mércores, 21 de decembro de 2016

3ª División. Resultados Xornada 10


Chegamos á última xornada do ano e recuperamos por fin a paridade de partidos xogados entre todos os equipos, o que nos deixa ver a clasificación real tras varias xornadas de recuperación de aprazados.

  • Vikings 52 - Abaco 35: Vikings colle folgos despois de impoñerse sen problemas ante Abaco. As tres últimas xornadas saldáronse con dúas victorias e unha derrota e acumulan nesta primeira volta un balance de 3-7 que deben mellorar moito para poder asentarse na zona media. Abaco sen embargo segue de capa caída e non conseguiu ningunha victoria nesta primeira parte da competición, esperemos que na segunda consigan cambiarlle a cara.
  • Raiders 46 - Black Roosters 35: a priori as apostas caían do lado de Raiders, e así foi.  Sen embargo a autoridade non foi tal, tendo que lidiar co cansancio acumulado do partido xogado xusto antes contra Portas e cuns Black Roosters que fixeron unha primeira parte moi competente que non lles deixou moito marxe no marcador. Na segunda os Roosters perdían algo de intensidade, borrándose en ataque, o que facilitou que Raiders tomara vantaxe e asegurara a necesaria victoria que lles permite rematar o ano no terceiro posto.
  • R. Portas C.B. 54 - C.B. Mariano 30: victoria para Portas no segundo partido do fin de semana ante un C.B. Mariano que voltou a sufrir unha abultada derrota como xa ocorrera na primeira xornada de liga. Os únicos dous equipos descendidos de segunda na tempada pasada están a ter sorte algo dispar nesta campaña. Portas leva un ritmo fulgurante cun balance de 9-1 que o sitúa na primeira plaza, empatado con Ouxo. Mariano pola súa parte comezou peor, inda que semella ir recuperando terreno e xa se atopa na cuarta plaza con 6 victorias e 4 derrotas.
  • Ouxo Bouzas 76 - Don Balón Momper 28: soberana paliza de Ouxo Bouzas que segue a demostrar que está a outro nivel. Creo que a ningúen lle cabe duda de que este equipo debería estar como mínimo en segunda, onde probablemente atoparía rivais máis competentes. Mentres tanto seguirá facendo o seu traballo para que este ano pase o máis rápido posible. Don Balón Momper non ofreceu resistencia ou non puido poñer barreiras o empuxe de Ouxo, de todos modos tampouco son o seu obxectivo así que nada que comentar, so desexarlles sorte na segunda volta.
  • N-Beade 50 - Lonza 43: con esta victoria N-Beade aséntase na quinta posición na táboa, despois de encandear tres xornadas consecutivas sen perder. Deberían estar contentos con este balance de 6-4 e de rematar así a primeira volta, diría que no seu tope, xa que os 4 equipos de arriba semellan estar por enriba das súas posibilidades. No partido pola contra non parece que o tiveran moi fácil, gañando por tan so 7 puntos a un Lonza que queda na octava posición empatado con Vikings e que teñen traballo que facer na segunda volta, se queren seguir buscando espacio na zona intermedia.
  • R. Portas 43 - Raiders 40: dous rivais directos neste partido recuperado da 7ª xornada para desfacer o empate. Polo que comentan no seu blog, Raiders saíu decidido a pola victoria, aproveitando o arranque frío de Portas e chegando a metade do tempo con dous puntos de marxe. A segunda parte sería un "toma e daca" que levou o partido ó límite cunha pequena ventaxa para Portas que soubo administrar ata os instantes finales, levando a victoria por tres puntos. Preséntanse interesantes os futuros encontros entres estes dous equipos que sen dúbida loitaran por unha desas plazas de ascenso a segunda.
Nada máis pola miña parte, botamos o peche ata a semana do nove de xaneiro, agardando pola programación da 11ª xornada de liga e primeira do 2017.

Que pasedes todos unhas Felices Festas!!

Un saúdo

Karnixouvas

sábado, 17 de decembro de 2016

3ª División. Resultados Xornada 9 / Horarios Xornada 10

Xa estamos a metade de decembro, e cos deberes por facer, que desastre! Vamos recollendo as novidades despois desta pequena desconexión achegando os resultados da xornada 9 e os horarios da 10ª.


