5ª Xornada en terceira división, que terá lugar íntegramente nas canchas de Balaídos ao largo da tarde do sábado.
Dous partidos de terceira darán comezo a esta xornada de Vigo en Xogo en Balaídos. C.B. Mariano ten na súa man seguir escalando posicións na clasificación no seu enfrontamento ante Vikings, que chega ferido despois de encadear dúas derrotas no mesmo fin de semana.
Lonza e Abaco comezarán mentres tanto na outra cancha un partido que vai desfacer o empate entre eles, que comparten posición de colista con 0 victorias e 4 derrotas.
N-Beade terá un rival de entidade o que enfrontarse. As apostas parecen inclinarse do lado de Raiders, equipo que todavía non coñece a derrota nesta tempada.
Ouxo Bouzas e R.Portas C.B. de seguro protagonizarán un dos partidos máis interesantes da xornada. Ambos conxuntos están acadando uns resultados moi similares. Veremos cal dos dous se atopa máis en forma.
Don Balón Momper quere seguir aspirando a máis, trala súa primeira victoria da tempada. Black Roosters pola súa parte, ten deberes que facer despois de sair derrotado ante Mariano na pasada xornada. A zona media na que se atopan estes dous equipos está moi igualada e as posicións poden dar un cambio importante tras esta xornada.
Voltaremos para a semana cos resultados.
Sorte a todos
Karnixouvas
Beade 31 Raiders 43
ResponderEliminarOuxo 43 - Portas 32
ResponderEliminar