venres, 31 de marzo de 2017

3ª División. Resultados Xornada 21 | Horarios Xornada 22


Na xornada 21 de terceira división tan so se xogaron 3 partidos, dado que o Lonza - Portas non tivo lugar e a sanción dos Vikings forzaron o descanso de Black Roosters. Cabe destacar sen embargo que Vikings volve aparecer na programación de horarios para a vindeira xornada, parece ser que presentaron recurso para poder regresar á competición, así que voltaremos á normalidade este próximo finde.

Con esta 21ª xornada completada e a falta de seis xornadas, temos xa os postos de ascenso certificados. Ouxo Bouzas, R. Portas C.B. e Raiders militarán o ano próximo en segunda división.

Revisemos o acontecido nesta corta xornada:

  • C.B. Mariano 71 - Abaco 32: Mariano fixo os deberes e aproveitou a visita de Abaco para irse os 71 puntos, nun partido demasiado cómodo para eles que sen embargo non serviu para salvar as súas opcións de clasificarse para o ascenso. Certamente xa estaba moi complicado. Abaco non foi quen de facer moito máis.
  • Don Balón Momper 22 - Raiders 51: Raiders pola súa parte facía o propio para asegurar esa plaza ante Don Balón Momper quen non estivo á altura e quedou moi por debaixo no marcador
  • N-Beade 22 - Ouxo Bouzas 53: semellante resultado o de N-Beade contra Ouxo que segue a ritmo de record, con algún que outro partido interesante que desputar nas vindeiras xornadas.


 En canto ós horarios e enfrontamentos para este fin de semana:
  • Vikings - Ouxo Bouzas: Vikings volve á competición despois dunha expulsión pasaxeira que finalmente so tivo efecto a nivel puntuación. O retorno vai ser complicado o ter que enfrontarse a Ouxo Bouzas.
  • R. Portas C.B. - N-Beade: O segundo clasificado retoma o turno de Ouxo Bouzas para enfrontarse a N-Beade, que terá que volver a loitar para intentar facer un bo papel.
  • Raiders - Lonza: Coa tranquilidade que da ter o ascenso no bolsillo, Raiders enfrontarase a Lonza nun partido que non debería ser complicado para eles.
  • Abaco - Don Balón Momper: Abaco tentará facer o posible por arañar outra victoria no que queda de liga. Fácil non vai ser, pero tampouco imposible. O caso é que Don Balón Momper saíu escaldado do seu enfrontamento a pasada xornada contra Raiders, e non van querer repetir sensacións.
  • Black Roosters - C.B. Mariano: Black Roosters saen do burato despois da sanción de Vikings, pero non van a ir moito máis lonxe no que queda de liga, e máis tendo diante a Mariano, que xogará sen presión algunha pero irá pola victoria.
Sorte a todos

