Con todo o pescado vendido xa en terceira, estes foron os resultados da xornada número 24ª
- Black Roosters 45 - Lonza 42: a reacción de Black Roosters chega tarde pero lles permite esquivar o último posto da táboa, pese á victoria de Abaco. Lonza chega moi indeciso a este final de liga e probablemente hastiados de non atopar o modo de coller o ritmo do vagón do medio.
- C.B. Mariano 34 - Don Balón Momper 39: Mariano volve a topar outra pedra no camiño e comeza a pasar por problemas como cando comezaron. Esta recente derrota ante Don Balón Momper costoulles xa o cuarto posto.
- Raiders 27 - Ouxo Bouzas 64: soberano repaso do líder ante o terceiro clasificado, Raiders, que demostran unha vez máis que están na categoría equivocada. Raiders a agardar outros rivais para curar as feridas.
- Abaco 45 - N-Beade 32: cuarta victoria de Abaco ante un N-Beade que fixo augas e non estivo nin parece que se lle agardara. Abaco inda ten a tiro a Black Roosters, serán quen de intercambiarlles o posto?
A vindeira xornada queda como segue:
- Lonza - C.B. Mariano: ambos equipos a arranxar os problemas que lles costou a derrota na pasada xornada. Lonza pode meter o dedo na ferida de Mariano, pero estes non son dos que dan nunca un partido por perdido e xa demostraron noutras ocasións saber saír de situacións comprometidas.
- N-Beade - Black Roosters: oportunidade para N-Beade de repoñerse da súa derrota fronte o colista, agora contra o seu inmediato perseguidor, que gañou un pouco de confianza trala victoria da xornada pasada.
- Ouxo Bouzas - Abaco: líder - colista e unha diferencia de anos luz...ánimo...
- R. Portas C.B. - Raiders: o partido da xornada e a oportunidade para Raiders de desquitarse e polo menos poñer o balance particular en 2-1. As victorias de Portas foron pola mínima, así que agardamos outro interesante encontro.
Sorte a todos
Un saúdo
Karnixouvas
Ningún comentario:
Publicar un comentario