venres, 14 de abril de 2017

3ª División. Resultados Xornada 23


A 23ª xornada en terceira división rematou cun partido menos, o de C.B. Mariano - Vikings, e coas victorias de Don Balón Momper, Abaco, Raiders e Ouxo Bouzas, que resumimos aquí.

  • Don Balón Momper 41 - Black Roosters 31: Don Balón Momper seguiu fiel o seu estatus e non deixou escapar a victoria ante Black Roosters. De aquí a final de liga non deberían perder ese 5 posto que acostuman a rondar, tendo en conta que o seu enfrontamento máis complicado será o de Mariano.
  • Lonza 36 - Abaco 48: e chegou a terceira para Abaco ante un desafortunado e descoñecido Lonza que so foi quen de anotar 36 puntos despois de facer un bo partido ante Raiders a xornada pasada. Abaco obtén así unha victoria máis que pode ser a última, tendo en conta o duro calendario que lles queda.
  • N-Beade 22 - Raiders 30: xustiño resultado e victoria para Raiders que tampouco estivo ó nivel que se agardaba ante N-Beade que con esta acumula 4 xornadas consecutivas sen gañar. Raiders pode camiñar tranquilo o resto de liga e pode permitirse baixóns coma este, sobre todo se lles sirve para chegar con forzas á copa.
  • Ouxo Bouzas 44 - R.Portas C.B. 39: o partido da xornada non decepcionou. Primeiro e segundo clasificado frente a frente neste último partido de liga entre eles cun 2-0 a favor de Ouxo. O destacado líder non tiña na mente ensuciar a súa estadística en contra e a pesar de contar so con 6 xogadores, saíu da emboscada a que lle someteu Portas, con máis banquillo e a vocación clara de afogar ó seu rival en defensa para saír adiante no partido. O empate a 16 co que rematou a primeira parte evidencian a intensidade defensiva e as dificultades para anotar por parte de ambos conxuntos. Finalmente Ouxo tirou de casta para poñerse por arriba e chegar ó final do partido cunha vantaxe corta pero suficiente para levar a victoria nun dous seus encontros máis complicados da tempada.
Que descansedes todos, voltaremos o vindeiro mércores cos horarios da xornada 24.

Un saúdo

Karnixouvas

Ningún comentario:

Publicar un comentario