Un saúdo

Karnixouvas

xoves, 30 de marzo de 2017

1ª e 2ª division. Resultados xornada 21 e horarios xornada 22


Xornada 22
1ª División:
Uvigo Basket - Marrajos: Primeiro match-ball para os universitarios. Se gañan deixarán xa a liga sentenciada, xa que nin Basket Hound nin Amenaza os poderán alcanzar (Lembremos que Basket Hound ten perdido o basket average cos universitarios). Marrajos non llo poñerá nada fácil, a derrota o deixa preto das prazas de descenso. O último partido foi moi igualado.
Neogeo-Lunic - Alcoba: Match-ball tamén para Neogeo, que necesita a victoria para manterse na loita por non descender. Alcoba tampouco llo poñerá fácil, a derrota acercaríano a loita por evitar o descenso...
Red Skins-C.B Autocristal Ralarsa: Partido moi interesante. Se gañase Red Skins apretaría moitísimo a loita polo descenso e metería a Ralarsa na pelexa (Só están separados por unha victoria)
100 Tolos - Basket Hound: Outro partido moi interesante entre o segundo e o carto (empatado co terceiro). Se Basket Hound perde queda descartado da loita polo título. Se gaña depende de que os universitarios non acaden a victoria...
Amenaza - Amfiv-2: Amenaza quererá seguir coa súa particular escalada na táboa. Ollo a Amfiv, que xa lles deu guerra nos seus dous anteriores partidos, aínda que os fantasmas terminaron gañando...
2ª División:
Esta es mi previa:
SM-Exacta: empezamos con el partido TOP de la jornada y dado que madrugar los domingos no se les da bien a los chicos de SM, voy a apostar por la sorpresa de Exacta, bueno tampoco sería tanta sorpresa ya que Exacta ya les ganaron en la 1ª vuelta.
Kids-Dragons: Dragons sin duda. A veces un equipo que no se juega nada contra otro que aún está disputándolo todo puede dar la sorpresa, pero en 99% de los casos el que se juega algo pone un poquito más en la cancha y acaba llevándose el partido.
Jedys-Balbi: Jedys, pero con reservas, los chicos de Balbi son duros de roer. Si los Jedys van como contra SM ganan fijo, si van como contra Lore, palman seguro.
Atenas-Lore: Lore, la misma película que en el Kids-Dragons con distintos protagonistas e idéntico final.
Alcume-Ángel Mapfre: Tras cerrarme la boca, la semana pasada el equipo B y medio de Ángel Mapfre no me queda otra que apostar por ellos.

venres, 24 de marzo de 2017

Horarios Xornada 21 1ª e 2ª

Ben, non tiven tempo para analizar a xornada de primeira e segunda, síntoo. A ver se para a semana estou máis libre.
1ª División.
Amenaza - Uvigo Basket: Amenaza tentará seguir escalando postos para ver se repite a machada do ano pasado, na que pasou de estar pelexando polo descenso a rematar segundos. Non llo poñerán nada fácil os universitarios, que se logran a victoria darán un paso de xigante na loita por un título que xa case semellan ter agarrado coas dúas mans... Partido da xornada, sen dúbida...
Amfiv-2 - 100 Tolos- Puño de Amura: Amfiv tentará seguir buscando a súa segunda victoria, pero semella que o van ter complicado ante 100 Tolos, que intentará gañar para seguir pelexando pola segunda praza (a primeira xa ten complicado acadala...)
Basket Hound - Red Skins: Basket Hound necesita gañar para seguer optando a primeira praza da liga, e Red Skins para non afundirse máis na clasificación.
C.B. Autocristal Ralarsa - Neogeo Lunic: Se gaña Ralarsa escapará un pouco máis das prazas de descenso, e complicará xa moito a permanencia de Neogeo, que necesita imperiosamente a victoria..
La Alcoba - Marrajos: Se non fose polo partido entre os fantasmas e os universitarios, este sería para mí o partido da xornada, entre dous equipos que sempre xogan al límite e que teñen moita calidade nas súas filas...
2ª División:
Aproveito a previa de Gil, aínda que nesta ocasión decántase máis polas sorpresas... Eu no partido Ángel Mapfre-Atenas, apostaría polo primeiros, igual que no Lore - Jedys, e por Sm no Jedys-SM ... En fin, o Domingo saberemos quen andivo máis atinado...

