Quedou atrás xa a semana de descanso e retomamos o ritmo de competición coa 21ª xornada de liga en segunda división, que nos traerá 4 novos enfrontamentos cos seus particulares obxectivos. Botémoslle un ollo a cada un deles.
- C.B. Cahersa Globossol - Amfiv 2: Os rapaces de Cahersa están coa moral alta trala súa victoria fronte a Neogeo Lunic e de seguro estarán dispostos a facer un partido moi serio ante un dos rivais máis competentes da categoría como Amfiv 2, que leva tan so dúas derrotas tras 16 partidos. O balance é para eles con dúas victorias por 5 e 15 puntos de diferencia. Veremos que pasa.
- C.B. Los 80's Alcabre - Neogeo Lunic: enfrontamento directo pola terceira plaza que xa leva moitas xornadas cos mesmos protagonistas. O partido promete, xa que hai moito en xogo e o balance de 1-1 non permite aventurarse sobre quen pode levar a voz cantante.
- Colegio Mariano - Miami: os colistas cara a cara sen máis aliciente que ver quen leva a victoria global nos seus enfrontamentos. Polo momento 1-1. Mariano gañou de 3 na primeira volta e Miami de 5 na segunda, moitas dúbidas polo tanto nun partido que se pode resolver con moi pouca diferencia.
- Dragon's Spirit - Guitian Kids: Os Dragon's están en racha, nas últimas cinco xornadas tan so cederon ante os líderes Basket Hound e Amfiv 2, impoñéndose fronte a C.B. Los 80's Alcabre ou C.B. Cahersa Globossol. Na outra banda Guitian, que despois da victoria ante Colegio Mariano, estarán desexosos de volver a repetir sensacións.
Karnixouvas te mojas menos que Manolo Tena en el concierto de los Rolings.
ResponderEliminarMi apuesta: Victorias de Globosol, Neogeo, Miami y Dragons. Porque me da por ahí, pero la lógica da victorias para Anfiv2 y los 80s.
As apostas déixovolas a vos, que se non a min bótanme aos cans :-P
EliminarC.B. Cahersa Globossol - Amfiv 2: O segundo partido da xornada, dous bos equipos, partido complicado de dar un veredicto, pero vou sobre seguro e aposto que gaña Amfiv.
ResponderEliminarC.B. Los 80's Alcabre - Neogeo Lunic: o partido da xornada. Alcabre duro de roer, gaña os seus partidos por moi poucos puntos, sempre a rastras, e Neogeo, ou barre ou cae ben caído. Leo no seu blog que andan faltos de xente, co que aposto por Alcabre.
Colegio Mariano - Miami: dilucidarase a praza de colista, e penso que caerá Mariano.
Dragon's Spirit - Guitian Kids: Penso que Dragon's non vai máis arriba por faltarlles xente a determinados partidos, pero non é excusa xa que é algo que lles pasa a todos. Guitian non debería ser rival para eles, un 1.
Correxir ó bo de Karnishouvas, Dragon's perdeu de 20 con Neogeo na 2ª volta, na 1ª si que gañaran.
Saúdos.
Grazas polo apunte! Xa está corrixido
EliminarDragons perdió de 11 contra Guitian. Gran partido de los Kids con un acierto a canasta espectacular y partidazo en particular de su pívot, al que en ningún momento fueron capaces de parar los de Dragons.
ResponderEliminarMariano 41 - Miami 42, jugando Miami los últimos 3 minutos con 4 jugadores
ResponderEliminarCahersa gana a Amfiv y Neogeo a Alcabre.
ResponderEliminarCahersa 58 - Amfiv 35
ResponderEliminarAlcabre 30
ResponderEliminarNeogeo 32