xoves, 10 de maio de 2018

2ª División. Resultados Xornada 27 | Horarios Xornada 28


Chegamos xa á ultima xornada de liga en segunda división onde tralos últimos resultados confírmase a terceira plaza de ascenso para Alcume que remou ata o final para chegar a ese terceiro posto que ocupaba Exacta. Neste caso o esforzo valeu a pena e Alcume, que rematou en postos de descenso a tempada pasada, cambiou radicalmente de actitude e amosouse moi combativo durante a liga regular, chegando a este complicado playoff de ascenso onde finalmente acadou o mellor dos obxectivos. Noraboa. Por contra Exacta Sperta a pesar de quedar co mesmo balance saiu perdendo no "average"
particular, e terán que conformarse con participar de novo o ano que ven en segunda división.

Por abaixo inda queda unha xornada e con emoción ata o final. Das dúas plazas de permanencia unha xa ten o nome de R.Portas Overtake que fixo o debido na xornada pasada derrotando a un Amfiv que se enfronta agora ao partido máis importante do ano. Angel Mapfre é o outro candidato a esa plaza e o que consiga a victoria conseguirá a permanencia.

O vindeiro luns sairemos de dudas. Moita sorte.

Un saúdo

Karnixouvas


mércores, 9 de maio de 2018

Copa Vigo en Xogo 2018


O luns foi o sorteo de copa deste ano e así foi como quedaron os emparellamentos e as datas.


venres, 4 de maio de 2018

2ª División. Resultados Xornada 26 | Horarios Xornada 27


Restan dúas xornadas para que chegue a término a competición ligueira deste ano.

No grupo do ascenso tan so queda a de este vindeiro fin de semana, no que Ouxo xa non se xoga nada e so pensa no próximo ano en primeira. Se as contas non me fallan Deportes Balbi está na mesma situación, xa que inda perdendo e conseguindo unha victoria máis Exacta, o empate estaría desfeito polo average particular no que saería gañando Balbi.

Por abaixo, seguen estando as plazas do ascenso en xogo. Amfiv e Portas parecen decididos a seguir apretando pero nesta xornada un dos dous sairá perxudicado e pode perder parte das súas opcións. Mapfre como terceiro en liza ten máis responsabilidade, sabendo que pode sacar proveito do resultado dos de cabeza nesta fin de semana e non poden pensar noutra cousa que gañar os dous próximos partidos.

Veremos o que acontece.

Boa sorte a todos

Un saúdo

Karnixouvas