Esta es mi previa, a lo loco, a calzón quitado, sin analizar mucho.
Alcume-Sm Color. Alcume lo va a intentar, no tengo duda; las últimas victorias de Jedys los obligan, pero SM ha puesto velocidad de crucero rumbo al título. Apuesto por ellos.
Ángel Mapfre-Atenas. En teoría Ángel Mapfre, pero tras las últimas declaraciones del 21 de ese equipo, se espera un Ángel Mapfre B, y si bien Ángel es de lo mejor de la categoría, el equipo “B” es asequible para cualquiera y aquí a todos nos gusta ganar, si Atenas ve la posibilidad de ganar, ira a por su victoria. Apuesto por ellos.
Lore-Jedys: Partido de viejos y conocidos como diría aquel (Sin ánimo de ofender). En resumen el tiro de Pepe y Manolo contra los centímetros y los kilos de German y Oscar. En principio Lore, pero dadas las últimas victorias, la moral y que Jedys recuperando efectivos es otro equipo, voy a apostar por ellos.
Balbi-Kids: Balbi sabe que no va a ganar muchos partidos esta última vuelta, pero la ocasión es pintiparada, apuesto por ellos.
Dragons (12-8)-Exacta (12-7): EL PARTIDO DE LA JORNADA!!!, tercera plaza de ascenso en juego. Se juegan la victoria, que puede valer doble porque están 1-1 en enfrentamientos directos. Todo esto para decir que apuesto por… , vamos que es muy difícil, pero me mojo, gana…, pero bueno si van todos claro… y por otra parte si los otros van todos, en fin queeee, no se X, no vale, bueeeno pues Dragons, no?
Jedys-SM. Considerando la hora del domingo y que los chavales de SM querrán salir el sábado y dado que esto hoy va de sorpresas, apuesto por Jedys.
Ángel Mapfre- Exacta. Hombre, llegados a este punto y tras apostar antes por Atenas, alguien tiene alguna duda de que voy a apostar por Exacta.
Suerte a todos, en especial a los sufridores de Balaidos.

xoves, 23 de marzo de 2017

3ª División. Resultados Xornada 20 | Horarios Xornada 21


Moi boas, a xornada 20 de terceira división cumpliu coas expectativas en canto a resultados, onde os mellor situados na clasificación, deron conta dos seus rivais con máis ou menos diferencia. A novidade ven de parte do equipo Vikings que foi expulsado da competición por non cumprir co mínimo de xogadores para disputar o seu partido ou por non presentarse de forma reiterada, unha pena. Deste xeito a categoría de bronce queda coxa e nas vindeiras xornadas os equipos que non se enfrontaron a eles na terceira volta, terán xornada de descanso.

Botémoslle un ollo ós resultados do pasado fin de semana

  • Ouxo Bouzas 64 - Lonza 37: como era esperado, Ouxo pasou por riba de Lonza sen amosar un mínimo de debilidade e segue queimando xornadas para chegar a novos retos como a copa, na que veremos canto son capaces de dar fronte a equipos máis competentes.
  • R. Portas C.B. 46 - Don Balón Momper 39: victoria xustiña para Portas ante un Don Balón moi competente que non se deixou nada gardado e deuno todo en prol da victoria. Máis info no blog de R. Portas C.B.
  • Raiders 47 - C.B. Mariano 36: o duelo Raiders Mariano levouno finalmente o primeiro, dando case que por feito o seu ascenso a segunda división. Inda hai posibilidades matemáticas para Mariano, pero honestamente penso que sería moi raro que Raiders caise en picado a estas alturas, e non porque sexa imposible, xa que Mariano precisamente está en pleno declive despois dunha segunda volta bastante aceptable.
  • Abaco 43 - Black Roosters 46: interesante encontro entre os dous colistas, que non se quedaron cortos en puntuación e que chegaron o final con tan so 3 puntos de diferencia. A oportunidade para Abaco de empatar a victorias co seu rival directo estivo vixente, pero finalmente Black Roosters puido apretar máis para gañar un partido sen moita trascendencia.
  • C. B. Mariano 34 - Ouxo Bouzas 62: Ouxo non amosou cansancio pola xornada doble, meténdolle case 30 puntos de diferencia a Mariano, aniquilando calquera opción (si había) de facer algo de dano o líder da categoría. Mariano queda case condenado a ver os toros dende a barreira con menos diferencia cos seus perseguidores que cos que persiguen.
  • Black Roosters 20 - R. Portas C.B. 56: o outro partido recuperado da xornada 18 saldouse con victoria contundente para Portas que non tivo piedade de Black Roosters e borrounos da cancha.