  • Lonza 36 - Vikings 50: Vikings acadou unha necesaria victoria ante un Lonza que está tentando aguantar o tipo pero que lle está costando neste final da primeira volta.
  • N-Beade 41 - Don Balón Momper 32: partido entre rivais directos co que queda todavía máis empatada a zona media despois da victoria de N-Beade que colle algo de aire con respecto o tren de cola, polo momento...
  • Ouxo Bouzas 49 - C.B. Mariano 47: victoria axustada de Ouxo Bouzas ante un gran Mariano que deu a talla de largo, confirmando así o seu bo estado de forma. Xa tardaba en chegar, posto que un servidor sempre pensou neste equipo como un candidato a pelexa polo ascenso.
  • R. Portas C.B. 42 - Black Roosters 17: partido cómodo para Portas que non tivo rival sobre a cancha. Black Roosters non foi quen de anotar máis de 17 puntos e de seguir así parecen condenados os postos máis baixos da categoría.
  • Raiders 59 - Abaco 25: outros dos candidatos o ascenso como Raiders non deixaron opcións a uns malogrados Abaco que asistiron a unha nova derrota. Ben pintan as cousas para Raiders esta tempada, veremos se conseguen unha de esas plazas polas que están frecuentando desde principio de tempada.
  • Don Balón Momper 43 - Vikings 42: un puntiño bastou para engadir unha victoria a Momper fronte a uns combativos Vikings que seguen intentando mellorar a súa participación na liga, buscando algo de regularidade. Esta sendo difícil para eles, pero veremos que tal se lles da a segunda volta, agora que xa coñecen ós seus rivais.
  • Lonza 42 - C.B. Mariano 50: vendo o resultado parece que foi un partido interesante, cun Mariano reforzado moralmente e un Lonza disposto a non desinflarse ante un rival con tanta tradición na competición. Non puido ser para eles, pero poden estar igualmente orgullosos do resultado.
  • N-Beade 35 - Black Roosters 23: moi poucos puntos nesta victoria de N-Beade e novo fiasco de Black Roosters. Os primeiros salvan un fin de semana moi favorable con dúas victorias. Black Roosters pola contra pechan esta primeira volta da peor forma, sen amosar nin un pouco de competitividade. Moito teñen que cambiar as cousas para que poidan facer máis ruido. Tempo, de momento, teñen.
  • Ouxo Bouzas 68 - Abaco 23: pouco que comentar deste partido, primeiro e último clasificado fronte a fronte. Claramente Ouxo está unha ou dúas categorías por enriba de Abaco. De todos modos non son o seu obxectivo, así que nada que botarlles en cara, e seguir desexándoses sorte na segunda volta, a ver se conseguen a primeira victoria.
E deixámosvos cos horarios para a xornada 10 que pasa por ser a derradeira do ano.


Saúdos 
Karnixouvas
 

venres, 16 de decembro de 2016

Horarios Xornada 10 Segunda División

O partido máis interesante desta xornada quizáis sexa o Exacta - Lore, entre dous dos clubes que andan pelexando pola parte alta da táboa. Tamén o Dragon´s - Balbi, entre dous equipos moi parexos que non queren descolgarse na loita polo ascenso... Veremos quen ten mellor día...

martes, 6 de decembro de 2016

Resultados Xornada 9 Segunda División


Resultados interesantes nesta xornada de segunda.
SM Color (7-2) gañou os seus partidos, amosando que lle sentan ben as xornadas dobres (por suposto, eles preferirían non ter que xogalas, pero ata o de agora estanlles sendo moi productivas...). Deportes Balbi (5-4) perdeu unha boa oportunidade de dar máis guerra na loita polo ascenso, e Cenro de Estudios Lore (7-1) perdeu a súa imbatibilidade, cousa que entraba dentro das posibilidades. Xa non quedan equipos invictos na categoría.
Os rapaces de Exacta Sperta (6-3) seguen empeñados en destrozar quinielas, e xa van dous "galos" que sucumben diante deles. Victoria inesperada ante Ángel Mapfre (7-2), e máis esperada ante Academia Atenas (1-8), que non levanta cabeza e pasa a ser o colista desta división, despois de perder tamén diante de Jedys.
Xornada redonda tamén para os Jedys (2-7) que, ¡por fin!, gañaron os seus dous primeiros partidos diante de rivais directos e abandonan o último posto da táboa. Veremos se esta racha ten continuidade e os leva a non pasar atrancos ou todo queda en "flor dun fin de semana"...
Guitián Kids (2-7) logrou una victoria diante de Alcume Basket (2-6) (¿supoñemos que non lles foron todos?) e perdeu diante de Jedys. Alcume complícase a vida na loita por escapar ó descenso...
Dragon´s (4-3), aprazou o seu partido desta fin de semana e segue coma estaba...

xoves, 1 de decembro de 2016

3ª División. Resultados Xornada 8 / Horarios Xornada 9


Moi boas!

