non son dos que dan nunca un partido por perdido e xa demostraron noutras ocasións saber saír de situacións comprometidas.
  • N-Beade - Black Roosters: oportunidade para N-Beade de repoñerse da súa derrota fronte o colista, agora contra o seu inmediato perseguidor, que gañou un pouco de confianza trala victoria da xornada pasada.
  • Ouxo Bouzas - Abaco: líder - colista e unha diferencia de anos luz...ánimo...
  • R. Portas C.B. - Raiders: o partido da xornada e a oportunidade para Raiders de desquitarse e polo menos poñer o balance particular en 2-1. As victorias de Portas foron pola mínima, así que agardamos outro interesante encontro.
 Sorte a todos

Un saúdo

Karnixouvas

sábado, 22 de abril de 2017

Horarios xornada 24 1ª e 2ª división


1ª División:

Uvigo Basket - Neogeo-Lunic: Uvigo xa e campeón e queda ver se seguen pelexando por mellorar o seu récord e seguir conservando as vitolas de equipo máis anotador e menos anotado. Neogeo ten que gañar sí, sí ou tamén para ter unha mínima posibilidade de conserva-la categoría, que pasan por gañar todo o que lle queda e que Red Skins perda todo o que lle queda, para forzar un dobre empate que favorecería a Neogeo, se non me fallan os cálculos...
Red Skins Osis- Marrajos Basket: Duelo moi interesante entre dous equipos con boas dinámicas. Red Skins tenta alonxarse do descenso en dura pugana con Ralarsa e Marrajos afianzarse na segunda praza que agora ten en propiedade. Pronóstico incerto.
100Tolos-Puño de Amura - La Alcoba: Duelo tamén moi interesante entre dous equipos que non se poden despistar, xa que aínda que tan só están a unha e dúas victorias da segunda praza, tamén están a mesma distancia dos descenso...
Amenaza - C.B. Autocristal Ralarsa: Prácticamente mesmo caso que no  partido anterior, salvo que Ralarsa está empatado con Red Skins na última praza polo descenso, e Amenaza se atopa na mesma situación que Centolos...
Amfiv-2 - Basket Hound: Pronóstico favorable para os últimos, con Amfiv buscando a súa segunda victoria...

2ª División:


Esta es mi previa.
Atenas-Dragons: Dragons por supuesto.
Alcume-Balbi: A Alcume ya le quedan pocas jornadas para recortar con Jedys y esta puede ser una de ellas, pero claro todo pasa porque ellos ganen, suponiendo que los chicos de Balbi se lo tomen con calma y que Alcume sepa gestionar bien la ansiedad por la necesidad de ganar, la apuesta lógica es Alcume.
Ángel Mapfre-Lore: Uno de los dos partidos de la jornada, Lore parece seguir la estela de SM y querer pelearle el título, a Ángel Mapfre ya le quedan pocos comodines que canjear para asegurar el ascenso (aunque aún siguen teniendo la carta del enfrentamiento directo), es decir a los dos les sobran los motivos y las motivaciones para madrugar el Domingo e ir a jugar al baloncesto. Los precedentes dicen que Lore le mojo la oreja a Ángel dos veces este año, yo creo que con estos datos el favoritismo apunta levemente a Lore.
SM-Kids: SM y sin comentarios.
Jedys-Exacta: El otro partido de la jornada, ¿que es más motivante seguir en la pelea por ascender o por evitar el descenso?
Yo creo que Exacta, tiene más que ganar de lo que pueda perder Jedys si pierde, voy a apostar por la emoción en la liga: Exacta gana.


xoves, 20 de abril de 2017

Sorteo de Copa Vigo en Xogo 2017


Onte tivo lugar o sorteo da copa deste ano. Despois dunha descafeinada copa do ano pasado, na que so participaron segunda e terceira, voltamos ó formato orixinal coas tres categorías no bombo.

Persoalmente non coñezo todos os equipos da liga, polo que convidámosvos a que fagades as vosas apostas e apreciacións nos comentarios.

Quen é o favorito? Quen pode dar a sorpresa?

Un saúdo

Karnixouvas


3ª División. Horarios Xornada 24


Moi boas, despois do descanso da semana santa, voltamos ás pistas para dar o arreón final á liga regular a que lle restan 4 xornadas. Vemos de novo como esta categoría volve a quedar coxa coa expulsión, semella que desta vez irrevocable do equipo Vikings. O resto de emparellamentos queda como sigue.

