Bos días! Chegamos á 24ª xornada en segunda división, o que nos deixa nas últimas catro xornadas para o remate da liga.
- Amfiv 2 - Dragon's Spirit: segundo e sexto clasificado veranse as caras por última vez na temporada. O balance é de 2-0 para Amfiv 2. A priori Amfiv non debería ter problemas para impoñerse, pero Dragon's xa demostrou na xornada pasada ante Neogeo que pode ser competitivo, e non lles ven mal unha victoria coma esta. Veremos en que queda.
- Basket Hound - Colegio Mariano: sendas victorias no pasado para os Hound e non creo que ninguén aposte por algo diferente para o terceiro partido. Basket segue arrasando e estano a pasar ben. Mariano de seguro buscará o mesmo, pasalo ben, conscientes da súa posición e pensando na vindeira campaña en 3ª.
- C.B. Cahersa Globossol - C.B. Los 80's Alcabre: o partido máis interesante da xornada. Nesta segunda volta Cahersa foi quen de tumbar a equipos como Amfiv 2 ou Neogeo, so lles queda o seu némesis, C.B. Los 80's Alcabre, a quen non foron capaces de impoñerse nos outros dous partidos, perdendo iso si por unha mínima diferencia. Pola súa banda Alcabre ten deberes que facer e ponde esgotar as súas posibilidades de ascenso nun abrir e pechar de ollos. Veremos se ambos conxuntos acuden con todos os seus efectivos para ofrecer un bonito partido.
- Neogeo Lunic - Guitian Kids: trámite importante para Neogeo neste partido que lles enfrentará a Guitian Kids. Unha victoria meteríalles pe e medio en primeira, pero sabido é que canta máis responsabilidade hai, mais erros se cometen. De todos modos a priori non deberían ter problemas para impoñerse a Guitian Kids, que conta todavía con unha opción e depende a súa vez de moitas carambolas para manterse en segunda división.
Voltamos o martes cos resultados
Karnixouvas
Vamos a por el pleno...todo 1!!
ResponderEliminarCon suerte los de Cahersa serán 5, van a tener problemas éstos últimos 4 partidos.
ResponderEliminarAmfiv 2 - Dragon's Spirit: os locais xóganse moito na táboa se queren manter a segunda praza, xa que Neogeo veñen fortes por detrás e cun calendario favorable. Por contra os visitantes teñen un calendario negro coma a súa equipaxe de aquí ó final e por riba sen o seu mellor estilete ofensivo por sanción (fraco favor lle fixo ós seus compañeiros, 7 partidos para o anxeliño...). Con todo, partido interesante onde coido que gañará Amfiv.
ResponderEliminarBasket Hound - Colegio Mariano: partido sen historia algunha, o mellor sen dúbida contra o peor sen dúbida. Cheira a chosca. Un 1.
C.B. Cahersa Globossol - C.B. Los 80's Alcabre: gran encontro entre un Cahersa que non se xoga nada, e un Alcabre que se xoga a vida. Non poden pinchar se se queren meter no podio, e os dos globos non llo van poñer sinxelo, salvo que teñan moitas baixas como indica un compañeiro no foro. Arrisco cun 1.
Neogeo Lunic - Guitian Kids: partido a priori doado para os locais, que cascaron ben no seu contrincante nos partidos da 1ª e 2ª volta. Pero Guitián ten días onde o fai moi ben, e non desboto que houbese unha sorpresa, ademáis de que xogan no Carmen, o cal non favorece ós tiradores de Neogeo. Veremos que pasa, pero se hai que xogarse os cartos, un 1.
Saúdos.
Bueno aunque ando por Mallorca hemos ganado baskethound 57- Mariano 18 matemáticamente somos primeros
ResponderEliminarNeogeo ganó a Guitian
ResponderEliminarAlcabre ganó a Cahersa
ResponderEliminarBuenos días
ResponderEliminarHe escuchado por ahí que este año, finalmente habrá copa entre 2ª y 3ª, ¿sabéis algo al respecto?
Al parecer es para compensar las jornadas a mayores de 1ª...
Si, el sorteo este jueves
ResponderEliminar