Sen sorpresas en terceira despois desta 22ª xornada que deixa estes resultados e poucos cambios na zona media da clasificación
- Vikings 41 - Ouxo 97: recital de Ouxo ante Vikings, que non puido ter un retorno tan desafortunado despois da súa ausencia pasaxeira. Por se alguén albergaba dúbidas de a que xoga esta xente, ahí están eses 97 puntos como mostra do seu estado de forma. Inda teremos que agardar un pouco para ver ata onde son capaces de chegar na copa.
- R. Portas C.B. 40 - N-Beade 34: victoria tímida de Portas que tivo máis problemas do agardado para doblegar a N-Beade, que a pesar de todo non tiveron tampouco a sorte do seu lado e non puideron aproveitar o baixón do segundo clasificado para seguir apretando a Mariano.
- Raiders 63 - Lonza 54: victoria traballada de Raiders, que chegou a ir por debaixo no marcador na primeira parte e que atallaou a crise a tempo para conseguir a victoria ante un Lonza peleón que todavía pode dar algunha que outra sorpresa no que queda de liga.
- Abaco 27 - Don Balón Momper 42: Abaco rema contra corrente, poucas opcións de novo para eles ante un Don Balón Momper que selou unha victoria sen moito problema.
- Black Roosters 49 - C.B. Mariano 56: bo desempeño de Black Roosters que amosou algo máis de competitividade do habitual ante C.B. Mariano que tivo que facer o propio para non sufrir una derrota inesperada e asegurar a victoria.
A vindeira xornada 23 terá os seguintes enfrontamentos:
- C.B. Mariano - Vikings: Mariano esgotou as opcións de ascenso xa a xornada pasada, agora restan 5 para que poidan pensar na competición copeira e o seu próximo rival é Vikings, equipo que ven de sufrir unha dolorosa derrota frente a Ouxo e que tratarán de volver a recuperar sensacións canto antes.
- Don Balón Momper - Black Roosters: Momper transita na zona media da clasificación dende fai tempo e neste partido frente a Black Roosters tentarán conseguir outra victoria para seguir con bo estado anímico, algo que Black Roosters semella mellorou algo na xornada pasada e poden seguir pensando en positivo.
- Lonza - Abaco: Lonza tamén está en progresión despois das boas sensancións amosadas ante Raiders e agora reciben a un Abaco desolado que non levanta cabeza e ten moito que mellorar para poder se quera ter opcións a unha victoria.
- N-Beade - Raiders: N-Beade quere seguir facendo o posible por non amilanarse ante ningún rival por duro que sexa. A xornada pasada tivo a Portas a tiro e seguro que agora pensarán que por qué non poñer en apuros tamén a Raiders, que xa tivo problemas para tumbar a Lonza.
- Ouxo Bouzas - R.Portas C.B.: o partido da xornada, o incombustible Ouxo frente o resistente Portas. Ouxo inda non ten rival en terceira, xogan claramente a outro nivel. No pasado dúas victorias para Ouxo cun Portas combativo que non foi tan eficiente como o seu rival pero que seguro que irán a por todas na súa derradeira oportunidade.
Sorte a todos
Un saúdo
Karnixouvas
Ouxo 44 - Portas 39
ResponderEliminarAhora que está todo decidido en tercera, ¿nos animamos a realizar el mejor cinco inicial de la división?
ResponderEliminarFácil... cualquier quinteto de los de Ouxo
ResponderEliminar