En canto ós horarios para a vindeira xornada


  • C.B. Mariano - Abaco: a Mariano esgótanselle as oportunidades para alcanzar a Raiders, agora mesmo dependen de carambolas, e so poden pensar na victoria. A "sorte" é que o seu rival é o colista Abaco, e non deberían ter problemas para mantelos a raia.
  • Don Balón Momper - Raiders: Don Balón Momper quere seguir manténdose en metade da taboa, polo menos, o certo é que Raiders comeza a contar as xornadas para certificar o seu ascenso matemático, e todo pasa por gañar polo menos un dos dous partidos que teñen este finde.
  • Lonza - R. Portas C.B.: Lonza ven de caer derrotado ante o líder Ouxo Bouzas, e agora lles toca con outro equipo nin moito menos complicado como Portas, que a pesar de ter o seu billete para segunda, probablemente saian a por todas para non deixarse levar no que queda de liga.
  • N-Beade - Ouxo Bouzas: poucas opcións para N-Beade este fin de semana, que ten que cruzarse con Ouxo Bouzas, os que non deixan de pisar o acelerador para seguir deixando inmaculadas as súas estadísticas.
  • Abaco - Raiders: Abaco estivo a puntiño da victoria na xornada pasada e agora tócalle lidiar co terceiro clasificado, Raiders, que quere durmir pensando xa na súa vindeira tempada en segunda.
Sorte a todos

Un saúdo

Karnixouvas

sábado, 18 de marzo de 2017

Horarios xornada 20 1ª e 2ª

Chegan os horarios da xornada 20 un pouco tarde. Desculpas por non telos pubricado antes.
1ª División:
Partidos moi interesantes coma, o do líder contra Alcoba, un equipo sempre difícil e contra os que hai que dalo todo para gañarlles; o de Marrajos contra Ralarsa e o 100-Tolos- Amenaza. Interesante tamén o Neogeo - Basket Hound, xogándose os dous cousas moi diferentes. Veremos tamén o que da de si o partido atrasado entre Amenaza e Neogeo. Caso de gañar Amenaza poría algo máis difícil a Neogeo a salvación; en caso de gañar Neogeo, todo se apretaría máis. No outro partido, Red Skins necesita gañar a Amfiv para seguir tendo posibilidades de manter a categoría.
2ª División:
Quizáis o partido máis interesante sexa o SM-Dragon´s, para ver si Dragon´s segue pelexando polo ascenso ou Sm destácase xa de xeito definitivo... Por abaixo, veremos o que pasa nos partidos de Jedys e Alcume...

xoves, 16 de marzo de 2017

3ª División. Resultados Xornada 19 | Horarios Xornada 20


A 19ª xornada de liga en 3ª división rematou sen sorpresas:

  • Abaco 32 - Vikings 53: Vikings comeza a terceira volta con bo pe e inda están a tempo de facer dano nese gran grupo da zona media da táboa no que están nada menos que cinco equipos. Con algo máis de sorte apostaría que poden rematar a liga no quinto posto. Abaco estivo lonxe, sen opcións, así que a pensar no próximo partido. Seguro que son quen de conseguir outra victoria no que queda de liga, ánimo!
  • Black Roosters 34 - Raiders 38: partido moito máis apretado do agardado. Black Roosters perdeu o partido por tan so 4 puntos, fronte a uns Raiders que non poden relaxarse se queren manter ese codiciado terceiro posto. Non deixa de ser sorpresivo por tanto esa baixa puntuación de ambos equipos e que Black Roosters fora capaz de ter a Raiders contra as cordas coa tempada tan complicada que levan.
  • C.B. Mariano 49 - R.Portas C.B. 59: golpe sobre a mesa de Portas que inda así obtivo resposta por parte de Mariano no que semella foi un "toma e daca" que Portas puido controlar para levar a victoria final. Non foi un partido fácil como atestiguan na súa crónica con 49 puntos en contra, lonxe do seu rexistro medio. Mariano pretende comezar esta terceira volta de cero e parece que vai con todo para esgotar as opcións que lle quedan de alcanzar polo menos o terceiro posto.
  • Don Balón Momper 35 - Ouxo Bouzas 52: victoria cómoda para Ouxo, que xa empezan a contar as xornadas que quedan para pechar este trámite que está a ser para eles o estreno nesta competición. Para Don Balón Momper claramente non era o seu obxectivo así que teñen tempo a centrarse cos seus rivais directos.
  • Lonza 42 - N-Beade 17: soberano repaso de Lonza que barreu da pista a N-Beade que en 50 minutos so foi capaz de marcar 17 puntos. Pinchazo estrepitoso despois de caer derrotados ante Don Balón Momper quedando sen colchón e obligado a comezar a reaccionar. Lonza apunta unha nova victoria e segue a dar guerra na zona media.
E vamos cos horarios da 20ª xornada:


