mércores, 31 de xaneiro de 2018

2ª División. Resultados Xornada 14 | Horarios Xornada 15


Finiquitada a 14ª xornada en segunda división, xa asoma a 15ª que terá lugar o domingo nas canchas de Teis e Berbés.

A xornada dará comezo co enfrontamento Deportes Balbi - Alcume Basket. Cuarto e terceiro clasificados fronte a fronte. Ambos chegan en bo estado de forma polo que agardamos será un partido moi interesante no que independientemente do resultado seguirá a tensión na clasificación ata as derradeiras xornadas. Balbi caeu derrotado por dez puntos no seu primeiro enfrontamento na xornada 6 polo que haberá ganas de revancha e Alcume apostará de seguro por sumar unha nova victoria, a que sería a súa sexta consecutiva.

A acción trasládase ó pavillón de Teis para un enfrontamento moi dispar entre Ouxo e Raiders. Primeiro clasificado contra último, e pouco que engadir. Raiders a intentar frear ós de Bouzas, e Ouxo a seguir facendo o que esta acostumado, gañar.

Voltamos a Teis para presenciar o Exacta Sperta - Academia Atenas, outro encontro que non parece que vaia ter moita historia, cun Exacta que quere aproveitar todos os puntos que quedan ata o final da liga para presentar os seus credenciais ós playoffs de ascenso. Atenas pola súa parte, sen opcións de entrar no playoff de ascenso, buscará desfrutar do que lles queda ata o mes de marzo.

E por último regresamos ó Berbés para atender ó último partido da xornada, o que enfrentará a Angel Mapfre contra Amfiv. Mapfre atópase na 5ª plaza a un palmo de distancia de 4º e 6º, o que lles obliga a non cometer erros que lles poidan costar caros, os postos para o playoff de ascenso seguen estando no aire. Por fortuna o rival non vai ser moi complicado, Amfiv xa hai tempo que deixou de contar para os postos importantes na categoría e buscará dar sorpresas de aquí o final da liga regular.

Sorte a todos e a pasalo ben.

Un saúdo

Karnixouvas


mércores, 24 de xaneiro de 2018

2ª División. Resultados Xornada 13 | Horarios Xornada 14


Boas a todos, restan 5 xornadas para o final da liga regular e isto está cada vez máis apretado. Non sei a vos pero a min dame a impresión de que o vindeiro mes vai ser moi emocionante, sobre todo tendo en conta a pouca diferencia de puntos (inda que hai equipos con partido menos) que hai entre o segundo e o sexto clasificado, que é onde hai máis salsa, e onde pode haber sorpresas.

Polo de pronto a vindeira xornada queda cos seguintes enfrontamentos.

Alcume Basket pasou o trámite non sen apuros polo que parece, ante Amfiv e agora teñen un partido importante fronte a Angel Mapfre. No partido de ida protagonizaron un intersesante duelo no que Mapfre levou a victoria por 59-54 polo que todo parece indicar que vai estar moi igualado. Alcume tentará desfacer o empate con Exacta e Angel Mapfre tamén quere ter parte e ver se pode escalar algunha posición.

Academia Atenas está de capa caída. A pasada xornada, polo que se comenta, non foron capaces de reunir xogadores para o partido, e pouco poden agardar agora do partido deste finde fronte a Deportes Balbi un equipo que inda ten moito que dicir e para os que unha derrota contra un equipo da zona baixa non entra nos seus plans.

Raiders, afogado na última posición recibe a un Exacta Sperta que levou unha de cal e outra de area nas dúas últimas xornadas. O bo sabor de boca da victoria ante Ouxo debería durarlles, inda que neste caso tampouco necesitarán ter un gran día para derrotar a uns Raiders que están pasando sen pena nin gloria o seu retorno a segunda división.

R.Portas Overtake ven de acadar unha victoria importante fronte a Exacta Sperta, equipo que lle gañou ao seu rival desta xornada, que non e outro que Ouxo. Se facemos caso ós números recentes, Portas debería facer un bo partido fronte a Ouxo. No pasado, Ouxo foi demasiado rival para eles pero últimamente parece que cambiaron moito as cousas, e a mellora de Portas é reseñable.

Con isto xa temos todo disposto para a 14ª xornada de liga. Sorte a todos

Un saúdo

Karnixouvas


mércores, 17 de xaneiro de 2018

Horarios Xornada 13 1ª División

2ª División. Resultados Xornada 12 | Horarios Xornada 13


A 12ª xornada de liga deixounos unha nova destacable como é a primeira derrota de Ouxo-Bouzas, que perdeu de 13 puntos contra Exacta Sperta, nun partido que debeu estar moi interesante. Seica hai equipos que non perden o ritmo inda despois do parón e falo de ambos, tendo en conta o marcador.

