xoves, 20 de abril de 2017

3ª División. Horarios Xornada 24


Moi boas, despois do descanso da semana santa, voltamos ás pistas para dar o arreón final á liga regular a que lle restan 4 xornadas. Vemos de novo como esta categoría volve a quedar coxa coa expulsión, semella que desta vez irrevocable do equipo Vikings. O resto de emparellamentos queda como sigue.

  • Black Roosters - Lonza: Black Roosters ten a oportunidade de sobrepoñerse ante Lonza que sufriu unha derrota inesperada ante Ábaco a pasada xornada. Inda así coido que será complicado que volvan sufrir outra crise pero nesta recta final xa se sabe que todo pode suceder.
  • C.B. Mariano - Don Balón Momper: cuarto e quinto enfrontaránse para igualar tanteo, se gana Momper ou para poñer distancia se gana Mariano. Nos pasados enfrontamentos as victorias foron para Mariano.
  • Raiders - Ouxo Bouzas: boa toma de contacto para a copa entre estes dous equipos, primeiro e terceiro que voltarán a verse as caras a vindeira tempada en segunda división. Ouxo vai de victoria en victoria sen deixar moitas opcións ós seus rivais e Raiders está obligado a facelo ben para chegar con intensidade á copa.
  • Abaco - N-Beade: último contra sexto, nun partido que a priori non debería supoñer moito problema para N-Beade. Inda así os rapaces de Abaco aproveitarán cada oportunidade que teñan para achegarse de novo a esa victoria, que tan cara está para eles.
Sorte a todos

Un saúdo

Karnixouvas

Ningún comentario:

Publicar un comentario