mércores, 21 de novembro de 2018

1ª División. Resultados Xornada 5 | Horarios Xornada 6




2ª División. Resultados Xornada 5 | Horarios Xornada 6



Comezan a perfilarse algúns postos en segunda despois desta quinta xornada onde tivemos os seguintes resultados.

Lore segue sumando na procura dese primeiro posto que de momento ten un dono moi sólido, despois de gañar por 6 puntos a Angel Mapfre. Non debeu ser un partido fácil e Mapfre probablemente amosou todas as súas cartas para non sumar a segunda derrota da temporada, pero quedaron as portas do triunfo.

Exacta-Sperta e Amfiv 2 protagonizaron outro duelo moi apretado onde a victoria foi para os primeiros por tan solo dous puntos. Semella que Amfiv 2 recuperou a confianza (e os xogadores) que non lle permitiron o ano pasado estar a altura da categoría ata o playoff final, e agora son quen de tusirlle a un equipo como Exacta Sperta, que seguramente pelexará de novo nese grupo polo ascenso.

Grupo Premir asinou a súa cuarta derrota da temporada ante uns Redskins imparables que non tiveron nin un problema para levar o partido o seu aire, e seguen dispostos a facer aquelo de "un ano no inferno" para voltar a categoría a que pertencen, polo menos de espíritu. Premir terá que esperar a un rival máis asequible para estrear a súa primeira victoria.

Neogeo Camaleón e dos tres descendidos o que peor arranque está tendo. Dos catro partidos que levan tan so gañaron un, e saíron escaldados do seu último enfrontamento contra R.Portas, que pasaron por riba deles sen despeinarse e anotando case 70 puntos. A Portas estalle a cambiar a cara e seica agora están dispostos a volver a ser parte importante nas quinielas. Veremos se é un espellismo ou teñen máis que dicir nas vindeiras xornadas.

Un saúdo

Karnixouvas

3ª División. Resultados Xornada 5 | Horarios Xornada 6




mércores, 14 de novembro de 2018

1ª División. Resultados Xornada 4 | Horarios Xornada 5




2ª División. Resultados Xornada 4 | Horarios Xornada 5



Xornada sen sorpresas en segunda división, onde a quiniela menos arriesgada tería éxito seguro.

R.Portas Overtake anotou a súa primeira victoria ante Grupo Premir. Os recén ascendidos non deberon facer un mal partido tampouco pero Portas sabía que tiña que espertar máis pronto que tarde para comezar a carburar se queren volver a estar nese grupo intermedio tan competido, e este sen dúbida era o momento de facelo. Polo de pronto inda lles queda moito que demostrar. Premir colócase como faroliño vermello con 0-3 e unha vindeira xornada pouco prometedora ao enfrontarse o líder da categoría.

Redskins suma e segue no seu periplo pola segunda división e ven de conseguir a súa cuarta victoria na liga, desta vez ante Exacta Sperta. Inda que iso si, polo que comentan no seu blog non o tiveron nada fácil, cun Exacta moi competitivo que lles puxo contra as cordas durante os primeiros 25 minutos. Estaba en xogo a primeira plaza da categoría e non era para menos. Na segunda parte Exacta asistiu a un recital dos Reds que lles devolveu o mando do partido para finalizar gañando por 5 puntos.

Amfiv 2 sufriu unha derrota moi dolorosa fronte a Lore que non quere perder o tren de cabeza e amárrase á segunda posición con esta victoria. Pouca fortuna ou poucos recursos para Amfiv 2, quen sabe. Lore non pode deixar opción a dúbida se quere seguir ahí arriba e polo momento están a facer un bo traballo.

Angel Mapfre está disposto a ser o ave Fénix da categoría. Condenado ao descenso deportivo a tempada pasada, seica non queren nin oír falar desa zona baixa da táboa neste novo curso, e están a facer méritos para borralo da súa memoria. Castrelanos pola contra, encadea a súa terceira derrota consecutiva, e estalles costando adaptarse a nova categoría. Veremos como evolucionan de aquí en diante.

Un saúdo

Karnixouvas

3ª División. Resultados Xornada 4 | Horarios Xornada 5



mércores, 7 de novembro de 2018

1ª División. Resultados Xornada 3 | Horarios Xornada 4




2ª División. Resultados Xornada 3 | Horarios Xornada 4




Castrelanos (48), sufriu de novo unha dura derrota esta vez a mans de Amfiv 2 (71), un equipo que en pasadas campañas andaba desnortado, pero que están ante unha nova oportunidade para facer as cousas ben e voltar a ser o equipo que eran no pasado, inda máis se nos cremos o que nos contan de que remataron en pista con 3 ou 4 xogadores. Mal de novo Castrelanos, que empezan a ver como o que lles parecía unha categoría feita á súa medida, comeza a poñerlles as cousas difíciles como non sexan capaces de levantar a cabeza. Veña rapaces que hai que dar o callo inda que sexades novatos en segunda.

Centro de Estudios Lore (44) voltaba a verse as caras con Redskins (48) despois de que o ano pasada baixaran ambos de segunda. Quedamos coa estupenda crónica no blog dos Reds, nun partido probablemente moi interesante de ver. Os Reds seguen mandando na clasificación, despois dun partido cun resultado máis mundano ante os ex-Alcabre que seguen de preto desde o terceiro andar.

O domingo pola mañá en Teis víronse as caras Exacta-Sperta (68) e R.Portas Overtake (63). Partido de tu a tu onde ningún dos dous equipos pisou o freno na puntuación, levando Exacta a victoria por un estreito marxe e acumulando un 3-0 na clasificación. Bo momento o que atravesan, non así para Portas, que con este fan un 0-3 inda que xa amosan algo máis de xeito que nas primeiras xornadas.

Pechamos o repaso da xornada co Grupo Premir (31) Neogeo-Camaleón (48). Ata a terceira xornada tiveron que agardar os rapaces de Neogeo para conseguir a primeira victoria, a costa de un Grupo Premir ós que probablemente se lles fixo largo o partido.

Un saúdo

Karnixouvas

3ª División. Resultados Xornada 3 | Horarios Xornada 4