xoves, 2 de marzo de 2017

3ª División. Resultados Xornada 17 | Horarios Xornada 18



Moi boas, pasada a xornada 17 e coa 18 xa programada, imos ver o que deu de si o fin de semana de carnaval para os equipos de 3ª división.

  • Ouxo Bouzas 63 - Black Roosters 21: sen sorpresas neste enfrontamento o segundo do fin de semana para Ouxo que sen embargo non lles deixou sen folgos e volveron gañar por moito ó seu rival, Black Roosters que so foi quen de anotar 21 puntos.
  • N-Beade 40 - C.B. Mariano 34: pois si, ó final volveu a sorpresa para Mariano cun novo pinchazo, esta vez fronte a N-Beade que gañou o partido por 6 puntos. Que lle pasa a Mariano? Está atravesando a mesma mala racha coa que comezou a tempada?
  • R. Portas C.B. 41 - Ouxo Bouzas 57: o partido da xornada, correspondente á aprazada xornada 14, rematou cunha nova victoria para Ouxo Bouzas ante un Portas que quixo pero non puido e foi doblegado nun partido moi interesante que batiu fronte a fronte ós dous equipos máis en forma da categoría. Ouxo volveu a amosar a súa eficiencia, con poucos erros e moita intensidade, algo que non lle faltou a Portas pero que non atopou forma de anotar con facilidade sendo derrotado por 16 puntos e quedando Ouxo liderando en solitario a clasificación.
  • Abaco 39 - Lonza 61: no outro partido recuperado da xornada 14, Lonza acadou unha contundente e importante victoria ante Abaco, que non puido seguir o ritmo do seu rival. Lonza ve un pouco máis clara a súa posición na clasificación e pode confiar e facer algo máis de dano nas vindeiras xornadas.
Ata aquí o resumo dos partidos do finde, no que estaban programados 7 encontros e so se desputaron 4. A xornada doble pode que tivera moito que ver nesto.Tres partidos con 20-0 que desvirtúan totalmente a estadística de puntuación na clasificación.

E vamos cos horarios para a seguinte xornada.




  • Vikings - Lonza: partido moi interesante entre dous equipos da zona media que mediran forzas a ver quen sae mellor parado. A priori Vikings ten máis opcións, pero Lonza está merecendo máis polo seu esforzo e pode ter algo que dicir na cancha.
  • Don Balón Momper - N-Beade: na primeira volta a victoria foi para N-Beade, quen sabe se nesta ocasión Don Balón recupera sensacións e iguala o global, aproveitando a semana de descanso que levan.
  • C.B. Mariano - Ouxo Bouzas: Mariano non está atravesando un bo momento. Ven de caer derrotado nas dúas últimas xornadas en partidos nos que a priori resultaba favorito. Agora tócalles Ouxo por se fora pouco. En calquera caso Mariano e deses equipos que sabe sair de situacións complicadas e si ten a oportunidade de sair adiante, vai facelo teña a que teña diante.
  • Black Roosters - R.Portas C.B.: Black Roosters atoparase con Portas despois de xogar contra Ouxo a xornada pasada. Segundo rival de entidade para eles en 15 días no que poucas opcións poden ter. Portas, despois da súa segunda derrota da tempada non van dar o brazo a torcer.
  • Abaco - Raiders: Abaco terá en fronte a Raiders un rival moi competente que goza dun traquilo terceiro posto. Poucas opcións para Abaco nesta ocasión que terá que agardar por outras oportunidades.
 Sorte a todos

Un saúdo

Karnixouvas

Ningún comentario:

Publicar un comentario