mércores, 20 de abril de 2016

2ª División. Resultados Xornada 23


Boas! a 23ª xornada en segunda división rematou sen sorpresas, onde os mellor clasificados venceron nos seus respectivos encontros. Imos botarlle un ollo con máis detalle.

  • C.B. Los 80's Alcabre 51 - Basket Hound 56: Basket Hound segue con paso firme a pesares de estar xa en primeira desde a xornada pasada. Nesta xornada volveron demostrar porque están onde están, inda que polo que comentan o partido estivo moi interesante, con un Alcabre moi combativo que non deixou que Basket collera moito aire ata poñerse a tres puntos nos instantes finais. Noraboa a ambos polo tanto.
  • Colegio Mariano 28 - Amfiv 2 60: victoria contundente de Amfiv 2 que quere desquitarse dos últimos malos resultados que tantas dudas xeraron no seu conxunto. En esta ocasión Colegio Mariano sufriu nas súas propias carnes a un Amfiv 2 que polo que parece non tivo moitos problemas para irse arriba no marcador, ata rematar con máis de 30 puntos de diferencia.
  • Dragon's Spirit 50 - Neogeo Lunic 55: victoria importante para Neogeo Lunic que empeza a darlle forma ao terceiro posto polo que tanto están loitando. A derrota de Alcabre dalle máis alas se cabe. Partido moi desputado cuns Dragon's moi competentes que non lle perderon a cara ao partido en ningún momento.
  • Guitian Kids 44 - Miami 24: victoria sen problemas para Guitian Kids ante un Miami descoñecido no que probablemente tiveron poucos recursos cos que enfrontarse, como apuntaban no seu blog. Guitian segue perseguindo o obxectivo da salvación que unido á derrota de Dragon's, inda que dificil, está máis preto. 
Un saúdo

Karnixouvas

1 comentario:

  1. Se admiten apuestas, quedando 4 jornadas por disputar este es mi pronóstico para el final de liga...
    1) Basquet Hound
    2) Amfiv
    3) Neogeo
    4) Alcabre
    5) Cahersa
    6) Dragons
    7) Guitian
    8) Miami
    9) Mariano

    Por abajo la cosa está clara desde hace tiempo, y aunque Guitian se resigna a bajar los brazos, no va a llegar a coger a Dragon, además de parecerme mucho más equipo que ellos. Por arriba, sin embargo, a pesar de estar muy ajustada la 3ª plaza, por calendario, creo que lo tiene mejor Neogeo, pero hasta que no se jueguen...
    Aprovechar para dar mi enhorabuena a los Hound, han demostrado ser, de largo, el equipo más completo, más que merecido ese ascenso a falta de 4 partidos.
    Un saludo

    ResponderEliminar