  • Black Roosters - Lonza: Black Roosters ten a oportunidade de sobrepoñerse ante Lonza que sufriu unha derrota inesperada ante Ábaco a pasada xornada. Inda así coido que será complicado que volvan sufrir outra crise pero nesta recta final xa se sabe que todo pode suceder.
  • C.B. Mariano - Don Balón Momper: cuarto e quinto enfrontaránse para igualar tanteo, se gana Momper ou para poñer distancia se gana Mariano. Nos pasados enfrontamentos as victorias foron para Mariano.
  • Raiders - Ouxo Bouzas: boa toma de contacto para a copa entre estes dous equipos, primeiro e terceiro que voltarán a verse as caras a vindeira tempada en segunda división. Ouxo vai de victoria en victoria sen deixar moitas opcións ós seus rivais e Raiders está obligado a facelo ben para chegar con intensidade á copa.
  • Abaco - N-Beade: último contra sexto, nun partido que a priori non debería supoñer moito problema para N-Beade. Inda así os rapaces de Abaco aproveitarán cada oportunidade que teñan para achegarse de novo a esa victoria, que tan cara está para eles.
Sorte a todos

Un saúdo

Karnixouvas

venres, 14 de abril de 2017

3ª División. Resultados Xornada 23


A 23ª xornada en terceira división rematou cun partido menos, o de C.B. Mariano - Vikings, e coas victorias de Don Balón Momper, Abaco, Raiders e Ouxo Bouzas, que resumimos aquí.

  • Don Balón Momper 41 - Black Roosters 31: Don Balón Momper seguiu fiel o seu estatus e non deixou escapar a victoria ante Black Roosters. De aquí a final de liga non deberían perder ese 5 posto que acostuman a rondar, tendo en conta que o seu enfrontamento máis complicado será o de Mariano.
  • Lonza 36 - Abaco 48: e chegou a terceira para Abaco ante un desafortunado e descoñecido Lonza que so foi quen de anotar 36 puntos despois de facer un bo partido ante Raiders a xornada pasada. Abaco obtén así unha victoria máis que pode ser a última, tendo en conta o duro calendario que lles queda.
  • N-Beade 22 - Raiders 30: xustiño resultado e victoria para Raiders que tampouco estivo ó nivel que se agardaba ante N-Beade que con esta acumula 4 xornadas consecutivas sen gañar. Raiders pode camiñar tranquilo o resto de liga e pode permitirse baixóns coma este, sobre todo se lles sirve para chegar con forzas á copa.
  • Ouxo Bouzas 44 - R.Portas C.B. 39: o partido da xornada non decepcionou. Primeiro e segundo clasificado frente a frente neste último partido de liga entre eles cun 2-0 a favor de Ouxo. O destacado líder non tiña na mente ensuciar a súa estadística en contra e a pesar de contar so con 6 xogadores, saíu da emboscada a que lle someteu Portas, con máis banquillo e a vocación clara de afogar ó seu rival en defensa para saír adiante no partido. O empate a 16 co que rematou a primeira parte evidencian a intensidade defensiva e as dificultades para anotar por parte de ambos conxuntos. Finalmente Ouxo tirou de casta para poñerse por arriba e chegar ó final do partido cunha vantaxe corta pero suficiente para levar a victoria nun dous seus encontros máis complicados da tempada.
Que descansedes todos, voltaremos o vindeiro mércores cos horarios da xornada 24.

Un saúdo

Karnixouvas

luns, 10 de abril de 2017

Resultados xornada 23 primeira e segunda división

1ª División:
Amfiv-2 - Uvigo Basket: Á segunda foi a vencida e Uvigo Basket proclámase campeón a falta de catro xornadas. ¡ Noraboa !.
Basket Hound - Amenaza: Basket Hound logra unha importante victoria na loita polo segundo posto. Amenaza descólgase un pòuco, pero aínda quedan catro xornadas...
Auto Cristal Ralarsa - 100Tolos-Puño de Amura: Festival anotador de Ralarsa (¡1,6 puntos por minuto!, que non quere irse a segunda e da moita guerra, deixando a un dos equipos máximos anotadores da categoría en 42 puntos. Ollo, que con esta derrota quedan a tan só dous pasos do descenso e terán que atinar moito de aqui o final de liga...
La Alcoba - Red Skins Osis: Red Skins tamén segue sumando para tentar escapar dos descenso, e mete tamén na loita a Alcoba, que agora tan só saca unha victoria ós mesmos Reds e Ralarsa... Aprétase moito a cousa...
Marrajos, coma era de supoñer, gañou os seus dous partidos da fin de semana, aínda que o de Neogeo con moitos apuros, e métense de cheo na loita pola segunda praza, empatados con Basket Hound. Ollo, Marrajos gaña 2-1 nos seus enfrentamentos particulares con Basket Hound, o que lle da unha lixeira avantaxe, pero aún pode haber dobres ou triples empates...

En definitiva, primeiro título da súa historia en Vigoenxogo para os universitarios (moi celebrado, polo que se pode ver no seu blog), e unha loita moi interesante pola segunda praza e por escapar do descenso...
Feliz Semana Santa a todos...

