Finalizou a tempada coroando a Basket Hound como gañador da copa desputada entre segunda e terceira, completando así unha campaña redonda, na que acadaron un doblete no que tiñan todas as papeletas para saír vencedores.
A fin de semana comezaba coas semifinais que enfrentarían a tres equipos de segunda e un de terceira.
- Basket Hound 63 - Cafeterías Tambo 44: a primeira semifinal chegaba con un Basket Hound moi en forma, anotando 65 ou máis puntos nas súas eliminatorias, tumbando polo camiño a dous equipos da parte baixa da clasificación de segunda e terceira e un equipo da zona intermedia de segunda. Fronte a eles o subcampión de terceira que non tiña intención de que o partido fose un paseo. O caso é que Basket non entende de eso de perder partidos, e Tambo a pesar de que tentou loitar non puido estar a altura e rematou perdendo por case 20 puntos. O primeiro finalista xa agardaba rival para o domingo.
- Neogeo Lunic 40 - C.B. Los 80's Alcabre 43: xusto despois tiña lugar a segunda semifinal, con dous equipos que estiveron tensando a corda dos postos de ascenso durante a liga regular. O premio nese caso fora para Neogeo, que xogará a vindeira campaña en primeira e Alcabre viña coas ideas claras para non desbotar esta oportunidade e plantarse nunha final ante os infalibles Basket Hound. As cousas sen embargo non comezaron ben para eles. Neogeo plantexou unha defensa individual que deu o seu froito deixando a Alcabre en 16 puntos ao término da primeira parte, 12 puntos por debaixo do seu rival. Estaba sendo demasiado fácil. En cambio na segunda chegou a sequía anotadora de Neogeo e Alcabre aproveitou a súa superioridade numérica no banquiño para meter unha marcha máis e comezar a recortar a vantaxe. Cun par de minutos para chegar ao final Alcabre empataba o marcador e conseguiría a renda final de 3 puntos ante a impotencia de Neogeo.
- Basket Hound 43 - C.B. Los 80's Alcabre 24: a final quedou algo descafeinada se atendemos ao resultado. Temos unha estupenda análise nun comentario do post anterior, así que collo con permiso a súa contribución:
Alcabre se presenta con equipo al completo y en los Hound se aprecian dos bajas de importancia, su pivot rubio, el más alto que cuando esta domina ambas zonas, corre, salta, tapona, rebotea y anota y el alero de rizos más joven, seguramente el más rápido, el que le da el contrapunto de alegría tanto para arriba como para atrás a un equipo lleno de jugadores de basket control.
La primera parte resulta igualada, los Hound por delante pero con Alcabre al que se le veía muchas ganas haciendo la goma y sin dejar que se fuesen.
Al descanso 3 arriba para los sabuesos, pero con el equipo cargadito de faltas en sus jugadores interiores y resollando por el esfuerzo. Todo pinta que en la segunda parte puede pasar cualquier cosa porque en Alcabre se notan las ganas, muchas ganas…
Al comienzo de la segunda parte tres buenos ataques por cada bando, buena circulación de balón y buenos tiros, la diferencia los Hound meten dos y Alcabre ninguno. Colchoncito de 7 puntos para los sabuesos, les da la vida!!!
Los Hound se cierran en zona, multiplican esfuerzos y ayudas para cerrar las vías a su aro, Alcabre no encuentra manera de abrir la lata, las ganas se transforman en ansiedad, no circulan el balón, no hay buena selección de tiro, la zona esta supercongestionada, cada punto cuesta un mundo. Por el otro lado los sabuesos; reyes del basket control, mueven y mueven, hasta encontrar al tirador liberado. A falta de 10 mínutos empieza a verse el resultado de tanto esfuerzo, cuelan dos triples y se van de 12. En Alcabre se encienden las alarmas se les va la final; quién sabe si será la última oportunidad de ganar algo; se les escurre entre los dedos. Intentan una individual que resulta un suicidio, no hay ajustes, no hay cambios, se les nota que no están acostumbrados y los sabuesos que huelen la sangre aprovechan para sentenciar con canastas fáciles en los desajustes y sin dar la mínima opción mantienen su zonita cerrada hasta el final.
E con esta última aportación poñemos o punto e final a esta tempada 2015/2016 de baloncesto en Vigo en Xogo, agardando que as opinións e análises dun servidor fosen do voso agrado.
Vémonos nas canchas!
Un saúdo
Karnixouvas