Chegamos á 23ª xornada en 2ª División, con catro novos enfrontamentos nos que comezan a definirse as posicións finais da categoría, ascensos, permanencia e descensos.
- C.B. Los 80's Alcabre - Basket Hound: dos catro partidos desta fin de semana este podería ser o que leve a bandeira de "partido estrela", no que tomarán parte dous deses equipos que atravesan un bo momento nos seus respectivos obxectivos. Basket xa é equipo de primeira e Alcabre persegue o mesmo fin, polo tanto botarán o que teñan para recuperar a terceira plaza en posesión de Neogeo. Nos pasados enfrontamentos victorias para Basket por 12 e 13 puntos de diferencia.
- Colegio Mariano - Amfiv-2: Amfiv-2 non atravesa un bo momento, e os rumores sobre as súas intencións con respecto ao ascenso comezan a coller forma. Na pasada xornada saíron derrotados nos dous partidos que xogaron e Colegio Mariano probablemente estará disposto a aproveitar a ocasión para sacar tallada.
- Dragon's Spirit - Neogeo Lunic: Dragon's leva unha tempada un tanto irregular, pasando por rachas boas e malas que os situan na última plaza da permanencia a expensas do que pase nas vindeiras xornadas. Agora tócalles un rival como Neogeo, que ten por diante catro finais para selar o seu pasaporte de entrada a primeira división. No global, reparto de victorias. Quen levará a definitiva?
- Guitian Kids - Miami: Guitian volveu botarlle sal ao asunto da permanencia gañando e metendo máis de 50 puntos nos seus dous últimos partidos, levando por diante nun deles ao seu principal rival, Dragon's Spirit. A diferencia con eles (9 victorias fronte a 6) parece amplia, pero de seguro non van deixar de esforzarse por conseguilo. En fronte Miami que non quere volver a ser colista e tratará de gañar algún partido, antes da costa arriba que teñen no calendario.
Un saúdo
Karnixouvas
Ganadores: Basket Hound, Anfiv 2, Neogeo y los Kids
ResponderEliminarC.B. Los 80's Alcabre - Basket Hound: As posibilidades de podio de Alcabre pasan por este partido. Se gañan, poderán seguir pelexando pola 3ª praza, se palman, adeus. E os Hound son o mellor equipo da Liga con holgura, co cal, parece que vai estar a cousa disputada. De todas formas, aposto claramente polo 2º.
ResponderEliminarColegio Mariano - Amfiv-2: O 2º clasificado está a pasar por unha racha que penso que nin recordaban, con tanta derrota seguida. Bo finde para desquitarse contra o colista, máis colista que nunca.
Dragon's Spirit - Neogeo Lunic: O outro partido da xornada. Se vemos a clasificación pensaríamos nunha victoria clara de Neogeo, pero sabemos que Dragon's é capaz do peor e do mellor, e xa lle mollaran a orella ben mollada ós constructores na 1ª volta, asi que vai depender do día que ambos teñan. Nembargantes, aposto por un 2.
Guitian Kids - Miami: Gran partido por abaixo, cun Miami que busca maquillar ainda máis a súa situación, fronte a un Guitián que non quere coñas e aférrase ó milagre da salvación, algo que penso que nin de coña. Un 2.
Saúdos.
Dragon's 50
ResponderEliminarNeogeo 55
Basket Hound gana a Alcabre de 4 o 5 puntos.
ResponderEliminarBasket Hound empezó con un parcial de 2-10 que les permitió jugar muy tranquilos todo el partido.
Alcabre no tiro el partido en ningún momento y lo pelearon hasta el final, pero los Hound, supieron rentabilizar las ventajas obtenidas en los primeros minutos, no se pusieron nerviosos metieron los libres finales y supieron cerrar el partido.
En en último minuto y jugando al triple a la desesperada Alcabre llego a ponerse a 3 y posesión pero las prisas hicieron que no lo supieran gestionar bien.
Bonito partido donde el pivot de los Hound marco diferencias en ambos aros.
Lo mejor, la camaradería entre ambos equipos que se fajaron limpiamente y se dedicaron a jugar al baloncesto.
Lo peor, el pabellón: Jugar en el Carmen se hace complicado: Pista de baldosa, líneas borrosas, marcador engañoso, ausencia de banderas del bonus...