2ª División:
Un poco de análisis a falta de 4 jornadas.
1º SM 20-3. Le queda Kids, Lore, Jedys y Balbi. Ya están en primera y son campeones ganando 3 de 4 o 2 de 4 si uno de ellos es contra Lore.
2º Lore 19-4. Le queda Angel, SM, Balbi y Dragons. Ya están en primera y serían campeones ganando dos partidos más que SM. (Lo cual se me antoja harto complicado, pero bueno cosas más raras se han visto y hay que decirlo todo).
3ª , 4º y 5º
Angel 14-9. Le queda Lore, Balbi, Dragons y Exacta.
Exacta 14-9. Le queda Jedys, Atenas, Alcume y Angel.
Dragons 14-9. Le queda Atenas, Alcume, Angel y Lore.
BUFFFF, que difícil de pronosticar pero veamos lo que sabemos seguro:
• Angel y Exacta dependen ambos de sí mismos, ganando sus 4 partidos están en primera.
• Dragons para ascender tiene que ganar un partido más que Exacta porque con ellos tienen el basket average perdido y ganar a Angel o un partido más que ellos.
Los enfrentamientos directos de las dos últimas semanas van a ser claves para dilucidar quién asciende de tercero, el que menos opciones tiene es Dragons, las suyas pasan por ganarle a Angel en la penúltima jornada y que Angel le gane a Exacta en la última.
6º Balbi 12-11. Esta semana los deja matemáticamente en 2ª, ya no pueden ascender ni descender, muy buena temporada la de los chicos de Balbi, que han sido una de las notas positivas de la liga, un soplo de aire fresco entre tanto veterano y que a buen seguro en el futuro apuntarán más alto. Este año han competido mucho y muy bien con casi todos los equipos consiguiendo victorias contra todos excepto los dos primeros y aun les resta un partido con cada uno de ellos…
7º Jedys 10-13. Les queda Exacta, Kids, SM y Atenas.
8ª Alcume 8-15. Les queda Balbi, Dragons, Exacta y Kids.
Jedys ganando un partido menos de los que gane Alcume se mantendrá en segunda y en principio tienen dos partido “fáciles” y dos difíciles (Suponiendo que SM no le gane a Lore, porque si SM ganan a Lore y ganan la liga a falta de 2 jornadas, ese también puede ser un partido fácil para Jedys).
Alcume tiene dos partidos “fáciles” y dos difíciles, sus opciones pasan prácticamente si o si por ganarlo todo y esperar que Jedys pinche en sus dos partidos complicados.
Cuando digo “fáciles” me refiero a equipos que no se están jugando nada más que la honrilla del partido en cuestión pero ya tienen su clasificación final clara.
9º y 10ª Kids y Atenas, juegan entre ellos en la penúltima jornada ver quien queda de último en la liga.
Suerte a todos y recordar que pase lo que pase, el año que viene podemos volver a disfrutar de este hobby ya sea en 1ª en 2ª o en 3ª, que en todas en su justa medida se puede disfrutar de la competición.


venres, 7 de abril de 2017

Horarios Xornada 23 1ª e 2ª

1ª División:
Segundo match-ball para os universitarios contra Amfiv. Se gañan, a liga queda sentenciada. Se perden, quedan a expensas do partido da xornada, Basket Hound-Amenaza, segundo contra terceiro e que pode decidir se algún se descolga desta loita pola segunda praza, que aínda que non de moito da unha copa. Se gaña Basket Hound, a liga xa é segura para os universitarios.
Da loita tentará no descolgarse tampouco 100Tolos, que xoga contra Ralarsa. Despois da derrota destos contra Red Skins necesitan imperiosamente a victoria para non verse nunha situación complicada. 
La Alcoba está esperando a que falle alguén para seguir tamén na loita pola segunda praza. Red Skins tentarán confirmar a súa boa racha conseguindo a carta victoria consecutiva, na loita por escapar dos postos de descenso e acercarse ós de arriba...
Marrajos ten dobre xornada e, se todo vai normal, pódese meter tamén nesa loita pola segunda praza. Xoga contra un Neogeo mermado polas lesións do partido anterior e contra un Amfiv que segue buscando a sua segunda victoria na liga.
2ª División:
Esta es mi previa:
Angel Mapfre (14-8) vs SM Color (19-3): El partidón de la jornada!!!
En principio la apuesta fácil es SM, pero hay demasiadas variables en juego. Si Angel Mapfre pierde, puede perder la 3ª plaza a falta de 4 jornadas y eso podría ser peligroso para sus aspiraciones a ascender.
Si SM pierde podría complicarse el título de campeón y sí gana podría dejarlo casi, casi sentenciado.
Realmente nada de lo que pase es definitivo para ninguno de los dos equipos y dependerá de lo que cada uno puedan presentar en esta previa a la semana santa. Apuesto por Angel a ver si esta semana no me llevan la contraría ;-)
Lore (18-4) vs Alcume (8-14): Lore están muy serios este año y parece que quieren disputar el título hasta el final, Alcume siguen persiguiendo el sueño de la permanencia. Saben que pasean por el alambre y sin red, sí son capaces de manejar bien la ansiedad de la necesidad imperiosa de ganar pueden llevarse la victoria. Apuesto por ellos.
Balbi (11-11) vs Atenas (2-20): Voy a apostar sobre seguro con Balbi, aún no han certificado la permanencia y este es partido idóneo para hacerlo, después juega con los tres primeros y con Alcume, no es descabellado pensar en que puedan perder todo lo que les queda y eso podría significar problemas. Con esta victoria prácticamente certificarían la permanencia.
Dragons (13-9) vs Jedys (10-12): En teoría Jedys, por su dinámica positiva y su sprint continuo de la 3ª vuelta mirando de reojo a Alcume, pero voy a apostar por Dragons, aunque sólo sea para que el final de liga este un poquito más emocionante por ambos extremos de la tabla.
Exacta (13-9) vs Kids (2-20): Exacta por un montón de razones que no enumerare para no extenderme mas.
Suerte a todos y felices pascuas.