  • Vikings - N-Beade: Vikings está en disposición de seguir aumentando a mala racha de N-Beade. Tardaron en espertar pero coido que con un pouco de confianza e boa asistencia os partidos, son capaces de facer moito máis. Aposto por eles neste partido. N-Beade pola súa parte non pode deixar escapar outro partido frente a un rival directo e ten moitos deberes por facer.
  • Ouxo Bouzas - Lonza: tócalle o coco a Lonza esta xornada, pouco terán que facer, así que a tentar facelo o mellor posible e sobre todo a disfrutar do partido.
  • R. Portas C.B. - Don Balón Momper: estadística clara a favor de Portas, que ven conseguir unha victoria importante fronte a Mariano, e quererán seguir demostrando por qué están nesa segunda plaza con tan so dúas derrotas (fronte a Ouxo). Para Don Balón, segunda xornada consecutiva contra outro dos equipos máis competentes da categoría, bo momento para tentar rendir ó máximo e así estar preparados para os partidos máis importantes que terán no futuro.
  • Raiders - C.B. Mariano: partido moi importante para ambos conxuntos, rivais directos no obxectivo de conseguir o ascenso, no que vai con vantaxe Raiders. A mala racha de Mariano nas últimas xornadas estalle a complicar moito o asunto, e as opcións comezan a esgotarse. Conseguir esta victoria contra Raiders é crucial. O balance particular entre eles están en 1-1 así que todo pode pasar.
  • Abaco - Black Roosters: os dous colistas fronte a fronte de novo. O balance e de 2-0 para Roosters, pero con pouco marxe sobre Abaco que pode e debe conseguir esta victoria para deixar de ser o faroliño da categoría, ou polo menos para compartilo.
  • C.B. Mariano - Ouxo Bouzas: o primeiro dos dous partidos a recuperar da xornada 18 enfrontará a Mariano contra Ouxo. Con menos enerxías e quen sabe que convocatoria, estas xornadas dobles son unha arma de dobre filo. Mariano quere demostrar que lle queda gasolina para o que resta de liga e nunca lle perden a cara os partidos. O certo e que o rival é deses equipos que non coñece a palabra "derrota" e non parece que queiran saber nada o respecto.
  • Black Roosters - R. Portas C.B.: Black Roosters volve a toparse con Portas, quen puxo o listón moi alto levando por diante as mínimas opcións dos Roosters no ata agora único partido desputado entre eles (42-17). A victoria parece clara para Portas, inda que xa sabemos que as xornadas dobles son complicadas para todos.
Sorte a todos

