sábado, 28 de outubro de 2017

Horarios xornada 5 1ª División

Análise:
BASKET HOUND (1-3) /VETERINARIA MENCIÑA (3-1) Berbés 29/10/2017 12:45
Por el inicio de liga de unos y otros debería apostar por los de la veterinaria, pero mira por donde pienso que este sabueso les va a salir respondón. Apuesto por Basset Hound.
C.B. AUTOCRISTAL RALARSA (1-3) /AMENAZA (1-3) Teis 29/10/2017 9:00
Tras la demostración de casta de los fantasmas la semana pasada… , creo que se van a volver a relajar, apuesto por los cristaleiros.
CENTRO ESTUDIOS LORE (0-4) /100 TOLOS PUÑO DE AMURA (2-2) Berbés 29/10/2017 11:30
Parece que los crustáceos pueden tener un puntito más, apuesto por ellos.
MARRAJOS BASKET (4-0) /UVIGO BASKET (4-0) Bembrive 29/10/2017 12:30
A priori el partidazo de la jornada, el derby del siglo de la primera vuelta de la fase previa, que probablemente no signifique nada para ninguno de los dos al final, porque ambos van a ir sobrados de victorias a la segunda fase.
Pero está en juego la honrilla y en asuntos de honra, ni un paso atrás, ni para coger carrerilla, apuesto por los escualos.
NEOGEO-CAMALEON (2-2)/RED SKINS OSIS (2-2) Teis 29/10/2017 12:45
Para mí y de cara a la clasificación este si es el partido más importante, este es uno de esos partidos que al final te pueden colocar arriba o abajo.
Apuesto por los camaleones.
Suerte a todos e non mancarse.

mércores, 25 de outubro de 2017

2ª División. Resultados Xornada 4 | Horarios Xornada 5


Moi boas, imos cos resultados da pasada xornada, a cuarta en segunda división, onde xa se comezan a ver os puntos febles de algúns equipos e os que van dar guerra esta tempada.

R.Portas Overtake e Exacta Sperta (47-50) protagonizaron un dos partidos más interesantes da xornada, con victoria axustada para Exacta Sperta que levanta a cabeza despois de comezar o curso con dúas derrotas. Portas parece que comeza a dar mostras de que sabe facer as cousas ben cando quere e rendiu a bo nivel esta xornada a pesares da derrota. Exacta vai collendo camiño despois de unha nefasta primeira xornada que non debería terse en conta para ninguén e un oso duro como Ouxo que lles puxo as cousas complicadas na segunda xornada.

Raiders saíu escaldado do seu enfrontamento con Deportes Balbi (23-51) acumulando tres derrotas importantes nas que non deron moitos signos de competitividade e con este levan dous partidos seguidos sen chegar ós 30 puntos...Balbi pola súa banda parece que espertou un pouco e impúxose no partido sen maior problema aguantando en metade da taboa cun balance de 2-2.

Academia Atenas e Angel Mapfre (49-52) foron os outros dous protagonistas do fin de semana. Atenas está resarcíndose e aproveitando a oportunidade que tiveron este ano para seguir en segunda, e están a devolver o "favor" con creces mostrándose moi competitivos nos seus enfrontamentos, con dúas derrotas moi axustadas. Angel Mapfre sube como a espuma na taboa merced as súas 3 victorias, inda que tamén e certo que foron ante tres rivais por estadística inferiores (Portas, Raiders e Atenas). Veremos se manteñen o tipo cando cheguen os enfrontamentos directos.

Pechamos a crónica con Alcume Basket e a súa victoria que confirma a debacle de Amfiv (56-39). Alcume leva 3 de 3 e está a mostrar a súa mellor versión o igual que Atenas, vencendo neste caso a un equipo que ven de primeira e que se agarda que estea máis a altura. Non é o caso, e Amfiv está atravesando un mal arranque de tempada sendo derrotado por equipos a priori menos competentes (Raiders, Atenas e agora Alcume). Mal pintan as cousas para eles de seguir así.

Quedades cos horarios para a xornada 5.

Un saúdo

Karnixouvas

mércores, 18 de outubro de 2017

2ª División. Resultados Xornada 3 | Horarios Xornada 4


Nova xornada en segunda división, con resultados que poñen interesante a categoría, iso é o que nos gusta!

