martes, 5 de abril de 2016

2ª División. Resultados Xornada 21


Moi boas! A xornada 21 en Segunda deixounos victorias axustadas e algunha que outra sorpresa que imos ver a continuación:

  • C.B. Cahersa Globossol 58 - Amfiv 2 35: unha desas sorpresas, non tanto pola victoria de Cahersa, se non máis ben polo marcador. Non sabemos o que pasou, pero o certo e que é raro ver un equipo como Amfiv 2, que acostuma a marcar unha media de 50 puntos por partido, meter so 35 e perder de máis de 20...Bos tempos corren para Cahersa nesta terceira volta.
  • C.B. Los 80's Alcabre 30 - Neogeo Lunic 32: victoria axustada de Neogeo no que semella foi un partido moi desputado no que conseguiron estar un puntiño por enriba dos de Alcabre, volvendo así a esa codiciada terceira plaza que segue en xogo, e que non lles vai permitir cometer erros a ningún dos dous.
  • Colegio Mariano 41 - Miami 42: victoria pola mínima de Miami e global por 2-1 entre eles nun partido que polo que contan estivo a tope de intensidade e que o corto banquillo de Miami, sumado ás faltas, levounos a ter que xogar os derradeiros minutos con catro.
  • Dragon's Spirit 43 - Guitian Kids 54: a outra sorpresa da xornada, protagonizada polo 6º e 7º clasificados, onde os a priori menos competentes Guitian fóronse ata os 54 puntos ante uns Dragon's que ven cortada así a súa racha de victorias e que non poden botarse a durmir nos vindeiros partidos.
Que vos pareceu a xornada? Apostades por algunha sopresa máis de aquí a final de tempada?

Saúdos

Karnixouvas

1 comentario:

  1. Un de 2ª5/4/16 11:52

    Pareceume que só atinei un partido, jejej, vaia Rappel que estou feito.

    Dende logo que haberá sorpresas, sempre depende dos xogadores que vaian ó partido, o que se xoguen, e incluso o árbitro de turno, por riba moito ainda que decidir, por baixo o peixe vendido.

    Saúdos.

    ResponderEliminar