Un saúdo

Karnixouvas

martes, 14 de marzo de 2017

Resultados xornada 19 1ª e 2ª División

En primeira,
paso de xigante do líder o gañar o terceiro clasificado, favorecido ademáis polo pinchazo de Basket Hound
ante Marrajos, aínda que hai que ter en conta que estos son os actuais campións e poden gañar a calquera. Non podemos dicir que Uvigo teña a liga no peto (matemáticamente os rivais aínda teñen posibilidades), pero moi mal dadas lles tería que vir para non conseguila...
Pola zona media-baixa continúan as apreturas (ollo, do segundo o séptimo seis equipos separados por tan só tres vitorias), aínda que Amenaza, Ralarsa e Alcoba e Marrajos destácanse un pouco de Red Skins e Neogeo  . O mesmo que non caso do líder, aínda teñen posibilidades matemáticasde salvarse, pero o tema está a poñerse moi crú para ámbolos dous...
Amfiv segue sen lograr a súa segunda victoria, e matemáticamente creo que xa son equipo de segunda...
E en segunda, a análise de Gil...
RESULTADOS 2ª
Atenas: 36 SM: 77 Angel Mapfre: 59 Kids: 38 y Balbi 32 Dragons:53 Sin comentarios.
Lore:61 Exacta:60 En la prorroga y de 1, suena a partidazo. Lore con colchón esta vez no se echó a dormir, parece que este año si, que este año no renuncian a disputar el ascenso.
Alcume:53 Jedys:39 Partidazo, partidazo. En otras circunstancias podrían ser dos candidatos a ascender, pero este año la competición los ha puesto en borde del precipicio, y uno tiene que caer… Alcume se da un baño de autoestima y mete a Jedys por debajo pero…
Jedys se revela contra su destino el domingo y domestica al Dragon 43:29 y vuelve a ponerse una victoria por encima de Alcume, en la sorpresa (o no tanto, sin ser ventajista yo ya os lo dije,jeje y sino revisar mi previa) de la jornada.
Por arriba, el gran vencedor de la jornada de manera indirecta es Angel Mapfre, que se vuelve a meter entre los tres primeros y con muchos argumentos para ascender.
SM casi, casi lo tiene hecho y Lore pinta muy bien aunque sabemos que es un equipo al que la liga se le suele hacer muy larga y en el tramo final flojean bastante.
Por abajo Jedys, se revela contra su destino, pero siente el aliento en el cogote de Alcume, prácticamente están empatados. Una victoria no es nada, en una jornada si tu pierdes y tu rival gana adiós.
En principio Jedys están má<s acostumbrados a vivir en el alambre y han dado muestras de poder ganar a casi cualquiera, mientras que las victorias de Alcume se circunscriben a la parte baja de la tabla. Si quieren mantenerse tendrán que rascar algo más contra los de arriba.
Queda mucho y muy divertido.

xoves, 9 de marzo de 2017

3ª División. Horarios Xornada 19


O novo episodio vergoñento protagonizado como non polas pistas de Balaídos a xornada pasada, volveu a levar por diante a metade dos encontros a disputar. En terceira o único que tivo lugar foi o Don Balón Momper 46 - N-Beade 27, victoria importante para Don Balón ante un N-Beade que polo que parece deixou moito polo camiño quedando case 20 puntos por abaixo.

Para esta 19ª xornada temos o seguinte:

Abaco - Vikings: coido que será difícil que Abaco poida importunar a Vikings que levaban bo ritmo ata o non presentado da xornada 17. Buscarán a victoria para seguir facendo presión a ese grupiño de perseguidores dos tres de cabeza.

Black Roosters - Raiders: novo reto para Black Roosters nesta xornada que pouco terá que facer ante Raiders se facemos caso á estadística. Máis ainda tendo en conta que cada victoria para Raiders é vital polo momento.

C.B. Mariano - R. Portas C.B.: Mariano está a atravesar unha mala racha, case tanto como comezaron a liga. O cuarto posto que ocupan comeza a estar comprometido e ten polo menos dous candidatos a ocupalo. Portas podería pechar cun 3-0 o seu balance particular con Mariano de levar a victoria, e comezar a dilucidar o seu futuro.

Don Balón Momper - Ouxo Bouzas: poucas opcións para Don Balón ante Ouxo, e iso que son un equipo deses que sempre trata de impoñerse ás súas propias limitacións. En calquera caso Ouxo está a anos luz e van con paso firme cara a segunda. Raro sería que perdesen un partido no que queda de liga.

Lonza - N-Beade: este pode ser o partido máis reñido da xornada, dous equipos que transitan na zona media da táboa e que están a sufrir altibaixos. N-Beade ven de perder fronte a Don Balón Momper, que está un posto máis abaixo que Lonza, polo que todo pode pasar.