Amfiv volveu perder nesta xornada ante un rival en teoría de menor entidade como Academia Atenas, que lembremos quedou en postos de descenso o ano pasado. Polo resultado (41-44) debeu ser un partido moi entretido e probablemente poucos agardaban que Atenas puidera facer méritos para levar a victoria, pero ahí están, facéndolles caer aos de Amfiv nun mal soño do que terán que comezar a espertar tarde ou temprano.

Angel Mapfre amosou poderío vencendo con autoridade a Raiders (48-29) que so coñece unha victoria nestas tres xornadas, a pasada ante Amfiv. Todo está por ver, pero Mapfre probablemente apuntará ben alto esta tempada para deixar as cousas claras antes do playoff, inda que xa se sabe que a liguilla final é o que decide todo. Raiders terá que poñerse a traballar tamén para gañar confianza e ir a pola segunda victoria.

Deportes Balbi saiu derrotado no partido máis curto en anotación da categoría frente a R.Portas Overtake (21-28). Pouco satisfeitos teñen que estar tanto o perdedor coma o vencedor con ese marcador que non é nada esperanzador para o seu futuro. O certo é que Portas necesitaba conseguir canto antes a primeira victoria do ano e aproveitaron esta ocasión para facelo, igualando a Balbi 1-2 no balance.

Exacta Sperta deuno todo na cancha para batir o ata o momento invicto Ouxo Bouzas, e non o fixeron mal (45-57), pero Ouxo segue sendo o equipo máis regular neste inicio de tempada e non parecen ter pensado cambiar a súa dinámica. Exacta Sperta queda relegado polo momento a última plaza da clasificación, sen coñecer a victoria nos dous partidos que leva este ano.

Unha xornada máis e novas sorpresas que nos van dando pistas sobre o rendemento dos nove equipos da categoría que agardan xa con impaciencia un novo fin de semana de competición.

Apostas para a vindeira xornada?

Un saúdo

Karnixouvas


mércores, 11 de outubro de 2017

2ª División. Resultados Xornada 2 | Horarios Xornada 3


A segunda xornada en segunda división deixounos con algunha sorpresa e algunha victoria incontestable.

Ouxo-Bouzas non deixou marxe para que Deportes Balbi puxera unha pedra no seu camiño e continúan con boas sensacións neste arranque da tempada. Seica pretenden repetir a xesta do ano pasado en terceira, onde lideraron con puño de ferro a categoría e a dicir verdade sen demasiado esforzo. Deportes Balbi semella que non tivo a sorte do seu lado e estrenan o seu casilleiro de derrotas.

R.Portas Overtake encadea a súa segunda derrota, neste caso por 7 puntos ante Angel Mapfre. Está a costarlles moito este inicio de liga inda que parece que foron máis competitivos que no partido do finde pasado, polo que poden seguir tendo esperanzas de mellorar nos vindeiros partidos. Angel Mapfre non deixou escapar a oportunidade despois da dura derrota da primeira xornada ante Ouxo e impuxo o seu estilo para levarse un partido traballado.

Raiders converteuse na sorpresa da xornada ó vencer a Amfiv, polo que comentan ademáis sen demasiados problemas. As estadísticas están para rompelas e velaquí temos o primeiro exemplo. Moitas veces damos por sentado que os que suben das categorías inferiores non son mínimamente competentes, independientemente de como lles fora o ano pasado e Raiders ven de confirmar que veñen en serio a participar nesta categoría. Amfiv, que comezou a tempada cun recital ante Portas, buscaba facer o mesmo ante Raiders e seica non lles saíu dereito.

Academia Atenas e Alcume protagonizaron o partido máis apretado do día, cun resultado de 43-47 que relega ós académicos á penúltima posición da clasificación e aúpa o seu rival ó segundo posto. Ningún dos dous quere volver transitar este ano pola zona baixa da táboa. É pronto todavía para facer previsións, así que veremos o que acontece nos próximos partidos, con ambos equipos máis rodados.

Con esta xornada vista para sentencia, achegamos horarios para a vindeira. Deica a próxima semana.

Un saúdo

Karnixouvas

 

xoves, 5 de outubro de 2017

Xornada 2 Primeira División

Pou Pou dixit: 4/10/17 12:12
Tenemos horarios (Turi está que lo peta!!!) En primera:
Veterinaria Menciña vs Marrajos: Domingo Berbés 12:45. Tras sus victorias en la primera jornada partido para calibrar a los veterinarios y ver cúal es la medida de su potencial. A los escualos ya los tenemos calibrados de sobra ��. Apuesto por estos últimos.
Neogeo vs Lore: Sábado Teis 18:30. Por lo visto en la primera jornada, arrancaron muy bien unos y muy mal otros. Neogeo tiene más rodaje en la categoría y debería hacerlo valer sí quieren consolidarse en ella.
Red Skins vs Ralarsa: Domingo Berbés 10:15. Los Indios han vuelto a una senda del triunfo que no querrán abandonar, además el partido tiene un cierto aire a revancha tras las victorias inapelables y decisivas de los cristaleros el año pasado que en buena medida contribuyeron a determinar la ignominiosa posición final de descenso de los de la tribu.
Uvigo vs Basket Hound: Domingo Berbés 11:30. En mi opinión el partido de la jornada y el de más difícil pronostico. Uvigo sigue en la línea que lo llevo a ser campeón y los sabuesos han empezado con el pie izquierdo y aun así no lo tengo claro. Apuesto por los universitarios pero con muchísimas reservas.
El partido entre fantasmas y crustáceos se aplaza por circunstancias para mi desconocidas, lo que sí sabemos es que ambos empezaron palmando y el que pierda podría coger una dinámica negativa muy peligrosa; así que supondremos que alguno de los dos ha considerado que no podía presentar una convocatoria de garantías y ha pedido el aplazamiento.
Suerte a todos.

mércores, 4 de outubro de 2017

2ª División. Resultados Xornada 1 | Horarios Xornada 2



A primeira xornada de liga en 2ª división comezou o domingo ben cedo, ás 9 da mañá co partido entre Alcume Basket e Raiders onde os primeiros impuxéronse por dez puntos ó equipo recén ascendido. Alcume tratará de facer o posible por non ter que verse outra vez esta tempada nos postos de descenso, categoría que salvou por reaxustes e comezan ben, Raiders pola súa parte ten a responsabilidade de facer un bo proxecto que os manteña nesta competida categoría, veremos o seu progreso.

A xornada seguía co partido entre outro ascendido, Ouxo e Angel Mapfre. Moito deron que falar o ano pasado os de Ouxo co nivel que estaban amosando na categoría de bronce. Moitos comentaban tamén que tiñan potencial de sobra para ser un equipo de primeira e votaron por eles para facer un bo papel na copa. Non foi así e quedaron ás portas no seu primeiro enfrontamento cun equipo de segunda. Este ano xa en segunda están dispostos a facer un papel similar o do ano pasado. Non vai ser tan doado seguro pero comezaron con bo pe esta tempada cun resultado moi positivo ante o seu rival, que polo que contan nos comentarios sufriron a eficiencia dos de Bouzas desde o minuto un. Angel Mapfre rematou a tempada pasada en metade da taboa e seguro que non pensaran nun obxectivo menor para este ano.

En Navia desputábase a media mañá o Amfiv - R.Portas Overtake, recén descendido contra recén ascendido. Amfiv chegaba escaldado de primeira división onde so conseguiron unha victoria o ano pasado. Portas chegaba a segunda cun balance de 22-4 e moitas esperanzas para comezar unha nova etapa en segunda, pero o certo e que non semellan os mesmos. Amfiv pasou por riba deles sen compaixón e Portas non tivo outra que aguantar o chaparrón e terá que agardar a que escampe. Está claro que Amfiv quere volver a reinar en segunda, despois do varapalo sufrido en primeira. Veremos como se desenvolven ambos nas vindeiras xornadas.

O partido restante Deportes Balbi - Exacta Sperta, rematou con victoria para Balbi que comeza con bo pe esta tempada, dispostos a mellorar ese séptimo posto que tanto lles custou acadar o ano pasado. Exacta quedou ás portas do ascenso a pasada campaña e non tivo a sorte do seu lado desta vez. Pola configuración desta categoría este ano poderíamos pensar que teñen máis posibilidades, pero é moi cedo todavía para facer previsións.

Pouco máis se lle pode pedir á primeira xornada, onde algúns equipos están buscando o seu ritmo e outros parecen seguir tan en forma coma o ano pasado. Agardaremos ás vindeiras xornadas para facer unha comparativa máis realista e ver onde está cada equipo.

Deixovos cos horarios para a 2ª xornada.

Un saúdo

Karnixouvas