luns, 29 de febreiro de 2016

Xa están publicados os resultados da xornada 18 e 19.

Resumo de primeira:
- Fin de semana redondo para dous equipos, Amenaza e Red Skins, que gañaron os dous partidos que xogaron, Amenaza de xeito bastante apertado, e Red Skins de xeito apertado o seu partido contra UVigo Basket e bastante folgadamente contra Centolos...
- Eurolaguia Alcoba conseguiu una vitoria contra Ángel Mapfre, anotando moitos puntos para o que é normal en este equipo, que soe tamén deixar os seus rivais en tanteos baixos. O día seguinte perderon de xeito apertado contra Ralarsa, quen sabe se polo cansazo de xogar o día anterior. Mérito tamén para os rapaces de Ralarsa, coreáseos coma eles sós...
- Marrajos venceu con folgura no partido do Sábado ante outro dos favoritos, Centolos, e o día seguinte perdeu de xeito apertado contra Amenaza, deixando a cabeza da táboa apertada (creo que agora Marrajos e Red Skins están empatados a puntos...)
- Vitoria de mérito de Jedys contra Ángel Mapfre, despois de ir perdendo durante boa parte do partido, remontando logo e non podendo evitar que Ángel Mapfre levara o partido á prórroga no último segundo. Logo tivo Ángel Mapfre o partido nas súas mans, pero unha ¿tripla? postrera a lo Sergi Llull - Stephen Curry levou o partido cara as alforxas dos defensores da forza...
- O partido entre Uvigo Basket e Sm Publihabitat resolveuse o final cara os primeiros. O resultado fainos pensar nun partido igualado que seguramente só se resolveu nos últimos minutos...
- E cruz para Centolos e Ángel Mapfre. Os primeiros perderon os seus dous partidos contra os dous líderes de xeito bastante folgado, descolgándose un pouquiño da loita pola primeira praza, e Ángel Mapfre segue empeñado en meter máis puntos que ninguén (é en encaixar máis que outros, mágoa...). O partido contra os Jedys tívoo nas súas mans, escapóuselles por un salaio...

domingo, 28 de febreiro de 2016

Fuikaomar no Vigo en Baloncesto.

Vigo en Baloncesto vai tomando forma coa axuda de todos vós. Algo que é de agradecer, tanto lectores coma colaboradores fan desta páxina un lugar mellor.

Nestes días sumouse o carro do Vigo en Baloncesto, un novo e moi especial colaborador. A tenda de baloncesto Fuikaomar.


Moitos de vós xa coñeceredes esta tenda, sita na nosa cidade, concretamente en Luis Ksado 5. E senón a coñecedes fisicamente, coñecerédela da sua prolífica actividade na rede. (www.fuikaomar.es) e tamén no Facebook.
Unha tenda onde podemos atopar todo o necesario relacionado co balocesto, que tan dificil se esta facendo de atopar noutros lugares máis aló de dous o tres pares de zapatillas. Este é un mundo de Cristianos e Messis.

Pois ben, como dicía ven de sumarse o carro do Vigo en Baloncesto, e da mellor forma posible: Traendo un agasallo para vós!



Coñecedes o crack da foto? Pois algún de vós lucirá a camiseta de Drazen Petrovic nos Nets en poucos días!!!
Teredes novas do sorteo que faremos para gañar tan espléndido agasallo, estade atentos!

venres, 26 de febreiro de 2016

Novo colaborador para Segunda División

Ola xentes de Vigo en Xogo!!

Coa posta en marcha do novo blog, decidín dar resposta á recente chamada de Serpe para botarlle unha man e colaborar con algunha publicación. Chegamos tarde, con case dúas terceiras partes da temporada disputadas, pero inda podemos aportar algo para dinamizar, debatir ou polemizar :-P En definitiva, para darlle vida a isto e sobre todo para darvos que falar, que sei que vos gusta.

O meu ámbito será 2ª División, que é a que “controlo” e a que, na miña opinión, ten máis chicha, con pelexas por arriba e por abaixo.

De igual modo, estou aberto a suxestións ou calquera idea que se vos ocurra que vos gustaría que aportase, sempre e cando sexan razonables.

Sirva isto como introducción e presentación, antes de saír á palestra.

Vémonos nas canchas.

Un saúdo

Karnixouvas

mércores, 24 de febreiro de 2016

Horarios para o 27-28 de Febreiro

Esta fin de semana, de novo xornada dobre en primeira. Que competición tan ben organizada!





martes, 23 de febreiro de 2016

Xa están publicados os resultados da xornada 16.

En primeira sen sorpresas nos partidos de Marrajos - Uvigo Basket (festival de triples de Marrajos, festival de tiros libres fallados de Uvigo Basket...). Resultado digno dun partido de balonman entre o Teucro e o Barcelona, por exemplo...
100 Tolos segue con paso firme e gañou de 10 a Jedys, que ficharon  un aleiro que pode facer que enfrentarse a eles sexa un pouco máis complicado do que xa era... 
Eurolaguía Alcoba venceu por un punto a Amenaza no que quizáis fose o partido máis destacado desta semana e continúan na parte de arriba da táboa.
E por último pois nada, Ángel Mapfre segue tentando meter máis puntos que ninguén no planeta e gañou de 6 a Ralarsa, outro conxunto que segue a dar moita guerra, pero o que quizáis lle falte un puntiño (ou unha figura...), para terminar de baterse o cobre cos de arriba...

luns, 22 de febreiro de 2016

Vida nova!

Boas querid@s xogadores, adestradores, árbitros e recolledores de estatísticas.

Hoxe mudámonos o que será o noso novo cubil, lonxe de Vide (que nada ten que ver connosco, lembraino), e sen que ningúen teña que chistarnos.


Gustaríame que co novo blog novo tivéramos unha vida nova; e que puideramos comezar con máis movemento. Comigo xubilado e co breve de "gorxa profunda" (o que agradecemos moi moito o seu labor), non nos viría nada mal unha man amiga que escribira algo connosco neste blog.

Animaivos a participar, xentes de primeira, segunda ou terceira. Balbino, se nos les, tamén queremos a túa participación! Entre todos, faremos este un sitio máis entretido.

A dereita veredes coma sempre un listado cos enlaces ás páxinas de interese. Coma veredes, somentes temos un enlace a páxina de Miami e a de Neogeo Lunic, xa que os demáis sodes moi lacazáns e tedes o blogs máis esquencidos que Rajoy o inglés. Se tedes novos enderezos actualizados, ou vos propuxestes coma iniciativa de ano novo retomalos, avisainos para incluirvos.

A este respecto dos blogs, recibín algún mail no seu día, que por mor da miña ausencia non respostei, xa tedes resposta, miraina e contactai con nós.
Tamén recibín un mail interesado en colaborar co tema de segunda, por favor, mirai os correos e poñámonos a facer deste un sitio mellor.

Comezamos, máis e mellor. BUSCANSE COLABORADORES, e a partires de hoxe, terei o e-mail controlado para dar resposta case que inmediata: farodevide@gmail.com (Si, pese a todo, o enderezo de email conservámolo, a non ser que nos volvan tirar das orellas).

Vós faredes medrar esta comunidade!!!