xoves, 23 de febreiro de 2017

3ª División. Resultados Xornada 16 | Horarios Xornada 17


Algo tarde pero aquí estamos cos resultados da xornada pasada e os horarios para a vindeira en terceira división.

Antes de comezar, quería destacar unha nova que saíu hoxe na prensa acerca do seguro da Vigo en Xogo e que xa están comentando no fío de primeira. Aquí a noticia. Básicamente trata sobre un problema que están afrontando os compañeiros de un equipo de fútbol 7 no que dous dos seus integrantes sufriron unha lesión e o seguro négase a facerlles probas e moito menos a operalos dado que o incidente tivo lugar sen a intervención de outro xogador. E dicir, que se lesionaron eles sos. Por si tiñamos pouca historia co tema das canchas, agora resulta que o seguro que pagamos non nos vai cubrir nestes casos. Imos de mal en peor, ata cando vamos a seguir aguantando?

Por certo, o tema dos grupiños do whatsapp, seguimos igual...de 30 equipos teño o teléfono de 4. Despois queremos poñernos dacordo...

Vamos cos resultados da xornada 16

  • Vikings 53 - Don Balón Momper 37: Vikings está espertando e adopta postos máis competentes na categoría despois desta victoria ante Don Balón Momper que aculuma dúas victorias consecutivas e baixa dous postos de golpe. Con un pouco de sorte Vikings pode aspirar a rascar algo máis por arriba, polo momento xa puxeron algo de distancia coa parte baixa da clasificación.
  • C.B. Mariano 28 - Lonza 38: sorpresón, Mariano pinchou estrepitosamente contra Lonza, cun resultado moi inesperado e perde opcións a loitar pola terceira plaza. Non entraba nos seus plans perder contra Lonza e non sabemos tampouco a que se debeu ese resultado tan baixo. Lonza pola súa parte consegue unha victoria igualmente inesperada e importante para entrar nese apretado grupo medio.
  • Black Roosters 21 - N-Beade 46: Black Roosters non levanta cabeza e poucas opcións vexo de que cambien as cousas para eles. De aquí a final de tempada ten pinta de que non van a pasar dese 9 posto que ocupan e poderían incluso caer ó último. N-Beade salvou sen contratempos o partido e xa poden pensar no seguinte.
  • Abaco 28 - Ouxo 62: duro rival para Abaco que non puido facer nada por evitar unha derrota abultada frente á apisonadora de Ouxo, que están noutro planeta totalmente. Pouco que comentar ó respecto.
  • Raiders 40 - R.Portas C.B. 42: moi desputado este partido entre os outros dous equipos que ocupan plaza de promoción e que polo que parece puido decantarse de calquera lado. Portas parece que comezou con moita intensidade ata que chegou a segunda parte e caíron en picado, algo que aproveitaron os de Raiders para deixar o marcador moi axustado e quedar ás portas da victoria. Triunfo importante para Portas que salva así o average particular entre ambos.
  • Vikings 50 - C.B. Mariano 35: pleno para Vikings este fin de semana e descalabro para Mariano. Dúas victorias para un, dúas derrotas para o outro. Vikings está facendo as cousas moito mellor do que nos tiñan acostumados, nótase a progresión, xa tardaba en chegar. Mariano fai aguas nun fin de semana para esquecer e comeza a perder as patas da silla do cuarto posto, inda lles queda renta pero non se poden permitir fins de semana como este.
  • Raiders 52 - N-Beade 35: importante victoria para Raiders para seguir mantendo diferencia cos perseguidores e non perder opcións por arriba. N-Beade non estivo moi atinado e non puido ser competitivo nesta ocasión. Ambos pechan o fin de semana con unha victoria e unha derrota, así que non está de todo mal.



Vamos co repaso á vindeira xornada.

  • Raiders - Vikings protagonizaran un partido moi interesante non que de seguro ningún dos dous vai deixarse nada para conseguir a victoria. Raiders está obligado a seguir o ritmo que marcan Ouxo e Portas, e Vikings ten fame e vai a por todas.
  • Portas - Abaco xogarán un partido bastante intrascendente no que as apostas dan como favorito claro a Portas e hai poucas opción para a sorpresa, a pesar da mellora de Abaco das últimas xornadas
  • Ouxo Bouzas - Black Roosters: pouca trascendencia tamén neste partido e apostas igualmente claras tamén para a victoria de Ouxo. Black Roosters a aguantar o temporal
  • N-Beade - C.B. Mariano: outra sopresa para Mariano? a priori non debería ser, pero visto o visto este fin de semana todo pode suceder. N-Beade ven con case tanta fame como Vikings, veremos que pasa.
  • Lonza - Don Balón Momper: fai unhas xornadas os postos eran totalmente o revés. Persoalmente apostaría por Lonza, pero é certo que Don Balón Momper non pode empeorar máis a súa situación.
  • R. Portas C.B. - Ouxo Bouzas: o partido da xornada. Moitas ganas de ver o que sae de aquí. Ouxo leva un ritmo imparable. Xogan baloncesto de segunda (algúns din que de primeira) e están arrasando no seu debut na competición. Portas quere seguir amosando que está ahí para facerlle fronte a quen sexa e inda que os seus resultados non son tan contundentes como os de Ouxo, tamén nos teñen acostumbrados a ofrecer moito máis do que se agarda deles. O mellor ataque da liga fronte a mellor defensa, collan sitio...
  • Abaco - Lonza: Abaco non vai poder aproveitar a doble xornada que ten Lonza, xa que é o seu primeiro partido do fin de semana. Inda así damos un voto de confianza. Lonza pode rematar esta doble xornada en plena zona media. Todo depende deles.
Sorte a todos

Un saúdo

Karnixouvas

1 comentario: