luns, 4 de xuño de 2018

Final Tempada 2017/2018

Coa celebración das semis e final de copa este sábado poñemos punto e final a esta campaña 2017/2018 de baloncesto na Vigo en Xogo.

Felicitar en primeiro lugar a 100 Tolos Puño de Amura polo doblete liga+copa acadado este ano, entrando no playoff polo título en cuarta posición, e conseguindo un balance final de 7-1 que lles deu o título e alas para apostar forte pola copa.

Noraboa tamén aos equipos que ascenden de categoría este ano. En segunda división: Ouxo Bouzas, Deportes Balbi e Alcume Basket. En terceira división: Castrelanos, Guitian Kids e Escravos.

E moita sorte aos que non a tiveron este ano perdendo a categoría. En primeira división: Red Skins Osis, Centro de Estudios Lore e Neogeo-Camaleón. En segunda división: Angel Mapfre, Academia Atenas e Raiders.

Grazas aos que aportades o voso graniño facendo comentarios e dando réplica ó que aquí escribimos todas as semanas.

Un saúdo

Karnixouvas