sábado, 17 de decembro de 2016

3ª División. Resultados Xornada 9 / Horarios Xornada 10

Xa estamos a metade de decembro, e cos deberes por facer, que desastre! Vamos recollendo as novidades despois desta pequena desconexión achegando os resultados da xornada 9 e os horarios da 10ª.


  • Lonza 36 - Vikings 50: Vikings acadou unha necesaria victoria ante un Lonza que está tentando aguantar o tipo pero que lle está costando neste final da primeira volta.
  • N-Beade 41 - Don Balón Momper 32: partido entre rivais directos co que queda todavía máis empatada a zona media despois da victoria de N-Beade que colle algo de aire con respecto o tren de cola, polo momento...
  • Ouxo Bouzas 49 - C.B. Mariano 47: victoria axustada de Ouxo Bouzas ante un gran Mariano que deu a talla de largo, confirmando así o seu bo estado de forma. Xa tardaba en chegar, posto que un servidor sempre pensou neste equipo como un candidato a pelexa polo ascenso.
  • R. Portas C.B. 42 - Black Roosters 17: partido cómodo para Portas que non tivo rival sobre a cancha. Black Roosters non foi quen de anotar máis de 17 puntos e de seguir así parecen condenados os postos máis baixos da categoría.
  • Raiders 59 - Abaco 25: outros dos candidatos o ascenso como Raiders non deixaron opcións a uns malogrados Abaco que asistiron a unha nova derrota. Ben pintan as cousas para Raiders esta tempada, veremos se conseguen unha de esas plazas polas que están frecuentando desde principio de tempada.
  • Don Balón Momper 43 - Vikings 42: un puntiño bastou para engadir unha victoria a Momper fronte a uns combativos Vikings que seguen intentando mellorar a súa participación na liga, buscando algo de regularidade. Esta sendo difícil para eles, pero veremos que tal se lles da a segunda volta, agora que xa coñecen ós seus rivais.
  • Lonza 42 - C.B. Mariano 50: vendo o resultado parece que foi un partido interesante, cun Mariano reforzado moralmente e un Lonza disposto a non desinflarse ante un rival con tanta tradición na competición. Non puido ser para eles, pero poden estar igualmente orgullosos do resultado.
  • N-Beade 35 - Black Roosters 23: moi poucos puntos nesta victoria de N-Beade e novo fiasco de Black Roosters. Os primeiros salvan un fin de semana moi favorable con dúas victorias. Black Roosters pola contra pechan esta primeira volta da peor forma, sen amosar nin un pouco de competitividade. Moito teñen que cambiar as cousas para que poidan facer máis ruido. Tempo, de momento, teñen.
  • Ouxo Bouzas 68 - Abaco 23: pouco que comentar deste partido, primeiro e último clasificado fronte a fronte. Claramente Ouxo está unha ou dúas categorías por enriba de Abaco. De todos modos non son o seu obxectivo, así que nada que botarlles en cara, e seguir desexándoses sorte na segunda volta, a ver se conseguen a primeira victoria.
E deixámosvos cos horarios para a xornada 10 que pasa por ser a derradeira do ano.


Saúdos 
Karnixouvas
 

4 comentarios: