A 20ª xornada está a volta da esquina, e desta vez teremos un partido de menos, e vaia partido..., nin máis nin menos que os dous galos do corral, Amfiv-2 e Basket Hound. Será que queren ter todos os efectivos para un enfrontamento en condicións? Teremos que agardar para saber en que queda. Botemos un ollo o resto de emparellamentos:
- Guitian Kids - Colegio Mariano: Duelo na parte baixa da clasificación, esgotando as opcións de salvarse da criba do descenso. Fronte a fronte o equipo menos anotador da categoría (Guitian: 528) e o máis "anotado" (C. Mariano: 827). Reparto de victorias nos pasados encontros (X2: Guitian 30 - Mariano 29) (X11: Mariano: 52 - Guitian 35) co que pode pasar de todo.
- Miami - C.B. Los 80's Alcabre: Un dos actores da trama "O Terceiro posto e meu" non pode cometer errores, sabendo que o outro implicado (Neogeo) ten a mesma responsabilidade. Neste caso a priori o partido de Alcabre ten máis visos de rematar ben para eles. Miami non foi quen de gañarlles un partido, inda que na segunda volta estiveron a piques de dar a nota discordante perdendo por 38-41. Non lles estarán acompañando os resultados, pero ningúen pode dicir que non están tentando ser competitivos.
- Neogeo Lunic - C.B. Cahersa Globossol: Partido entre terceiro e quinto clasificados. Os dous teñen deberes por facer, pero os de Neogeo Lunic necesitan facelos ben para preparar o exame de acceso a primeira, que segue estando aberto. Cahersa terá que facer fronte ao balance negativo ante eles, nun momento delicado en canto a asistencia do que esperamos estean recuperándose.
Esta xornada queda coxa co aprazamento do partido dos líderes, pero como vedes os demais? Botades quiniela?
Saúdos
Karnixouvas
Saúdos
Karnixouvas
Guitián Kids - Colegio Mariano: Como xa indicaba a semana pasada, considero a Mariano o equipo máis frouxo, e penso que na quiniela haberá un 1.
ResponderEliminarMiami - C.B. Los 80's Alcabre: Miami non pode perder máis partidos, pero diante teñen a un Alcabre que non pode perder. Un 2.
Neogeo Lunic - C.B. Cahersa Globossol: debería ser un partido disputado, pero Neogeo non pode perder tampouco, e Cahersa xa non se xoga nada, dende o meu punto de vista. Un 1.
Apertas.
Miami 36 - Alcabre 40
ResponderEliminarMás resultados please.
ResponderEliminarMarchasteis todus de Vigo?
ResponderEliminarEn el partido anterior gano Guitians a Mariano
ResponderEliminarVeamos, tras la última jornada, parece que Alcabre gano sufriendo a Miami!!! y el poderosísimo Neogeo palmo con Globosol.
ResponderEliminarParece que las cosas ya no están tan claras, a los "persiguidores de la 3ª plaza" les tiembla el pulso y los de abajo vienen empujando (no tienen nada que perder).
Sí Dragons y Globosol tuvieran a todos sus componentes todo el año, otro gallo cantaría.
No veo paseos triunfales para nadie, de entre los 6 primeros cualquiera le puede ganar a cualquiera, la clasificación final va a depender de pequeños detalles. A estas alturas y tras el comienzo horrible de Dragons hasta ellos tienen sus opciones. Lo que pasa es que precisamente debido a la igualdad existente un día pierdes con unos y otro día les ganas a otros y pierden los anteriores y al final los que ahora están arriba tienen un pasito de ventaja. Sí Neogeo le vuelve a ganar a Alcabre se pondrán otra vez de terceros y basket-average a favor, por contra si pierden se quedaran a dos victorias y basket-average en contra.
ResponderEliminarEsto esta muy emocionante, efectivamente hay mas baloncesto a parte de primera.
De aquí al final lo vamos a pasar muy bien y yo creo que seguirá habiendo sorpresas.