mércores, 16 de xaneiro de 2019

1ª División. Resultados Xornada 11 | Horarios Xornada 12




2ª División. Resultados Xornada 11 | Horarios Xornada 12




Se alguén comezaba a perfilar as posicións de cara o playoff na categoría de plata que vaia desfacendo os seus pronósticos porque aquí ainda queda baloncesto para rato.

Redskins 30 aniversario volveu sufrir nun partido ante o rival máis inesperado, Castrelanos que con so dúas victorias no seu haber e un discutible rendemento ata o momento plantoulle cara o líder ata chegar a prórroga. Semella que, como tantos outros, hai diferencias cando teñen o equipo ao completo.

Centro de Estudios Lore segue fiel a súa filosofía de non deixarse puntos na persecución do liderato, e ben de darlle unha paliza importante a R.Portas Overtake equipo que tamén parece que xoga a dúas velocidades, competentes e resolutivos ante calquer rival da categoría cando están todos, pero inconsistentes e dispersos cando afrontan partidos con pouca convocatoria, como semella foi o caso.

Angel Mapfre sufriu a súa cuarta derrota da tempada ante Amfiv, outro equipo que quere saír das posición baixas da clasificación pouco a pouco. Mapfre non pode despistarse, porque ese grupiño intermedio comeza a ter moitos postulantes que van apostar forte por meter o pe para apretar as cousas inda se cabe un pouco máis.

Exacta Sperta foi outra das sorpresas da xornada, despois de caer de forma contundente fronte a Neogeo-Camaleon outro equipo que vai de menos a máis e parece que comeza a recuperar sensacións.

Polo tanto, a estas alturas de liga, moito todavía por xogarse e a clasificación máis apretada que nunca.

Un saúdo

Karnixouvas

3ª División. Resultados Xornada 11 | Horarios Xornada 12