Xa estamos!! "Ante todo mucha calma" como dirían os grandes de Siniestro, que non vos poida a ansia, que estamos de estrea e con zapatos novos ;-)
Como esta é a miña primeira incursión oficial, espero sexades condescendentes e deixedes as armas na porta (por fora).
Imos o tema. Xornada prácticamente sen sorpresas onde os de arriba fixeron os deberes e os de abaixo caeron derrotados, quedando os equipos da zona media con partidos moi disputados onde puido pasar de todo.
- Miami 30 - Amfiv 2 78: Pero que pasou aquí!! Vale que os rapaces de Miami van de últimos e o todopoderoso Amfiv 2 non da o brazo a torcer, pero moi mal teñen que sair as cousas para meterlles unha paliza de case 50 puntos... Botando un ollo ao seu blog saímos de dudas, e vemos que Miami non puido reunir máis de cinco persoas para o partido, unha pena xa que inda sendo un partido complicado para Miami poderían poñerllo un pouco máis difícil como fixeron na primera volta, onde perderon tamén pero de outro xeito (56-52).
- Guitian Kids 45 - Basket Hound 54: melloría clara para Guitian Kids a pesares da derrota ante Basket Hound, se temos en conta que estamos falando do equipo menos anotador da categoría e que levaba unha media de 30 puntos por partido durante as últimas 5 xornadas. Os "cans" tiraron de casta e amarraron un resultado positivo para seguir levando a batuta da categoría (co permiso de Amfiv 2).
- Dragon's Spirit 54 - C. B. Cahersa Globossol 49: outro partido que semella foi disputado onde dous rivais directos pelexaron ata o final e onde os Dragon's levaron a victoria. Desquite pois para eles despois de perder na primeira volta por un resultado similar. Marcade este emparellamento para a derradeira volta se queredes ver un partido entretido.
- Colegio Mariano 33 - C.B. Los 80s Alcabre 35: a piques de dar a sorpresa da xornada, Colegio Mariano plantouse diante do cuarto clasificado para dicir "aquí estamos nos". Un partido con pouca anotación pero de seguro que con moitos nervios. A balanza inclinouse finalmente para os de Alcabre que inda teñen marxe para cometer erros por abaixo, pero que non deben despistarse se buscan amarrarse a corda dos de arriba.
- Amfiv 2 61 - C.B. Cahersa Globossol 46: Madrugón para estes dous equipos que tiñan pendente este partido desde a xornada 12 e que quedaron emplazados o domingo en Bouzas ás 9 da mañá. Parece que máis frescos chegaron os de Amfiv 2 que pouco tiveron que esforzarse no seu partido do sábado ante Miami. Cahersa pola contra viña de tratar cos Dragon's e non sabemos se pasaría factura. O certo é que Amfiv volveu pisar o acelerador, rematando este fin de semana sendo o único equipo que pasou dos 60 puntos, xogando dous partidos.
E ata aquí podemos ler. Como dicíamos, xornada sen sorpresas que fai aos líderes máis fortes o aos de abaixo se cabe máis febles. A ver que acontece na próxima xornada.
Aproveito a estrea para tirarvos un pouco das ourellas aos que non falades dos vosos equipos no blog. Non sexades lacazáns!! Non vos pido que fagades un blog, como os amigos de Neogeo Lunic e Miami, pero facede o esforzo de escribir inda que sexa un comentario coas vosas impresións, unha frase con 6 ou 7 palabras, que non é tanto! e así tamén poñédemelo máis fácil :-P
Grazas por lerme, voltaremos o xoves cos horarios da seguinte xornada.
Karnixouvas
Bienvenido Karnixouvas, muchas gracias por tu tiempo y esfuerzo.
ResponderEliminarMoitas grazas!
EliminarPermitidme desde esta tribuna guardar un figurado mínuto de silencio por el presidente del Celta femenino, Paco Araujo. Ha fallecido uno de los grandes defensores del baloncesto Vigues.
ResponderEliminarSi en la versión masculina hubiésemos encontrado en Vigo a alguien que trabajase tanto y tan bien por nuestro deporte no dudo de que en Vigo habría un equipo en ACB o al menos un proyecto serio de baloncesto.
DEP
ResponderEliminarMagoa que a terceira non exista.
ResponderEliminarExistir, existe, o que non temos é xente que colabore nesa división. Como comprenderás os de primeira e segunda non imos falar de terceira!
EliminarPOIS, FAINA TI. ;-)
ResponderEliminar