Vamos con un rápido repaso os resultados da pasada xornada e a previa da seguinte que andamos cortos de tempo!

  • Vikings 37 - Raiders 49: Raiders segue pisando o acelerador e non pensa deixar opción na persecución do primeiro posto. Doce puntiños de vantaxe frente a uns Vikings que seguen case no fondo do pozo e non dan levantado cabeza. Confírmase a evolución de Raiders que por se alguén o dudaba é un serio candidato o ascenso a segunda.
  • Abaco 24 - R. Portas C.B. 64: serio correctivo de Portas a Abaco que pasou sen pena nin gloria polo partido. Pouco futuro teñen cos resultados que están acadando. Certo é que Portas igual non era o rival para conseguir a primeira victoria, pero moito teñen que cambiar se queren conseguir algo, inda que sexa terceira. Portas pasou cómodamente por riba de eles sen contemplación.
  • Black Roosters 44 - Ouxo Bouzas 57: polo resultado Black Roosters parece que estivo ahí. De todos modos Ouxo segue estando un puntiño máis arriba que gran parte dos seus rivais e tampouco arriscan máis do necesario. Black Roosters baixan un pouco na clasificación quedando octavos.
  • C.B. Mariano 38 - N-Beade 21: moi poucos puntos neste partido, non vamos facer sangue porque era o das nove do domingo, e non hai ánimos para nada. Probablemente saíron os dous durmidos, pero Mariano menos e con pouco esforzo foi levando puntos o seu marcador ata chegar a 38, que son poucos para gañar un partido, pero suficientes ante un N-Beade que a pesar da derrota mantense a flote no grupo medio.
  • Don Balón Momper 30 - Lonza 37: outro partido das nove da mañá do domingo. Non foi moita a diferencia de puntos, pero Lonza confirma a súa progresión e entra de cheo nese igualado grupo medio no que se atopan eles dous máis N-Beade. Momper segue ofrecendo cara e cruz xornada tras xornada, e non me aventuro a predicir o que lles depara o futuro.
  • Abaco 30 - N-Beade 50: segundo partido do día para ambos no que Ábaco non puido tampouco con N-Beade que se foi ata os 50 puntos e que pecharon o fin de semana con unha victoria e unha derrota. Abaco pasou dunha dura derrota pola mañá a unha non menos dolorosa pola tarde ante un rival a priori non moi esixente, pero que semella estar moi por riba deles aún así.
  • C.B. Mariano 40 - Don Balón Momper 35: se non lles chegaba a ambos ter que soportar o madrugón do domingo, quedaron tamén sen sesta obligados a xogar o partido das catro da tarde. De seguro con poucas enerxías Mariano e Momper desputaban o seu particular obxectivo. Mariano por entrar definitivamente no grupo de cabeza e Momper por seguir estando a un pasiño de conseguilo. Desta vez o premio foi para Mariano que sube o posto 4 facendo baixar a Momper ata o sexto.
  • Vikings 35 - R. Portas C.B. 42: fin de semana redondo para Portas que suma dúas novas victorias con esta conseguida ante Vikings. Portas xogaba dous seguidos e atopaba en Vikings a un rival máis competente do agardado que sen embargo conseguiría manter a raia. Pola contra Vikings pechaba o finde con dúas derrotas e coa urxencia de darlle a volta os resultados nos vindeiros partidos.
E deixámosvos cos horarios da seguinte xornada sen tempo para máis, con outra gran convocatoria para recuperar case todos os partidos suspendidos da xornada 7, por sorte con 8 dos 9 partidos programados entre Berbés, Teis e Navia. Veremos o que da de si e se non hai sorpresas con ese programado en Balaídos.

Un saúdo

Karnixouvas