xoves, 21 de marzo de 2019

1ª División. Resultados Xornada 20 | Horarios Xornada 21 | Playoff 3




2ª División. Resultados Xornada 20 | Horarios Xornada 21 | Playoff 3




Boas. Tan so dous partidos o pasado finde, seica hai problemas cos pavillóns, tamén houbo un incendio no de Coia o pasado venres e todas as competicións programadas alí tiveron que ser reubicadas, e xa sabemos que nestes casos os que sobramos somos nos...

En fin, no que respecta ó deportivo, o partido entre Mapfre e Lore rematou cun axustado 47-51 a favor de Lore, que suma a súa segunda victoria no playoff. Mapfre semella amosou un bo nivel, tentando repetir victoria como fixeran no partido de volta da liga regular, pero quedaron as portas.

Por abaixo, Neogeo e Portas, os chamados a ser os máis fortes do grupo batíronse en Bouzas onde os de Portas lograron unha holgada victoria. Ambos viñan de caer derrotados ante os equipos peor clasificados na liga regular, e había moita carga por conseguir unha victoria que no futuro podería ser trascendental.

Nada máis que engadir, moita sorte a todos na seguinte xornada.

Un saúdo

Karnixouvas

3ª División. Resultados Xornada 20 | Horarios Xornada 21 | Playoff 3




mércores, 13 de marzo de 2019

1ª División. Resultados Xornada 19 | Horarios Xornada 20 | Playoff 2




2ª División. Resultados Xornada 19 | Horarios Xornada 20 | Playoff 2




Boas! Primeira xornada de playoffs con resultados dispares no grupo do ascenso e do descenso.

Comezamos co grupo do ascenso, onde Angel Mapfre caeu con contundencia ante uns Red Skins implacables que non tiveron maior problema en impoñerse nun partido que tiveron moi de cara desde o principio. Toda a info na súa crónica.

Lore fixo o propio con Exacta-Sperta, gañando un partido con solvencia e defendendo o posto conseguido na liga regular.

Pouco máis que engadir, veremos como evolucionan as seguintes xornadas.

Por abaixo máis emoción, os peor clasificados gañaron aos de arriba, un deles polo menos contra todo pronóstico, o que enfrentou a Premir con Neogeo Camaleón. Os últimos clasificados foron quen de derrotar a un dos equipos máis fortes do grupo do descenso, poñendo patas arriba todas as previsións e engadindo unha dose extra de emoción a este grupo.

A xornada completouse coa victoria de Castrelanos fronte a R.Portas. Xa viñamos avisando que estes rapaces estaban comezando a sentirse cómodos nesta categoría e pronto comezarían a refrendar as súas sensacións con resultados. Velaquí o primeiro, derrotando por terceira vez na tempada a Portas, que ve as súas aspiracións mermadas e agardando a vindeira xornada.

Sorte a todos este finde, vémonos á volta.

Un saúdo

Karnixouvas

3ª División. Resultados Xornada 19 | Horarios Xornada 20 | Playoff 2




mércores, 6 de marzo de 2019

1ª División. Resultados Xornada 18 | Horarios Xornada 19 | Playoff 1




2ª División. Resultados Xornada 18 | Horarios Xornada 19 | Playoff 1




A liga regular chegou ao seu fin con Redskins como líder indiscutible que chega a uns playoffs no que apostamos non van fallar e voltarán a primeira división tras este ano de reciclaxe.

No segundo escalón atópase Lore outro dos descendidos o ano pasado que volve a crer nas súas posibilidades. Chegou a hora da verdade e van ter duros rivais na liguiña de ascenso e deberán estar moi atinados para acadar esa plaza.

Seguindo moi de preto quedou no terceiro posto Angel Mapfre, con sensacións encontradas durante toda a tempada, pero conseguindo asegurarse unha plaza neste playoff de ascenso no que terán que ser moito máis regulares que durante a liga. Recordemos que este equipo o ano pasado non conseguía clasificarse no playoff de descenso e estaba condenado a descender a terceira, situación que evitaron en última instancia por temas organizativos, así que noraboa.

Exacta-Sperta seguíu a estela de Angel Mapfre e pelexou ata as xornadas finais por esa desputada cuarta plaza do playoff polo ascenso, obtendo na miña opinión un posto merecido no que se non lle faltan forzas van dar algunha sorpresa.

Neogeo pagou caro o mal arranque de liga e os malos resultados na primera parte da competición, e a pesar da súa progresión chegaron ás últimas xornadas con opcións remotas de entrar no grupo do ascenso. Están sen dúbida destinados a ser un dos equipos máis fortes do playoff polo descenso e terán a vista posta na vindeira tempada en segunda división. Inda así, o trámite hai que pasalo e ningún rival lle vai poñer as cousas fáciles.

R.Portas volve repetir posto e terá que batirse de novo por afianzar o seu lugar en segunda división. Rendemento moi irregular para este equipo que semella depende moito das súas convocatorias, sendo capaz do mellor e do peor. Teñen plantilla para acadar esta plaza sen complicacións, pero dependen moito desas convocatorias. Veremos se son capaces de despexar as dúbidas.

Amfiv 2 un escalón por debaixo e con números mellores cos do ano pasado. Este ano por sorte para eles non foi tan desastroso, e terán a oportunidade de facer valer as súas estadísticas para estar de novo en segunda o ano que ven.

Castrelanos o aspirante que foi gañando enteros e confianza co paso das xornadas vai ser un rival duro. Teñen unha plantilla xove e con calidade suficiente para batirse con calquera dos outros catro rivais e seguro darán máis de unha sorpresa no que nos queda de competición.

Pecha a clasificación Premir, que probablemente mereceu máis en moitos partidos, son un equipo moi perseverante, que non acostuma a deixarse ir en ningún partido sexa cal sexa o rival, e teñen agora que xogar un papel importante para poder salvarse da queima.

Sorte a todos no playoff.

Un saúdo

Karnixouvas

3ª División. Resultados Xornada 18 | Horarios Xornada 19 | Playoff 1