Sorte a todos

Un saúdo

Karnixouvas

Horarios xornada 19 1ª e 2ª

1ª División:
Case todos partidos interesantes por un ou outro motivo. O líder xoga contra o terceiro clasificado. Amenaza e Red Skins xogan un por escapar un pouco máis dos postos de descenso e o outro por non afogarse un pouco máis; o último, no intento de conseguer a súa segunda victoria, contra penúltimo, que tenta acercarse a salvación. O segundo, que tentará acercarse ó líder ou seguir a unha distancia asequible, contra un correoso equipo con moita calidade que tenta remontar e escapar un pouco máis do descenso. É no partido que pecha a xornada dous equipos que van pola zona media (ollo, tampouco poden descoidarse, que a distancia coa zona baixa non é moita), e que poden gañar a calquera...
2ª División:
Interesantes Alcume - Jedys na zona baixa e Lore-Experta na alta... Gil, espero a túa valoración... ;).

venres, 3 de marzo de 2017

Horarios xornada 18 1ª e 2ª división

1ª División:
3 partidos moi interesantes e de pronóstico incerto: os líderes contra os irregulares Ralarsa; Basket Hound contra Alcoba e 100 Tolos contra Red Skins. Varias cousas en xogo: seguir coa boa marcha defendendo o liderado, non descolgarse na loita polo título e tratar de gañar para non caer nas prazas de descenso. Ollo tamén o partido de Neogeo entre un equipo con necesidade de gañar para descontar puntos na loita por eludir praza de descenso e outro que está cerca delas. No outro partido creo que Marrajos é favorito, aínda que Amfiv peleará para tentar conseguir a súa segunda victoria. Se se pode jugar, xa que todos sabemos que dan aviso de chuvia e este ano Balaídos en inamovible para a ¿organización?...

2ª División: Vou quedar coa análise de Gil, que coma xa dixen góstame bastante, aínda correndo o risco de que me denuncie...;)...
Aquí va mi previa:
SM le gana a Balbi, los chicos de color quieren certificar el ascenso cuanto antes.
Lore versus Dragons. ¿Puedo poner X? ¿No? Bueno pues apuesto por Lore, duelo de viejos y conocidos , en la 1ª vuelta se lo llevo los del espiritu, para mañana apuesto por los académicos.
Angel vs Exacta, en principio parece que Angel debería ganar y lamerse sus heridas pero no olvidemos que Exacta ya les ha ganado en la 1ª vuelta y otra victoria significaría dejar a otro rival directo atrás. Precisamente debido a sus urgencias y a la importancia del duelo, apuesto por Angel.
Alcume le gana a los Kids, Alcume son perros viejos y saben que perder este partido sería hacer mas profundo el hoyo en el que se han metido.
Atenas pierde con Jedys. El mismo argumento que le aplicamos a Alcume vale para Jedys, aunque estos pueden sufrir contra el poderío interior de Atenas como no lleven a ningún pivot.
Jedys palma con Dragons, hasta estas alturas y quien lo diría objetivos distintos, motivaciones distintas. Dragons esta un peldaño por encima de Jedys.
...Todo esto suponiendo que se pueda jugar, claro.

xoves, 2 de marzo de 2017

3ª División. Resultados Xornada 17 | Horarios Xornada 18



Moi boas, pasada a xornada 17 e coa 18 xa programada, imos ver o que deu de si o fin de semana de carnaval para os equipos de 3ª división.

  • Ouxo Bouzas 63 - Black Roosters 21: sen sorpresas neste enfrontamento o segundo do fin de semana para Ouxo que sen embargo non lles deixou sen folgos e volveron gañar por moito ó seu rival, Black Roosters que so foi quen de anotar 21 puntos.
  • N-Beade 40 - C.B. Mariano 34: pois si, ó final volveu a sorpresa para Mariano cun novo pinchazo, esta vez fronte a N-Beade que gañou o partido por 6 puntos. Que lle pasa a Mariano? Está atravesando a mesma mala racha coa que comezou a tempada?
  • R. Portas C.B. 41 - Ouxo Bouzas 57: o partido da xornada, correspondente á aprazada xornada 14, rematou cunha nova victoria para Ouxo Bouzas ante un Portas que quixo pero non puido e foi doblegado nun partido moi interesante que batiu fronte a fronte ós dous equipos máis en forma da categoría. Ouxo volveu a amosar a súa eficiencia, con poucos erros e moita intensidade, algo que non lle faltou a Portas pero que non atopou forma de anotar con facilidade sendo derrotado por 16 puntos e quedando Ouxo liderando en solitario a clasificación.
  • Abaco 39 - Lonza 61: no outro partido recuperado da xornada 14, Lonza acadou unha contundente e importante victoria ante Abaco, que non puido seguir o ritmo do seu rival. Lonza ve un pouco máis clara a súa posición na clasificación e pode confiar e facer algo máis de dano nas vindeiras xornadas.
Ata aquí o resumo dos partidos do finde, no que estaban programados 7 encontros e so se desputaron 4. A xornada doble pode que tivera moito que ver nesto.Tres partidos con 20-0 que desvirtúan totalmente a estadística de puntuación na clasificación.

