martes, 22 de marzo de 2016

2ª División. Resultados Xornada 20

Moi boas!

Aproveitamos o post para saudar ao novo colaborador "Arriaza" que vainos traer novas de primeira división, e que coa súa primera aportación, xa promete. Benvido!

Agora so nos falta un colaborador para terceira. Sabemos que estades ahí, non queredes escoitar falar da vosa categoría? Animádevos!

Polo que respecta a segunda, xornada algo máis corta do habitual co aprazamento do partido dos líderes. Vexamos como foron os tres partidos desputados esta fin de semana.

  • Guitian Kids - Colegio Mariano: victoria para Guitian Kids, inda que non sabemos como quedou o partido, xa que os da organización deben estar de "holideis", e vos sodes uns lacazáns que non puxestes o resultado nos comentarios...Así que pouco que aportar...partido no grupo de cola con victoria para Guitian Kids que toman a revancha e acadan o resultado global de 2-1 nos seus enfrontamentos.
  • Miami 36 - C.B. Los 80's Alcabre 40: victoria traballada para os de Alcabre que tiveron en fronte, polo que contan, a un máis que competente Miami que non baixou os brazos en ningún momento e que foi quen de chegar a un empate a 36 a falta de pouco para rematar o partido. Os de Alcabre tiveron que tirar de casta para amarrar un resultado que non se lles podía escapar, e que lles ven de perlas co pinchazo de Neogeo Lunic.
  • Neogeo Lunic 36 - C.B. Cahersa Globossol 45: terceira victoria consecutiva para Cahersa que leva unha clara progresión ascendente con este importante resultado acadado frente a un dos aspirantes o ascenso como Neogeo. A falta de persoal desta vez foi a caer do lado deles e Cahersa poido aproveitar a ocasión para levarse unha victoria que pon se cabe, máis pementa na zona intermedia da clasificación. Neogeo terá que resolver a papeleta a vindeira xornada fronte o seu principal rival C.B. Los 80's Alcabre, para seguir tensando a corda.
Nada máis por aquí. Desfrutade da Semana Santa. Voltaremos coas novas da xornada 21.

Saúdos

Karnixouvas

5 comentarios:

  1. Hombre resumir todo en que Cahersa ganó porque Neogeo eran pocos es mucho resumir, en Neogeo eran 6 y en Cahersa 7 ya que un octavo jugó al final cuando el partido estaba ya decidido.

    ResponderEliminar
  2. Un Cahersa llorando??? Qué raro!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Joder el otro día ya te pedí Kleenex y aún no me los dejaste.

      Eliminar
  3. Para tu información no soy de Cahersa, eres un puto cansino, háztelo mirar lo tuyo es de psicólogo. O sino dile si te quieren fichar joder y se te cumpliría un sueño pero para eso tendrías que decir quien eres y creo que eso no va a pasar, cobarde, además que cojones van a llorar si ganaron.

    ResponderEliminar
  4. Guitian 53 Mariano 29

    ResponderEliminar