xoves, 3 de marzo de 2016

2ª División. Horarios Xornada 18



Moi boas. Entramos de cheo no mes de marzo coa 18ª Xornada de liga en 2ª división, que pasa por ser a derradeira da segunda volta e que se vai disputar enteramente ao largo do próximo domingo. Parece ademáis que hai primavera adiantada e podemos estar seguros de que Balaídos estará en óptimas condicións porque hai dous partidos programados alí...voltamos as andadas...

Imos co resumo dos enfrentamentos:
  • Basket Hound - Miami: a xornada comezará co partido entre o segundo e o último clasificado. Basket Hound non ten pinta de querer perder ningún partido máis para seguir disputándolle o título a Amfiv 2 e vaino ter máis fácil que eles o enfrontarse a Miami. Ao colista lle toca de novo un dos "cocos" da categoría inda que probablemente estará desexando arranxar a desfeita do partido da xornada pasada.
  • Amfiv 2 - Neogeo Lunic: importante choque entre o primeiro e terceiro que se agarda emocionante. Amfiv 2 segue mandando na categoría sen amosar debilidades. Pola súa parte Neogeo ten a oportunidade de dar un golpe sobre a mesa para que comecen a telo máis en conta. Unha victoria para eles suporía, de momento, seguir pelexando pola disputada terceira plaza.
  • C.B. Los 80s Alcabre - Dragon's Spirit: os de Alcabre son os outros implicados na trama do terceiro posto. Levan tres partidos seguidos sen perder, inda que gañando dous deles moi xustiños como o da xornada pasada fronte a Mariano (33-35). Diante terán a Dragon's, que veñen de gañar a Cahersa pero que non acaban de atopar o xeito de escalar posicións na taboa. De eles depende darlle a volta o asunto. Tempo teñen.
  • C.B. Cahersa Globossol - Guitian Kids: e por último atopamos a Cahersa e Guitian Kids. Cahersa colleu gusto á zona media da clasificación e parece que botaron raíces porque levan 8 xornadas no mesmo posto. Teñen máis preto a cola que a cabeza da táboa, polo que faiselle imprescindible sumar unha victoria nesta xornada. Guitian Kids ten o seu alcance coller algo de distancia cos dous últimos clasificados e comezar a ver a luz ao final do túnel, pero precisan estar máis finos para optar a algo máis que a pelexar por saír dos postos de descenso.
Sorte para todos este fin de semana. Agardo os vosos comentarios sobre os partidos para preparar a crónica de resultados do vindeiro martes. Facedes o esforzo? Veña!!

Saúdos

Karnixouvas

17 comentarios:

  1. Voy a hacer tres apuestas:
    1ª Neogeo gana a Anfiv 2.
    2ª Dragons gana a Los 80s
    3º Mariano esta semana no pierde.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo3/3/16 21:46

    Una seguro que la fallas

    ResponderEliminar
  3. Anónimo4/3/16 07:19

    Y UNA SEGURO QUE NO.

    ResponderEliminar
  4. Anónimo4/3/16 10:35

    Esta semana ganan Amfiv 2, Basket Hound, Alcabre y Globossol.

    ResponderEliminar
  5. Anónimo4/3/16 12:15

    4 "UNOS" EN LA QUINIELA.
    SE VE QUE JUGAR EN CASA INFLULLE.

    ResponderEliminar
  6. Anónimo4/3/16 13:07

    Se tienen que jugar, non votedes o carro diante dos bois, Neogeo, los Kids y Dragons no van a ir de paseo.

    ResponderEliminar
  7. Anónimo4/3/16 15:44

    Mi quiniela:
    Suspendido
    Suspendido
    Suspendido
    Suspendido

    ResponderEliminar
  8. Anónimo6/3/16 11:45

    Neogeo gana a Anfiv

    ResponderEliminar
  9. Anónimo6/3/16 14:40

    Baskethound ganó

    ResponderEliminar
  10. Anónimo6/3/16 23:56

    No hay más resultados??

    ResponderEliminar
  11. Anónimo7/3/16 01:02

    Marrajos 63 Ángel Mafre 38

    ResponderEliminar
  12. Tres de tres, si llego a apostar en Willian&Hill me forro.

    ResponderEliminar
  13. Anónimo7/3/16 09:40

    Lo que más mérito tiene es el acierto de Mariano eso sin duda.

    ResponderEliminar
  14. Anónimo7/3/16 09:41

    Y los otros dos tampoco eran tan difíciles

    ResponderEliminar
  15. Uno que lo vio7/3/16 10:02

    Alcabre 39-43 Dragons

    ResponderEliminar