venres, 27 de xaneiro de 2017

3ª División. Horarios Xornada 13


Boas! chegamos á 13ª xornada o que significa alcanzar prácticamente o ecuador da competición, onde xa comezamos a ver algúns postos definidos, pero con moito en xogo todavía.

E con esta xornada voltamos ás andadas coas temidas pistas de Balaídos. Con previsión de choiva para todo o fin de semana asistimos a unha nova convocatoria en Balaídos con case a totalidade dos partidos programados alí. O conto de nunca acabar. Veremos se de casualidade as pistas presentan bo aspecto e non hai aprazamentos...

  • Ouxo Bouzas - Vikings: o todopoderoso Ouxo recibe a uns animados Vikings, que están levantando a cabeza nesta segunda volta e veñen dispostos a darlle ritmo o asunto. Ouxo xoga con garantías e sería raro que fallaran, así que non deberían ter maior problema para impoñerse.
  • N-Beade - R.Portas C.B.: N-Beade quere esquecer o pinchazo da xornada pasada, pero non vai ser un traballo fácil tendo en conta que diante estará Portas, que venceron na primera volta e o igual que Ouxo non entra nos seus plans unha derrota.
  • Lonza - Raiders: Lonza tamén vai ter un duro rival esta xornada como é Raiders, que están terceiros e inda que sen urxencias, necesitan a victoria. Lonza está de capa caída e acumula nove derrotas no que vai de liga.
  • Don Balón Momper - Abaco: o séptimo clasificado recibe a un Abaco que ven de conseguir a súa primera victoria da tempada, veremos se lles duran as boas sensacións para batir a Don Balón Momper que está facendo augas últimamente.
  • C.B. Mariano - Black Roosters: trala sorpresiva derrota da xornada pasada, Mariano ten a opción de recuperarse para non perder comba cos de arriba. En fronte terán a Black Roosters que seguen hundidos na 9 posición con poucas opcións de mellora nesta xornada.
Sorte a todos

Un saúdo

Karnixouvas

xoves, 26 de xaneiro de 2017

Horarios xornada 13 1ª e 2ª División

En primeira partidos interesantes e de pronóstico incerto: Marrajos - Uvigo,  Ralarsa - Red Skins e Basket Hound - 100 Tolos. Nos outros partidos o máis normal serían as victorias de La Alcoba e Amenaza, pero veremos o que teñen que dicir os seus contrincantes...

En segunda o partido da xornada e sen dúbida o Exacta Sperta - S.M. Color, separados por tan só unha victoria. ¿ Volverá a gañar Exacta como na primeira volta ou os rapaces de S.M. confirmarán os pronósticos que os sitúan coma un dos favoritos ?. Nos outros partidos Dragon´s, Deportes Balbi, Centro de Estudios Lore e Ángel Mapfre deberían sacar resultados positivos os seus intereses...

mércores, 25 de xaneiro de 2017

3ª División. Resultados Xornada 12



Moi boas, esto foi o que deu de si a 12ª xornada en terceira división.
  • Vikings 52 - Black Roosters 32: xa intuiamos unha mellora nas aptitudes de Vikings despois da primeira volta e parece que se confirman despois da súa victoria frente a Black Roosters por 20 puntos de diferencia, quen seguen a verse condenados á penúltima posición.
  • Abaco 53 - C.B. Mariano 44: SORPRESÓN, non agardábamos unha victoria de Abaco e menos ante un rival como Mariano. Visto o resultado tampouco parece unha casualidade...¿que pasou entonces? Para Mariano esta inesperada derrota non vai supoñer moito problema e para Abaco conseguir a súa primeira victoria da tempada é todo un aliciente para seguir adiante. Noraboa.
  • Raiders 31 - Don Balón Momper 27: victoria moi xustiña para Raiders que gaña un partido anotando so 31 puntos. Está claro que a intensidade non foi un referente neste partido. A Raiders o trámite sírvelle igual e Don Balón segue complicando a súa situación neste inicio da segunda volta.
  • R. Portas C.B. 68 - Lonza 27: os dous de cabeza seguen ó seu rollo marcando unha diferencia que se fai cada vez máis notable. Portas pasou como unha apisonadora por riba de Lonza gañando por máis de 40 puntos e deixandoos desolados e pensando todavía que foi o que lles pasou.
  • Ouxo Bouzas 57 - N-Beade 12: Ouxo Bouzas fixo o propio sendo neste caso a situación máis sangrante se cabe, deixando o seu rival en 12 puntos. Moi mal teñen que sair as cousas para non ser quen de anotar máis de 12 puntos en 50 minutos de partido. Tampouco e lóxico tendo en conta que N-Beade ocupa o quinto posto na clasificación. En fin, terán que esquecer esto canto antes para non perder a concentración nas vindeiras xornadas.
 Un saúdo

