xoves, 2 de febreiro de 2017

3ª División. Horarios Xornada 14


Seguimos con esta tomadura de pelo chamada Vigo en Xogo, e un servidor xa non ten calificativos para definir esta penosa situación que estamos a atravesar. Por se alguén tiña dúbidas, seguimos sendo a escoria do deporte afeccionado da cidade de Vigo, a última merda (que non a única), non somos máis que un obstáculo e seguimos existindo porque aos responsables de turno (e non direi nomes para que ninguén se sinta apuntado) sigue saíndolles a conta montar este circo ano tras ano xa que nós imos cos cartiños frescos cada mes de setembro a formalizar a inscrición, movidos únicamente pola ilusión de botar unhas canastas cos amigos as fins de semana, cun pequeno aliciente competitivo.

Non teñen nada que perder, iso está moi claro, e case podo imaxinarme como vai o tema do reparto das instalacións deportivas ó longo do ano, no que volvo dicir, seguimos sendo a última merda, cando toca asignar as pistas e ahí estamos nós para encher o oco que queda (según eles), e case podo imaxinar tamén o que lles pasa pola cabeza pola repercusión que pode ter: "que apanden co que hai" "e a min que" "dame exactamente igual" "como se parten unha perna" "ME-LA-SUDA"...non ten outra explicación, e perdoade que vomite todo o que me está a sair agora deste xeito, pero e que xa está ben...Seguen amosando que non hai voluntade ningunha por solucionar este problema, estamos petando na porta e ninguén responde...ata cando van seguir xogando con nós?

Pola miña parte non merece a pena nin comentar nada dos partidos desta fin de semana porque sei que a excepción do de Bembrive o resto non se van xogar, e a verdade, como si se xogan, o mal xa está feito e non hai volta atrás...

Un saúdo

Karnixouvas

3 comentarios:

  1. Anónimo3/2/17 08:18

    Desde R.Portas pensamos que lo mejor es plantarse y directamente no presentarse al partido.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo3/2/17 12:06

    Igual tamén inflúe o feito de que non somos quen nin de poñernos de acordo para queixarnos.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo3/2/17 18:53

    Cando se fala de ir a queixarnos aparecemos o final ali dous o tres equipos de trinta igual que a ultima vez

    ResponderEliminar