mércores, 19 de decembro de 2018

1ª División. Resultados Xornada 8 | Horarios Xornada 9




2ª División. Resultados Xornada 8 | Horarios Xornada 9




Algún xa está pensando nas cigalas de nadal, pero antes hai que rendir contas na Vigo en Xogo. Aquí coma os pros, sen descanso gracias a non se sabe que ou quen..., o que é seguro e que no que se refire a deporte na cidade, sempre imos ser os últimos en ter privilexios (se é que existen).

Pero imos ao noso, a ver como lles foi ós equipos da segunda división na 8ª xornada de liga.

Comezamos polo líder, Redskins que esta xornada descansou e fixo valer as súas sete victorias para seguir no alto da clasificación, mirando de reollo a Lore que os siguen de preto cun so partido perdido tras vencer a Exacta Sperta por 16 puntos. Algún agardaría algo máis de igualdade neste encontro, pero o certo e que non semella que fora así. Un pequeno revés para Exacta que cun partido máis que o resto queda na terceira posición co seu principal perseguidor pisando forte.

Este non é outro que Angel Mapfre, que ven de acadar unha victoria e importante, e seica traballada, a costa de Neogeo-Camaleon, que queda cun balance de 2-5 inda que transmitindo sensacións moi diferentes ó que nos tiñan acostumados últimamente.

Na zona intermedia, nin frío nin calor para R.Portas Overtake, que levou una victoria moi axustadiña fronte a Amfiv 2. A xente de Portas está a pasar un bo momento na liga, acadando bos resultados, ofrecendo unha versión ben distinta do que amosaron nas primeiras xornadas. Seica co equipo completo son un rival duro para calquera contendente, tal como amosaron ante os Reds fai dúas xornadas, a ver como pechan a primeira volta.

Amfiv 2 segue transitando pola zona baixa, con so dúas victorias no seu haber e un horizonte complicado no que van necesitar toda a sorte do mundo, non para gañar o gordo, senón para xogar un bo papel ante o líder a vindeira xornada.

Pechan a clasificación Premir e Castrelanos, que xogaron o "derbi dos colistas" esta fin de semana, dando como resultado a primeira victoria da tempada para Premir, por catro puntos de diferencia. Moito terán que cambiar a súa imaxe ambos equipos para comezar a crear algo de incertidumbre nos rivais. Polo de pronto non están sendo competitivos, e non poden agardar moito máis para comezar a facer ben as cousas. Veremos como se lles da no que queda de ano.

Saúdos e bo nadal a todos

Karnixouvas

3ª División. Resultados Xornada 8 | Horarios Xornada 9




mércores, 12 de decembro de 2018

1ª División. Resultados Xornada 7 | Horarios Xornada 8




2ª División. Resultados Xornada 7 | Horarios Xornada 8




Despois do descanso da semana pasada voltamos ao terreo de xogo coa 8ª xornada de liga. Agardo que o aproveitárades ben porque como xa sabedes este ano non hai parón navideño...Así as cousas presentámonos a falta de dúas xornadas para chegar ao ecuador da competición, cun líder indiscutible, Redskins 30 aniversario que acumulan un impoluto 7-0 despois da súa traballada victoria ante R.Portas Overtake que sigue con boas sensacións desde a metade da táboa.

Exacta-Sperta escolta aos Reds desde a segunda plaza, cuns resultados moi dignos a estas alturas da liga que fan pensar que este ano van xogar con máis garantías o playoff polo ascenso. Centro de Estudios Lore xa tivo o seu descanso de nadal, a ver se o parón de dúas semanas non lles pasa factura, polo de pronto seguen a estela do lider e esta fin de semana desfará o empate no segundo posto precisamente fronte a Exacta. Apunta a ser partido estrela da xornada.

Angel Mapfre completa ese grupo de perseguidores, un escalón por debaixo, pero tamén amosando estar moi en forma, dispostos a dar moita guerra. Enfrontaranse esta finde a Neogeo-Camaleon que conseguiu a súa segunda victoria da tempada ante Amfiv a xornada pasada, algo que se lles estaba resistindo moito e comezaba a minar a súa moral.

Amfiv 2 comezou algo mellor este ano que o pasado, pero seguen sen ser ese equipo eficiente e ordeado que eran fai uns anos. Polo de pronto acumulan un 2-4 e pechan ese grupo de tres da zona intermedia.

Por abaixo quedan Castrelanos e Grupo Premir, os primeiros con unha victoria e os segundos con cero. Situación complicada e amarga, sen dúbida. Castrelanos leva xornada tras xornada perdendo partidos de máis de dez puntos, sen opción a nada sendo moi pouco competitivos. Situación similar para Premir, que a pesar de non gañar todavía un partido, non levaron tantas panas como Castrelanos, sendo un equipo máis regular. Casualidades do destino, este fin de semana veránse as caras, no duelo dos colistas.

Moita sorte a todos

Un saúdo

Karnixouvas

3ª División. Resultados Xornada 7 | Horarios Xornada 8