Karnixouvas

luns, 23 de xaneiro de 2017

Resultados Xornada 12 - 1ª e 2ª División

Coma durante un tempo, (e moi a mi pesar) tereime que facer cargo da primeira e a segunda división aproveito para publicar os resultados das dúas división xuntas.

En primeira, sorpresa no Uvigo - Amenaza, aínda que é máis relativa se lembramos a anterior victoria dos segundos, nun partido moi disputado. 100 Tolos fixo bos os pronósticos e venceu a Amfiv, opositando a acabar sendo, con permiso de Uvigo, o equipo que máis puntos mete na liga, Basket Hound tivo que bregar para conseguer unha boa victoria ante os complicados Reds, Ralarsa segue coa súa boa marcha derrotando por bastante diferencia a Neogeo e no partido de Berbés Marrajos gañou a Alcoba, nun resultado que tamén se podería considerar sorpresa se non fose porque Marrajos e o actual campeón e mantén case toda a plantilla do ano pasado. Moi interesante se empeza a poñer esta división, na que todos poden gañar fácilmente a todos e aínda non hai nada vendido...

En Segunda, os resultados mási ou menos previsibles e nalgúns casos con diferencias moi abultadas, salvo no Guitián - Balbi. No partido máis interesante da xornada, Exacta levouse o gato á auga e conseguiu una victoria importante na súa loita particular por non perder o tren do ascenso.

venres, 20 de xaneiro de 2017

Horarios Xornada 12 Primeira División

Durante un tempo fareime cargo da primeira división, ata que Arriaza poda voltar a levala. Lamento non poder facer análises tan profundas coma as que fai él, pero a verdade é que isto non é o meu.
Uvigo tentará seguer coa súa boa marcha ante un Amenaza que ven de conseguir un dos seus resultados máis abultados desta campaña.
100 Tolos e Amfiv veñen de encaixar derrotas bastante abultadas na anterior xornada. Se se da o resultado esperado, deberían de gañar os primeiros, pero depende de cómo saíran da xornada anterior.
Red Skins e basket Hound xogan un dos partidos interesantes da xornada. Boa marcha a de Basket Hound, que sen embargo veñen de perder contra Neogeo, e bó fin de semana o anterior para Red Skins, gañando os seus dous partidos.
Neogeo e Ralarsa tamén veñen de gañar a fin de semana, e de seguro querrán manter a súa boa racha.
E para rematar un tamén interesante Marrajos - Alcoba. Aínda que a tempada dos primeiros non está sendo tan brillante coma as dúas anteriores, sempre son un equipo a ter en conta. É que dicir de Alcoba, correosos coma eles sós...

Horarios Xornada 12 Segunda División

O partido máis interesante é, sen dúbida, o Exacta Sperta - Dragon´s Spirit. A ver quen é capaz de seguer o ritmo dos galos da división...

xoves, 19 de xaneiro de 2017

3ª División. Resultados Xornada 11 / Horarios Xornada 12


Moi boas! Achegamos resultados + clasificación da xornada 11 e horarios da xornada 12.

