mércores, 1 de febreiro de 2017

3ª División. Resultados Xornada 13



Xornada sen sorpresas en 3ª división, nun fin de semana na que media competición veu os seus partidos cancelados por mor das molladas pistas de Balaídos. Algúns dos equipos xa están movendo o tema en redes sociais nun intento por facerse oír ante o órgano competente do que depende a Vigo en Xogo. Desde aquí volvemos alentarvos a que fagades unha queixa a través do 010 ó Concello ou a través deste formulario de queixas. Se todos e cada un de nos o facemos, chegaríamos a un volume de 300 queixas, por intentalo que non quede.

Vamos cos resultados

  • Ouxo Bouzas 82 - Vikings 31: Ouxo arrasou a Vikings. Cando un equipo gaña con esta facilidade pouco hai que dicir, máis que felicitar a un por seguir facendo números extraordinarios e desexarlle mellor sorte nos próximos encontros o outro.
  • N-Beade 23 - R. Portas 46: victoria holgada para o colider tamén inda que dentro de valores máis normais. N-Beade leva dous partidos contra os equipos máis eficientes da categoría onde claramente estivo por debaixo con ningunha ou poucas posibilidades de facer máis. A partir de agora terá que botar un ollo os equipos xusto enbaixo, xa que hai estará a súa loita.
  • Lonza 35 - Raiders 55: Raiders impúxose por 20 puntos de diferencia e segue a manterse no terceiro andar da clasificación coa mesma distancia por arriba que por abaixo. Lonza parece que estivo lonxe de facer algo de dano e volve a pinchar perdendo algo de ritmo cos equipos de máis arriba.
  • Don Balón Momper 56 - Abaco 44: algo máis entretido parece que estivo este enfrontamento, onde Don Balón Momper conseguiu unha necesaria victoria ante un Abaco que a pesar da derrota volve a dar boa impresión tras a exitosa xornada pasada. Veremos como evolucionan ambos conxuntos nesta segunda parte da competición.
  • C.B. Mariano 65 - Black Roosters 43: victoria cómoda para Mariano que colle folgos para seguir arriba. O terceiro posto está so a dúas victorias así que a carreira sigue. Black Roosters saíu unha vez máis danmificado e acumulan 10 derrotas en 13 partidos.
Voltaremos cos horarios cruzando os dedos para que non toque de novo Balaídos...

Un saúdo

Karnixouvas

Ningún comentario:

Publicar un comentario