mércores, 27 de setembro de 2017

2ª División. Horarios Xornada 1



Moi boas a todos, Karnixouvas por aquí, disposto para dar comezo á tempada 2017/2018 de Vigo en Xogo, desta vez encargándome da 2ª división.

Finalmente saímos de dudas e atopámonos con que este ano voltamos ó formato de competición antigo con liga regular a ida e volta + playoffs, con opinións encontradas e a polémica servida pola disparidade entre as diferentes categorías, con dez equipos en primeira e nove en segunda e terceira.

O tema Balaídos tamén rondou polas cabezas da maioría e parece ser que ata xaneiro non estarán abertas de novo, así que polo de pronto podemos esquecernos desta problemática durante un tempo.

Agardo que a miña aportación a este blog sexa do voso agrado durante a campaña que imos comezar e do mesmo xeito agardo os vosos comentarios.

Comezamos!