Moi boas!
Vamos con un rápido repaso os resultados da pasada xornada e a previa da seguinte que andamos cortos de tempo!
- Vikings 37 - Raiders 49: Raiders segue pisando o acelerador e non pensa deixar opción na persecución do primeiro posto. Doce puntiños de vantaxe frente a uns Vikings que seguen case no fondo do pozo e non dan levantado cabeza. Confírmase a evolución de Raiders que por se alguén o dudaba é un serio candidato o ascenso a segunda.
- Abaco 24 - R. Portas C.B. 64: serio correctivo de Portas a Abaco que pasou sen pena nin gloria polo partido. Pouco futuro teñen cos resultados que están acadando. Certo é que Portas igual non era o rival para conseguir a primeira victoria, pero moito teñen que cambiar se queren conseguir algo, inda que sexa terceira. Portas pasou cómodamente por riba de eles sen contemplación.
- Black Roosters 44 - Ouxo Bouzas 57: polo resultado Black Roosters parece que estivo ahí. De todos modos Ouxo segue estando un puntiño máis arriba que gran parte dos seus rivais e tampouco arriscan máis do necesario. Black Roosters baixan un pouco na clasificación quedando octavos.
- C.B. Mariano 38 - N-Beade 21: moi poucos puntos neste partido, non vamos facer sangue porque era o das nove do domingo, e non hai ánimos para nada. Probablemente saíron os dous durmidos, pero Mariano menos e con pouco esforzo foi levando puntos o seu marcador ata chegar a 38, que son poucos para gañar un partido, pero suficientes ante un N-Beade que a pesar da derrota mantense a flote no grupo medio.
- Don Balón Momper 30 - Lonza 37: outro partido das nove da mañá do domingo. Non foi moita a diferencia de puntos, pero Lonza confirma a súa progresión e entra de cheo nese igualado grupo medio no que se atopan eles dous máis N-Beade. Momper segue ofrecendo cara e cruz xornada tras xornada, e non me aventuro a predicir o que lles depara o futuro.
- Abaco 30 - N-Beade 50: segundo partido do día para ambos no que Ábaco non puido tampouco con N-Beade que se foi ata os 50 puntos e que pecharon o fin de semana con unha victoria e unha derrota. Abaco pasou dunha dura derrota pola mañá a unha non menos dolorosa pola tarde ante un rival a priori non moi esixente, pero que semella estar moi por riba deles aún así.
- C.B. Mariano 40 - Don Balón Momper 35: se non lles chegaba a ambos ter que soportar o madrugón do domingo, quedaron tamén sen sesta obligados a xogar o partido das catro da tarde. De seguro con poucas enerxías Mariano e Momper desputaban o seu particular obxectivo. Mariano por entrar definitivamente no grupo de cabeza e Momper por seguir estando a un pasiño de conseguilo. Desta vez o premio foi para Mariano que sube o posto 4 facendo baixar a Momper ata o sexto.
- Vikings 35 - R. Portas C.B. 42: fin de semana redondo para Portas que suma dúas novas victorias con esta conseguida ante Vikings. Portas xogaba dous seguidos e atopaba en Vikings a un rival máis competente do agardado que sen embargo conseguiría manter a raia. Pola contra Vikings pechaba o finde con dúas derrotas e coa urxencia de darlle a volta os resultados nos vindeiros partidos.
E deixámosvos cos horarios da seguinte xornada sen tempo para máis, con outra gran
convocatoria para recuperar case todos os partidos suspendidos da
xornada 7, por sorte con 8 dos 9 partidos programados entre Berbés, Teis e Navia. Veremos o que da de si e se non hai sorpresas con ese programado en Balaídos.
Un saúdo
Karnixouvas
Portas 42 - Black Roosters 17
ResponderEliminarRaiders 59 Ábaco 27
ResponderEliminar