Algo tarde pero aquí estamos cos resultados da xornada pasada e os horarios para a vindeira en terceira división.
Antes de comezar, quería destacar unha nova que saíu hoxe na prensa acerca do seguro da Vigo en Xogo e que xa están comentando no fío de primeira. Aquí a noticia. Básicamente trata sobre un problema que están afrontando os compañeiros de un equipo de fútbol 7 no que dous dos seus integrantes sufriron unha lesión e o seguro négase a facerlles probas e moito menos a operalos dado que o incidente tivo lugar sen a intervención de outro xogador. E dicir, que se lesionaron eles sos. Por si tiñamos pouca historia co tema das canchas, agora resulta que o seguro que pagamos non nos vai cubrir nestes casos. Imos de mal en peor, ata cando vamos a seguir aguantando?
Por certo, o tema dos grupiños do whatsapp, seguimos igual...de 30 equipos teño o teléfono de 4. Despois queremos poñernos dacordo...
Vamos cos resultados da xornada 16
- Vikings 53 - Don Balón Momper 37: Vikings está espertando e adopta postos máis competentes na categoría despois desta victoria ante Don Balón Momper que aculuma dúas victorias consecutivas e baixa dous postos de golpe. Con un pouco de sorte Vikings pode aspirar a rascar algo máis por arriba, polo momento xa puxeron algo de distancia coa parte baixa da clasificación.
- C.B. Mariano 28 - Lonza 38: sorpresón, Mariano pinchou estrepitosamente contra Lonza, cun resultado moi inesperado e perde opcións a loitar pola terceira plaza. Non entraba nos seus plans perder contra Lonza e non sabemos tampouco a que se debeu ese resultado tan baixo. Lonza pola súa parte consegue unha victoria igualmente inesperada e importante para entrar nese apretado grupo medio.
- Black Roosters 21 - N-Beade 46: Black Roosters non levanta cabeza e poucas opcións vexo de que cambien as cousas para eles. De aquí a final de tempada ten pinta de que non van a pasar dese 9 posto que ocupan e poderían incluso caer ó último. N-Beade salvou sen contratempos o partido e xa poden pensar no seguinte.
- Abaco 28 - Ouxo 62: duro rival para Abaco que non puido facer nada por evitar unha derrota abultada frente á apisonadora de Ouxo, que están noutro planeta totalmente. Pouco que comentar ó respecto.
- Raiders 40 - R.Portas C.B. 42: moi desputado este partido entre os outros dous equipos que ocupan plaza de promoción e que polo que parece puido decantarse de calquera lado. Portas parece que comezou con moita intensidade ata que chegou a segunda parte e caíron en picado, algo que aproveitaron os de Raiders para deixar o marcador moi axustado e quedar ás portas da victoria. Triunfo importante para Portas que salva así o average particular entre ambos.
- Vikings 50 - C.B. Mariano 35: pleno para Vikings este fin de semana e descalabro para Mariano. Dúas victorias para un, dúas derrotas para o outro. Vikings está facendo as cousas moito mellor do que nos tiñan acostumados, nótase a progresión, xa tardaba en chegar. Mariano fai aguas nun fin de semana para esquecer e comeza a perder as patas da silla do cuarto posto, inda lles queda renta pero non se poden permitir fins de semana como este.
- Raiders 52 - N-Beade 35: importante victoria para Raiders para seguir mantendo diferencia cos perseguidores e non perder opcións por arriba. N-Beade non estivo moi atinado e non puido ser competitivo nesta ocasión. Ambos pechan o fin de semana con unha victoria e unha derrota, así que non está de todo mal.
Vamos co repaso á vindeira xornada.
- Raiders - Vikings protagonizaran un partido moi interesante non que de seguro ningún dos dous vai deixarse nada para conseguir a victoria. Raiders está obligado a seguir o ritmo que marcan Ouxo e Portas, e Vikings ten fame e vai a por todas.
- Portas - Abaco xogarán un partido bastante intrascendente no que as apostas dan como favorito claro a Portas e hai poucas opción para a sorpresa, a pesar da mellora de Abaco das últimas xornadas
- Ouxo Bouzas - Black Roosters: pouca trascendencia tamén neste partido e apostas igualmente claras tamén para a victoria de Ouxo. Black Roosters a aguantar o temporal
- N-Beade - C.B. Mariano: outra sopresa para Mariano? a priori non debería ser, pero visto o visto este fin de semana todo pode suceder. N-Beade ven con case tanta fame como Vikings, veremos que pasa.
- Lonza - Don Balón Momper: fai unhas xornadas os postos eran totalmente o revés. Persoalmente apostaría por Lonza, pero é certo que Don Balón Momper non pode empeorar máis a súa situación.
- R. Portas C.B. - Ouxo Bouzas: o partido da xornada. Moitas ganas de ver o que sae de aquí. Ouxo leva un ritmo imparable. Xogan baloncesto de segunda (algúns din que de primeira) e están arrasando no seu debut na competición. Portas quere seguir amosando que está ahí para facerlle fronte a quen sexa e inda que os seus resultados non son tan contundentes como os de Ouxo, tamén nos teñen acostumbrados a ofrecer moito máis do que se agarda deles. O mellor ataque da liga fronte a mellor defensa, collan sitio...
- Abaco - Lonza: Abaco non vai poder aproveitar a doble xornada que ten Lonza, xa que é o seu primeiro partido do fin de semana. Inda así damos un voto de confianza. Lonza pode rematar esta doble xornada en plena zona media. Todo depende deles.
Un saúdo
Karnixouvas
Portas 41 - Ouxo 57
ResponderEliminar