E vamos cos horarios para a seguinte xornada.




  • Vikings - Lonza: partido moi interesante entre dous equipos da zona media que mediran forzas a ver quen sae mellor parado. A priori Vikings ten máis opcións, pero Lonza está merecendo máis polo seu esforzo e pode ter algo que dicir na cancha.
  • Don Balón Momper - N-Beade: na primeira volta a victoria foi para N-Beade, quen sabe se nesta ocasión Don Balón recupera sensacións e iguala o global, aproveitando a semana de descanso que levan.
  • C.B. Mariano - Ouxo Bouzas: Mariano non está atravesando un bo momento. Ven de caer derrotado nas dúas últimas xornadas en partidos nos que a priori resultaba favorito. Agora tócalles Ouxo por se fora pouco. En calquera caso Mariano e deses equipos que sabe sair de situacións complicadas e si ten a oportunidade de sair adiante, vai facelo teña a que teña diante.
  • Black Roosters - R.Portas C.B.: Black Roosters atoparase con Portas despois de xogar contra Ouxo a xornada pasada. Segundo rival de entidade para eles en 15 días no que poucas opcións poden ter. Portas, despois da súa segunda derrota da tempada non van dar o brazo a torcer.
  • Abaco - Raiders: Abaco terá en fronte a Raiders un rival moi competente que goza dun traquilo terceiro posto. Poucas opcións para Abaco nesta ocasión que terá que agardar por outras oportunidades.
 Sorte a todos

Un saúdo

Karnixouvas

mércores, 1 de marzo de 2017

Resultados Xornada 17 1ª e 2ª División

PRIMEIRA DIVISIÓN:
Unha xornada máis na que o líder de primeira segue sólido, e gañou, aunque con algúns apuros, o seu partido contra Red Skins. Gañou tamén Basket Hound, que segue esperando algún tropezo do líder para ter algunha oportunidade. Pola zona media-baixa da tabla continúan as apreturas. Así, a xa mencionada derrota de Red Skins, únese a de Amenaza e Ralarsa que perdeu os seus dous partidos dando moita guerra. 100 Tolos gañou un dos seus partidos, pero perdeu o outro, o que o alonxa un pouco da loita polo título, dándolle algo de vida a Neogeo, que todavía se agarra a posibilidade de poder salva-la categoría. Xornada redonda tamén para Marrajos que logrou gañar os seus partido e coller algo de ar. Alcoba tamén gañou o seu partido ante Amfiv, que queda case sen ningunha oportunidade de salvarse.
SEGUNDA DIVISIÖN:
Quédome coa análise de Gil en segunda, coa salvedade de que de momento Jedys non está fora de postos de descenso nin Dragon´s está en postos de ascenso. Se a clasificación fose coma a da NBA (por porcentaxe de victorias) tería razón, pero seguindo as reglas de Vigoenxogo -cómo podemos ver na súa páxina- e estar cun partido menos Dragon´s, Ángel Mapfre e Exacta teñen un punto máis ca eles, e Alcume está empatado a puntos con Jedys, pero diante por basket-average. De tódolos xeitos, estupendo resumo da xornada. Deberías de colaborar con nós. ¡Anímate!.