Despois do arranque en frío, seguimos coa 13ª xornada, que vai ser igual de fría polo meteorolóxico, pero que xa non pode pillar por sorpresa a algúns equipos, sobre todo nesa zona intermedia tan apretada.


A xornada dará comezo o domingo pola mañá en Bouzas co partido entre Angel Mapfre e Academia Atenas. Para os primeiros este comezo de ano está sendo especialmente tranquilo comezando por enfrontarse a Raiders a xornada pasada e continuando agora con Atenas. Cada punto é importante de aquí o final da liga regular, e eles o saben. O mesmo para Atenas, que inda que con obxectivo diferente teñen moito traballo por diante, e deben mirar a todos os seus rivais por igual, sen ter en conta o seu posto na táboa.

No mesmo escenario, un par de horas máis tarde veranse as caras Amfiv e Alcume Basket. No pasado este podería ser un partido moi interesante. Alcume é un deses equipos afeitos a categoría, que consegue bos resultados gracias o empeño e esforzo que amosan na cancha. Amfiv tiña recursos e calidade de sobra para estar xogando polo campionato, pero este ano borráronse do mapa a causa das baixas e arrastran a súa sombra polos últimos postos da categoría. Gustaríame falar neses termos pasados pero a realidade é ben diferente e neste caso a victoria para Alcume parece clara.

A xornada trasládase a Navia pola tarde co partido entre Exacta Sperta e R.Portas Overtake. Exacta ven de acadar un dos resultados máis importantes do que vai de competición, despois de impoñerse o, ata a xornada pasada, invicto líder Ouxo-Bouzas, un resultado que lles permite recortar algo a distancia que lles separa deles e o mesmo tempo dar un aviso ó resto dos equipos. Portas segue sendo un equipo competitivo desque cambiou a cara fai xa unhas cantas xornadas. Non entraba nas quinielas para pelexar nese grupo intermedio no que está amarrado, pero está amosando que ten todavía recursos para seguir dando guerra, inda así, o rival desta xornada é de entidade.

E pecha a xornada Deportes Balbi, que segue apuntando alto na clasificación despois de comezar o ano con bo pe e agora atópanse con Raiders, nun partido que non debería presentarlles moitos problemas, pero no que non se poden deixar levar, agora hai que rendir a tope en cada partido. Raiders segue afundido na última posición e todavía non nos deu síntomas de melloría, polo que poucas opcións poderán ter.

Nada máis por aquí, sorte a todos e vémonos para a semana.

Un saúdo

Karnixouvas

mércores, 10 de xaneiro de 2018

2ª División. Horarios Xornada 12


Moi boas e feliz ano a todos. Despois do parón voltamos as pistas para desputar a 12ª xornada de liga en segunda división, na que atopamos os seguintes encontros.

Academia Atenas enfrontarase a Amfiv. Ambos comparten o penúltimo posto da clasificación con dúas victorias cada un. Se Amfiv recuperou xente despois deste descanso pode ser o seu momento para levantar a cabeza e tirar para adiante, e recuperar sensacións. Academia Atenas ten asimesmo unha oportunidade para desfacelo empate antes de que cheguen rivais máis complicados.

Raiders non da collido o ritmo da competición, levan unha victoria de dez posibles o que lles sitúa na última posición da táboa, é o equipo menos anotador da categoría e este fin de semana tócalles Angel Mapfre, que desde a quinta posición tratarán de conseguir a victoria sen complicacións para seguir dando o callo polo menos no grupo intermedio.

R.Portas Overtake e outro dos tres que ocupan ese grupo intermedio, os seus resultados dan fe da progresión que están experimentando desde que comezaron a liga e parece que queren seguir aspirando a máis. O seu rival non é outro que o terceiro invitado neste grupo, Deportes Balbi que en opinión totalmente persoal, ocupan un posto enganoso, tendo potencial de sobra para tusirlle os equipos que teñen por arriba.

Ouxo-Bouzas o imbatible, o único equipo da categoría que a estas alturas inda non sabe o que é perder un partido. Ninguén dubida que o vindeiro ano estarán en primeira, pero polo de pronto terán que seguir dando o callo en segunda, inda que xa amosaron do que son capaces. Frente a eles un non menos competente Exacta Sperta, actual terceiro clasificado que ten tamén papeletas para o ascenso a primeira. Este será sen dúbida o partido máis interesante da xornada.

Sorte a todos no re-arranque da tempada. Voltamos o vindeiro mércores.

Un saúdo

Karnixouvas