  • N-Beade 35 - Vikings 52: Vikings conseguiu unha victoria importante fronte a un dos equipos que podería converterse no seu rival directo se continúan progresando na taboa. Cun balance de 4-7 están un pasiño por diante dos postos de cola e poden ser máis optimistas neste inicio da segunda volta. N-Beade viu cortada así a súa racha de tres victorias consecutivas inda que con marxe suficiente para salvar o posto e seguir pelexando por arriba.
  • Lonza 45 - Ouxo Bouzas 56: sen sorpresas no partido entre primeiro e oitavo inda que con menos diferencia do agardado. Non sabemos como foi o partido, pero Lonza quedou o final a 11 puntos. Ouxo seguen sen despeinarse e continúan á cabeza empatados con Portas, sendo líderes en puntos anotados.
  • Don Balón Momper 32 - R. Portas C.B. 45: victoria tamén sen sorpresas para Portas inda que con moitos problemas na primeira metade do partido, onde Don Balón Momper conseguiu manterse por diante. Na segunda cambiarían as tornas e Portas metería unha marcha máis para rematar o partido gañando de 13.
  • C.B. Mariano 38 - Raiders 33: o partido da xornada gañouno Mariano, cun baixo marcador que reflexa a igualdade onde non debeu ser fácil anotar nin defender. Raiders perde un punto importante na carreira polo ascenso e Mariano achégase algo máis para botarlle salsa ó asunto.
  • Black Roosters 40 - Abaco 36: preto estiveron os de Abaco de conseguir esa ansiada victoria, quedando a 4 puntos de Black Roosters que non desbotaron a oportunidade de sumar un punto máis para quedar empatados con Lonza na clasificación. Abaco polo menos parece que conseguiu ser algo máis competitivo, inda que perderon unha das ocasións máis factibles de borrar ese cero das estadísticas.
Continuamos cos horarios para a 12ª xornada en terceira:


  • Vikings - Black Roosters: antigos compañeiros no pasado enfróntanse por segunda vez con semellantes números no que vai de liga. Na primeira volta Black Roosters conseguía unha victoria axustada. Desta vez Vikings parece que está algo máis atinado e pode ter máis opcións  para desquitarse e seguir progresando.
  • Abaco - C.B. Mariano: Abaco terá un complicado rival nesta xornada, un Mariano que ven de gañar a Raiders e quere o seu posto polo tanto non van pensar máis que na victoria. No pasado victoria contundente para Mariano.
  • Raiders - Don Balón Momper: Se Mariano non pensa máis que na victoria, Raiders debería facelo propio. Teñen un codiciado posto con un ou dous candidatos máis e unha derrota complicaríalles o tema demasiado. Don Balón Momper tamén necesita esa victoria para manterse na franxa intermedia da clasificación. Na primeira volta a victoria foi para Raiders.
  • R. Portas C.B. - Lonza: Portas ven de completar unha primeira volta case inmaculada e quere facer como mínimo o mesmo nesta segunda. Lonza sufriu unha abultada derrota no primeiro enfrontamento con eles e semella complicado que poidan darlle a volta.
  • Ouxo Bouzas - N-Beade: O outro líder terá en fronte a N-Beade que desde a quinta posición presenta os seus credenciais. A eficiencia de Ouxo sen embargo parece estar presente sempre que é necesario e a priori a victoria decántase do seu lado, como na primeira volta.
 Sorte a todos

