mércores, 11 de decembro de 2019

1ª División. Horarios Xornada 7


2ª División. Horarios Xornada 7


Alguén se queixaba de que non había vacacións de Nadal na Vigo en Xogo? Agardo que as disfrutárades porque despois da suspensión case ao 100% da xornada 6 todo apunta a xornada doble no penúltimo fin de semana do ano... Si, seguimos sendo os principais perxudicados nesto do reparto de pistas e xa empeza a cansar o tema. Incluso algún equipo atopou a súa pista de entreno pechada pola semana, por suposto sen recibir aviso ningún.

As veces un quere pasar do tema e o cabreo dura un día, pero despois daste conta que estás pagando por xogar ou por entrenar, e parece que che están facendo un favor cando a realidade é que son uns incompetentes e irresponsables. Desde logo non falo da organización, que dame a impresión que pouco ou nada pode facer neste caso, pero penso que falo por moitos cando digo que somos o colectivo máis marxinado do deporte aficionado vigués. Cada un que saque as súas propias conclusións.

Mentres tanto seguiremos tentando desfrutar do baloncesto, sempre que nos deixen...

3ª División. Resultados (parciais) Xornada 6 | Horarios Xornada 7