Chegamos á última xornada do ano e recuperamos por fin a paridade de partidos xogados entre todos os equipos, o que nos deixa ver a clasificación real tras varias xornadas de recuperación de aprazados.
- Vikings 52 - Abaco 35: Vikings colle folgos despois de impoñerse sen problemas ante Abaco. As tres últimas xornadas saldáronse con dúas victorias e unha derrota e acumulan nesta primeira volta un balance de 3-7 que deben mellorar moito para poder asentarse na zona media. Abaco sen embargo segue de capa caída e non conseguiu ningunha victoria nesta primeira parte da competición, esperemos que na segunda consigan cambiarlle a cara.
- Raiders 46 - Black Roosters 35: a priori as apostas caían do lado de Raiders, e así foi. Sen embargo a autoridade non foi tal, tendo que lidiar co cansancio acumulado do partido xogado xusto antes contra Portas e cuns Black Roosters que fixeron unha primeira parte moi competente que non lles deixou moito marxe no marcador. Na segunda os Roosters perdían algo de intensidade, borrándose en ataque, o que facilitou que Raiders tomara vantaxe e asegurara a necesaria victoria que lles permite rematar o ano no terceiro posto.
- R. Portas C.B. 54 - C.B. Mariano 30: victoria para Portas no segundo partido do fin de semana ante un C.B. Mariano que voltou a sufrir unha abultada derrota como xa ocorrera na primeira xornada de liga. Os únicos dous equipos descendidos de segunda na tempada pasada están a ter sorte algo dispar nesta campaña. Portas leva un ritmo fulgurante cun balance de 9-1 que o sitúa na primeira plaza, empatado con Ouxo. Mariano pola súa parte comezou peor, inda que semella ir recuperando terreno e xa se atopa na cuarta plaza con 6 victorias e 4 derrotas.
- Ouxo Bouzas 76 - Don Balón Momper 28: soberana paliza de Ouxo Bouzas que segue a demostrar que está a outro nivel. Creo que a ningúen lle cabe duda de que este equipo debería estar como mínimo en segunda, onde probablemente atoparía rivais máis competentes. Mentres tanto seguirá facendo o seu traballo para que este ano pase o máis rápido posible. Don Balón Momper non ofreceu resistencia ou non puido poñer barreiras o empuxe de Ouxo, de todos modos tampouco son o seu obxectivo así que nada que comentar, so desexarlles sorte na segunda volta.
- N-Beade 50 - Lonza 43: con esta victoria N-Beade aséntase na quinta posición na táboa, despois de encandear tres xornadas consecutivas sen perder. Deberían estar contentos con este balance de 6-4 e de rematar así a primeira volta, diría que no seu tope, xa que os 4 equipos de arriba semellan estar por enriba das súas posibilidades. No partido pola contra non parece que o tiveran moi fácil, gañando por tan so 7 puntos a un Lonza que queda na octava posición empatado con Vikings e que teñen traballo que facer na segunda volta, se queren seguir buscando espacio na zona intermedia.
- R. Portas 43 - Raiders 40: dous rivais directos neste partido recuperado da 7ª xornada para desfacer o empate. Polo que comentan no seu blog, Raiders saíu decidido a pola victoria, aproveitando o arranque frío de Portas e chegando a metade do tempo con dous puntos de marxe. A segunda parte sería un "toma e daca" que levou o partido ó límite cunha pequena ventaxa para Portas que soubo administrar ata os instantes finales, levando a victoria por tres puntos. Preséntanse interesantes os futuros encontros entres estes dous equipos que sen dúbida loitaran por unha desas plazas de ascenso a segunda.
Nada máis pola miña parte, botamos o peche ata a semana do nove de xaneiro, agardando pola programación da 11ª xornada de liga e primeira do 2017.
Que pasedes todos unhas Felices Festas!!
Un saúdo
Karnixouvas
Ningún comentario:
Publicar un comentario