xoves, 11 de abril de 2019

1ª División. Resultados Xornada 23 | Horarios Xornada 24 | Playoff 6




2ª División. Resultados Xornada 23 | Horarios Xornada 24 | Playoff 6


Bueno, bueno, pois a estas alturas é tempo de analizar como está a situación e que pronóstico podemos facer de aquí ao final.

No grupo do ascenso volve a repetirse a clasificación do final da liga regular, con Redskins cun 5-0 impoluto, traballando en cada partido para lograr un ascenso que a estas alturas xa ninguén dubida.

Lore
mantense na segunda praza cun non menos contundente 4-1, impoñéndose nos seus partidos sen demasiada dificultade e con moitas garantías tamén para regresar a primeira división.

No terceiro posto pero con resultados diametralmente opostos Angel Mapfre cun 1-4 moi complicado, nun playoff no que non lle están saíndo nada ben as cousas e no que ata o momento so puideron conseguir unha victoria ante os seus principais perseguidores.

Exacta-Sperta pecha o grupo cun 0-5. Se ninguén dubida que Redskins voltará a primeira, probablemente ninguén dubide tampouco que Exacta voltará a xogar en segunda división o vindeiro ano. Salvo catástrofe suprema dos de arriba e influencia divina neles mesmos, a realidade é esa.

Por abaixo moito máis divertido co equipo relevación do grupo, Castrelanos, que pecha esta primeira volta no primeiro posto da permanencia. Xa comentamos que este equipo podería dar moito que falar no que restaba de liga e abofé que están a facelo. Comezaron o playoff no penúltimo posto, despois dunha liga regular onde tan so conseguiron 3 victorias, as mesmas que levan agora e que lles permiten comandar a clasificación.

Pegados na táboa e cun triple empate atopamos aos tres seguintes equipos:

R.Portas que comezaron pinchando por terceira vez con Castrelanos e con Amfiv 2 na máis recente. Os primeiros téñenlle tomada a medida e so lles queda o seguinte partido para desquitarse e facer oco na primeira plaza. Fronte a Amfiv 2 é a súa primeira derrota deste ano, probablemente inesperada, así como necesaria para o rival.

Grupo Premir. Ninguén contaba con eles ata que chegamos aquí e ahí están, cun 2-2 no balance facendo valer a súa perseverancia, impoñéndose a Neogeo e a Amfiv 2. So eles saben o que poden chegar a facer no que queda de playoff.

Neogeo Camaleon. Despois do complicado inicio con sendas derrotas ante Premir e Portas, suman dúas victorias ante Amfiv 2 e Castrelanos, resultados moi positivos que lles permiten seguir na loita, nunha conta atrás para o final do playoff que se presenta apaixoante.

Pecha a clasificación Amfiv 2, cunha única victoria de catro posibles. O ano pasado botaron o que lles quedaba no playoff para salvar a categoría, e este ano están condenados a facer o mesmo sen non queren dar cos seus osos en terceira división o ano que ven. Todo pasa por gañar todo o que lles queda por diante. Polo momento a súa única victoria foi contra R.Portas. O futuro está nas súas máns.

Sorte a todos no que queda por diante. Agardo as vosas prediccións nos comentarios :-)

Un saúdo

Karnixouvas

3ª División. Resultados Xornada 23 | Horarios Xornada 24 | Playoff 6