xoves, 9 de febreiro de 2017

3ª División. Horarios Xornada 15


Se esta liga non tiña data de caducidade vai sendo hora de ir poñéndoa. Despois do despropósito da semana pasada, chegamos a outra con semellante panorama. Os de Teis serán os únicos garantizados, así que so falaremos sobre eles.

  • N-Beade - Abaco: N-Beade ten o seu posto en xogo e unha derrota non debería cadrar dentro das súas opcións, menos inda cando o rival e Abaco que a pesar de seguir último na clasificación ven de facer un bo partido frente a Don Balón Momper o que deixa aberta algunha posibilidade
  • Lonza - Black Roosters: Lonza ten como rival ó seu principal competidor na clasificación, e tras a derrota frente a Raiders pode ver un pouco máis de luz cun rival máis asequible como Black Roosters, que veñen de perder un partido de moi baixa competencia con Don Balón Momper (22-26).
Xa por último, como vexo que esto de Balaídos é a historia interminable, fágome eco dun comentario no que se comentaba a posibilidade de facer un grupo de Whatsapp para coordinarnos cando se dean situaciones como as do fin de semana pasado. Se vos parece ben, a idea é que cada equipo me envíe por correo a karnixouvas@gmail.com o teléfono dun responsable para facer o grupo e así poder tomar decisións conxuntas e ter un medio de comunicación directo entre nós. Como sei que haberá xente que non pasa moito por aquí, comentádeo cos vosos rivais para que todos colaboremos.

Un saúdo

Karnixouvas

2 comentarios:

  1. A min tamén se me pasou pola cabeza que igual é hora de deixalo. A alternativa, dado que non somos capaces de facer nin unha mísera protesta, é apandar ou non xogar

    ResponderEliminar
  2. Nova canle para denunciar o tema das pistas... https://www.facebook.com/vigovergonzaterreoxogo/

    ResponderEliminar