mércores, 5 de abril de 2017

3ª División. Resultados Xornada 22 | Horarios Xornada 23


Sen sorpresas en terceira despois desta 22ª xornada que deixa estes resultados e poucos cambios na zona media da clasificación

  • Vikings 41 - Ouxo 97: recital de Ouxo ante Vikings, que non puido ter un retorno tan desafortunado despois da súa ausencia pasaxeira. Por se alguén albergaba dúbidas de a que xoga esta xente, ahí están eses 97 puntos como mostra do seu estado de forma. Inda teremos que agardar un pouco para ver ata onde son capaces de chegar na copa.
  • R. Portas C.B. 40 - N-Beade 34: victoria tímida de Portas que tivo máis problemas do agardado para doblegar a N-Beade, que a pesar de todo non tiveron tampouco a sorte do seu lado e non puideron aproveitar o baixón do segundo clasificado para seguir apretando a Mariano.
  • Raiders 63 - Lonza 54: victoria traballada de Raiders, que chegou a ir por debaixo no marcador na primeira parte e que atallaou a crise a tempo para conseguir a victoria ante un Lonza peleón que todavía pode dar algunha que outra sorpresa no que queda de liga.
  • Abaco 27 - Don Balón Momper 42: Abaco rema contra corrente, poucas opcións de novo para eles ante un Don Balón Momper que selou unha victoria sen moito problema.
  • Black Roosters 49 - C.B. Mariano 56: bo desempeño de Black Roosters que amosou algo máis de competitividade do habitual ante C.B. Mariano que tivo que facer o propio para non sufrir una derrota inesperada e asegurar a victoria.



A vindeira xornada 23 terá os seguintes enfrontamentos:

  • C.B. Mariano - Vikings: Mariano esgotou as opcións de ascenso xa a xornada pasada, agora restan 5 para que poidan pensar na competición copeira e o seu próximo rival é Vikings, equipo que ven de sufrir unha dolorosa derrota frente a Ouxo e que tratarán de volver a recuperar sensacións canto antes.
  • Don Balón Momper - Black Roosters: Momper transita na zona media da clasificación dende fai tempo e neste partido frente a Black Roosters tentarán conseguir outra victoria para seguir con bo estado anímico, algo que Black Roosters semella mellorou algo na xornada pasada e poden seguir pensando en positivo.
  • Lonza - Abaco: Lonza tamén está en progresión despois das boas sensancións amosadas ante Raiders e agora reciben a un Abaco desolado que non levanta cabeza e ten moito que mellorar para poder se quera ter opcións a unha victoria.
  • N-Beade - Raiders: N-Beade quere seguir facendo o posible por non amilanarse ante ningún rival por duro que sexa. A xornada pasada tivo a Portas a tiro e seguro que agora pensarán que por qué non poñer en apuros tamén a Raiders, que xa tivo problemas para tumbar a Lonza.
  • Ouxo Bouzas - R.Portas C.B.: o partido da xornada, o incombustible Ouxo frente o resistente Portas. Ouxo inda non ten rival en terceira, xogan claramente a outro nivel. No pasado dúas victorias para Ouxo cun Portas combativo que non foi tan eficiente como o seu rival pero que seguro que irán a por todas na súa derradeira oportunidade.
Sorte a todos

Un saúdo

Karnixouvas