Moi boas, a xornada 20 de terceira división cumpliu coas expectativas en canto a resultados, onde os mellor situados na clasificación, deron conta dos seus rivais con máis ou menos diferencia. A novidade ven de parte do equipo Vikings que foi expulsado da competición por non cumprir co mínimo de xogadores para disputar o seu partido ou por non presentarse de forma reiterada, unha pena. Deste xeito a categoría de bronce queda coxa e nas vindeiras xornadas os equipos que non se enfrontaron a eles na terceira volta, terán xornada de descanso.
Botémoslle un ollo ós resultados do pasado fin de semana
- Ouxo Bouzas 64 - Lonza 37: como era esperado, Ouxo pasou por riba de Lonza sen amosar un mínimo de debilidade e segue queimando xornadas para chegar a novos retos como a copa, na que veremos canto son capaces de dar fronte a equipos máis competentes.
- R. Portas C.B. 46 - Don Balón Momper 39: victoria xustiña para Portas ante un Don Balón moi competente que non se deixou nada gardado e deuno todo en prol da victoria. Máis info no blog de R. Portas C.B.
- Raiders 47 - C.B. Mariano 36: o duelo Raiders Mariano levouno finalmente o primeiro, dando case que por feito o seu ascenso a segunda división. Inda hai posibilidades matemáticas para Mariano, pero honestamente penso que sería moi raro que Raiders caise en picado a estas alturas, e non porque sexa imposible, xa que Mariano precisamente está en pleno declive despois dunha segunda volta bastante aceptable.
- Abaco 43 - Black Roosters 46: interesante encontro entre os dous colistas, que non se quedaron cortos en puntuación e que chegaron o final con tan so 3 puntos de diferencia. A oportunidade para Abaco de empatar a victorias co seu rival directo estivo vixente, pero finalmente Black Roosters puido apretar máis para gañar un partido sen moita trascendencia.
- C. B. Mariano 34 - Ouxo Bouzas 62: Ouxo non amosou cansancio pola xornada doble, meténdolle case 30 puntos de diferencia a Mariano, aniquilando calquera opción (si había) de facer algo de dano o líder da categoría. Mariano queda case condenado a ver os toros dende a barreira con menos diferencia cos seus perseguidores que cos que persiguen.
- Black Roosters 20 - R. Portas C.B. 56: o outro partido recuperado da xornada 18 saldouse con victoria contundente para Portas que non tivo piedade de Black Roosters e borrounos da cancha.
En canto ós horarios para a vindeira xornada
- C.B. Mariano - Abaco: a Mariano esgótanselle as oportunidades para alcanzar a Raiders, agora mesmo dependen de carambolas, e so poden pensar na victoria. A "sorte" é que o seu rival é o colista Abaco, e non deberían ter problemas para mantelos a raia.
- Don Balón Momper - Raiders: Don Balón Momper quere seguir manténdose en metade da taboa, polo menos, o certo é que Raiders comeza a contar as xornadas para certificar o seu ascenso matemático, e todo pasa por gañar polo menos un dos dous partidos que teñen este finde.
- Lonza - R. Portas C.B.: Lonza ven de caer derrotado ante o líder Ouxo Bouzas, e agora lles toca con outro equipo nin moito menos complicado como Portas, que a pesar de ter o seu billete para segunda, probablemente saian a por todas para non deixarse levar no que queda de liga.
- N-Beade - Ouxo Bouzas: poucas opcións para N-Beade este fin de semana, que ten que cruzarse con Ouxo Bouzas, os que non deixan de pisar o acelerador para seguir deixando inmaculadas as súas estadísticas.
- Abaco - Raiders: Abaco estivo a puntiño da victoria na xornada pasada e agora tócalle lidiar co terceiro clasificado, Raiders, que quere durmir pensando xa na súa vindeira tempada en segunda.
Sorte a todos
Un saúdo
Karnixouvas
Ningún comentario:
Publicar un comentario