xoves, 7 de abril de 2016

2ª División. Horarios Xornada 22


Nova xornada, a 22ª en segunda división, onde pouco a pouco vanse asegurando as posicións na clasificación, pero que inda pode deparar sorpresas.

  • Miami - Dragon's Spirit: Miami ven de gañar o seu terceiro partido co xogado a xornada pasada fronte a Mariano, e con él xa están na súa media de un partido gañado por volta. Se teñen sorte e consiguen acudir bastantes á convocatoria poderán facerlle fronte o seu rival, Dragon's Spirit, que pola súa banda ven de perder con Guitian Kids. No global, reparto de victorias, cun interesante partido na primeira volta no que gañou Miami con prórroga incluída, e unha victoria para Dragon's na segunda onde sacaron toda a artillería para levarse un partido cómodo.
  • Neogeo Lunic - Colegio Mariano: Neogeo ten nas vindeiras xornadas máis que partidos, finales, xa que non poden cometer erros se non queren volver a baixar do caixón do terceiro clasificado. No seu recente partido con C.B. Los 80's Alcabre conseguiron a victoria cun tanteo baixo e seguro buscarán despexar todas as dudas frente a Colegio Mariano, que se converteu a semana pasada no novo colista da categoría. Inda así Mariano non é deses equipos que baixa os brazos e pelexan sempre ata o final algo que deben ter moi en conta os de Neogeo. No global, sendas victorias fáciles para Neogeo Lunic.
  • Amfiv 2 - C.B. Los 80's Alcabre: Este será o segundo partido do fin de semana para Amfiv 2, que terá que enfrontarse a Basket Hound o sábado. Dependendo de como chengen ao domingo veremos se son capaces de manter a talla e demostrar oficio, algo que lles faltou na xornada pasada coa importante derrota ante Cahersa. Alcabre estará no outro lado, desexando atoparse cun Amfiv 2 canso que lles facilite as cousas para conseguir un valioso punto a favor na súa particular loita polo ascenso.
  • Basket Hound - C.B. Cahersa Globossol: Tempo para a épica por parte de C.B. Cahersa Globossol. Despois de pasarlle por enriba a Amfiv 2 na xornada pasada teñen a oportunidade de demostrar o seu bo estado de forma facendo o propio co líder, Basket Hound, que chegará ao domingo despois de terse enfrontado xusto o día antes a Amfiv 2 no partido aplazado. Oportunidade de ouro para Cahersa de facer dano aos de arriba e seguir acadando bos resultados. No global, reparto de victorias con resultados moi axustados.
  • Amfiv 2 - Basket Hound: Duelo no cumio entre os dous primeiros clasificados. Amfiv 2 buscará ante todo recuperar esa primeira plaza que perdeu fai tres xornadas, pero non vai ser fácil tendo diante a un rival como Basket Hound. Entre o parón de semana santa, xornada de descanso e partido aplazado, os de Basket levan case un mes sen pisar as canchas, algo que pode xogar na súa contra ou que tamén pode facer que veñan con máis ganas. No global, reparto de victorias.
Un saúdo

Karnixouvas

12 comentarios:

  1. Un de 2ª7/4/16 13:08

    Miami - Dragon's Spirit: Dame a sensación de que Dragon's xa da a tempada por rematada, e dependendo dos que vaian a xogar e as gañas, pois de aí saen os resultados. Miami ten tódalas gañas do mundo, sobre todo despois de sair por fin da última praza, e sabendo que compiten ben, e que xa gañaran a Dragon's na 1ª volta. Vou apostar polos locais.

    Neogeo Lunic - Colegio Mariano: partido sen historia ningunha, xa que son os partidos onde Neogeo barre e disfruta. No 1º +17, no 2º +39, ¿serán quen de superarse? Por outra banda, e como teño dito, Mariano, sentíndoo moito, por fin está no posto que merece, o de colista. Un 1 fixo.

    Amfiv 2 - C.B. Los 80's Alcabre: Amfiv tivo moita sorte en moitos partidos a principios de liga, e xa son varios os equipos que aprenderos a xogarlles e gañarlles. Frente a eles, os amarrategui de Alcabre, o que augura un tanteo baixo. Así e todo, confío en Amfiv, xa que penso que ten mellor equipo.

    Basket Hound - C.B. Cahersa Globossol: Partidazo da xornada. O líder sobrio e mellor equipo da categoría sen discusión, fronte a un dos equipos máis en forma do momento, e o único que logrou dobregalos. Todo pode pasar, pero estou cos locais.

    Amfiv 2 - Basket Hound: O outro partido da xornada. Unha victoria para cada un, e o título en xogo. Penso que os cadelos están un punto por riba de Amfiv, polo que voto por eles.

    A ver se atino máis que a semana pasada, jeje.

    Apertas.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo8/4/16 12:28

    Mis apuestas:
    - Miami
    - Neogeo
    - Amfiv
    - Basket Hound

    - Basket Hound

    ResponderEliminar
  3. Después de un mes sin jugar ningún partido, supimos jugar bien nuestras cartas y nos llevamos el primero de estos dos partidos que tenemos este finde,baskethound 35- amfiv 27 creo recordar

    ResponderEliminar
  4. Mariano perdió contra Neogeo

    ResponderEliminar
  5. Alcabre gana a Amfiv

    ResponderEliminar
  6. Uno de que lo vio10/4/16 19:27

    Dragons le ha ganado a Miami

    ResponderEliminar
  7. Segundo partido del finde y Victoria Baskethound 51-Globossol 34, matemáticamente somos equipo de primera

    ResponderEliminar
  8. Anfiv2: 43 Alcabre:55

    ResponderEliminar
  9. Parece que Anfiv2 se borra un poco en las últimas jornadas, no?

    ResponderEliminar
  10. Juez Dredd11/4/16 09:43

    Ufff, mucho tendrían que perder para que se les complicara el ascenso... normal que se dejen ir un poco, tienen el curro hecho.

    ResponderEliminar
  11. Pues yo no me confiaría mucho, como pierden 2 más y ganen todos, tanto Neogeo como Alcabre (cosa que también es complicada...) la cosa se va a poner interesante!!

    ResponderEliminar
  12. Al parecer no tienen pensado ascender a 1ª, así q tampoco les importará mucho

    ResponderEliminar