Un saúdo

Karnixouvas

luns, 16 de xaneiro de 2017

Resultados Xornada 11 Segunda División

Retomamos a competición en segunda cos seguintes resultados :
Dragon´s Spirit (7-4), unha de cal e outra de area contra dous dos galos da división. Derrota máis ou menos clara contra SM Color (9-2), e o día seguinte victoria contra Centro de Estudios Lore (8-3), apretando un pouco os postos de arriba, sobre todo a loita pola terceira praza.
Deportes Balbi (6-5) gañou no que semella un emocionante partido a Exacta (7-4), na loita da clase media-alta da segunda, e intenta poñer difícil a loita pola terceira praza de ascenso.
Guitián Kids (2-9) perdeu o seu partido contra Lore e segue pelexando por escapar do descenso.
Ángel Mapfre (9-2) gañou con bastantes apuros a Jedys e seguen loitando por ocupar a primeira praza, con permiso dos rapaces de Sm. Jedys (2-9) seguen a ocupar a parte baixa da táboa despois das dúas derrotas deste fin de semana.
E fin de semana redondo para Alcume Basket (4-7), que logrou a victoria nos seus dous partidos, o primeiro de xeito agónico frente a Academia Atenas (1-10), e o segundo máis claro frenta a Jedys, tomando un pouco de aire na súa loita por escapar das prazas de descenso. Descenso o que cada vez semellan máis abocados os rapaces de Atenas...

xoves, 12 de xaneiro de 2017

3ª División. Horarios Xornada 11


Moi boas! Tras este periodo de descanso chega o momento de volver a calzarse as zapas para saír á cancha na primeira xornada do 2017. Xa estamos inmersos na segunda volta, sen partidos por recuperar, pero coa ameaza perenne de xogar de novo en Balaídos a excepción dun partido. Sabemos que as últimas dúas semanas, a pesar de non chover, a pista presentou mal aspecto, coa temida humidade facendo a pista impracticable. Agardamos non ter sorpresas e que poidamos comezar o ano sen contratempos.

Botémoslle un ollo ós emparellamentos para esta xornada.

  • N-Beade - Vikings: quinto e sétimo pretenden obxectivos semellantes. N-Beade goza dunha tranquila posición en metade da táboa cun balance de 6-4 tras unha primeira volta bastante competente. Vikings pola súa parte ven de maquillar un pouco a súa actuación nos dous últimos partidos o que lles permitiu afastarse algo máis da parte baixa, pero segue facendo augas con rivais a priori máis limitados pero que contan con máis experiencia na competición, algo que lles está pasando factura.
  • Lonza - Ouxo Bouzas: Lonza leva 3 derrotas seguidas e está tendo moitos problemas para atopar o modo de sacar resultados positivos. O balance de 3-7 que levan non lles permite estar máis arriba do 7º/8º posto, pero poden facer máis para pelexar na zona intermedia, polo momento non poden aspirar a máis. En fronte terán a Ouxo Bouzas o equipo revelación deste ano, que vai camiño de converterse nun deses equipos de ascenso por tempada e de seguro non vai dar o brazo a torcer ante ningún rival, por pequeno que sexa.
  • Don Balón Momper - R.Portas C.B.: dous vellos coñecidos fronte a fronte nesta segunda volta. Os históricos destacan a clara ventaxa para os de Portas que seguen empatados con Ouxo na primeira posición da liga. Don Balón busca a quinta victoria que lle meta de cheo na pelexa da zona media despois de rematar o ano con dúas derrotas.
  • C.B. Mariano - Raiders: o partido estrela da xornada, terceiro e cuarto nun partido que promete, máis pola trascendencia que pode ter a largo prazo. Mariano segue convencido de que o grupo de cabeza ten que ser de catro pero inda lles falta un puntiño para estar onde queren. Raiders conta con algo de marxe para pensar se quera en apearse do terceiro andar pero está claro que non poden deixarse levar, máis contra o seu rival desta xornada, que promete estar ahí o que resta de liga.
  • Black Roosters - Abaco: os de abaixo tamén poden loitar e nesta xornada terán a oportunidade de facelo entre eles. Black Roosters leva dúas victorias e oito derrotas, mal arranque de liga e poucas expectativas de seguir así. Se gañan e os seus rivais por arriba perden poderán pensar en algo máis que o noveno posto. Os de Abaco teñen a gran carga de levar 0 victorias no que vai de tempada, e esta xornada pasa por ser a súa oportunidade máis clara para conseguir unha. Non deben presionarse, teñen que tomar os partidos con ilusión e sobretodo saír sempre con ganas, ánimo.
Sorte a todos.

Un saúdo

Karnixouvas