xoves, 10 de novembro de 2016

3ª División. Horarios Xornada 6


Seguimos tentando á sorte con Balaídos nun fin de semana no que volverá a chover. Tan so catro equipos entre todas as categorías terán o privilexio de xogar en Navia esta xornada, os demáis volveremos a estar pendentes do que suceda na pista "literalmente".

Raiders - Ouxo. Se a xornada pasada o Ouxo-Portas foi o partido estrela, esta xornada é este, o que enfrontará ós invictos Raiders contra os competentes Ouxo. Partido importante nun escenario de luxo como o pavillón de Navia, no que pode pasar de todo. Veremos se os renovados Raiders dan o callo ou se Ouxo volve a demostrar a súa valía na cancha como ven facendo.

Abaco - N-Beade, os colistas enfróntanse ó sexto clasificado cun so obxetivo en mente, unha victoria, que lles alente para seguir con ánimo. N-Beade ven de perder con Raiders e moi probablemente pensará en salvar o posto para seguir mirando para arriba.

Black Roosters pode e debe sumar unha victoria fronte a Lonza, que ven de gañar o seu primeiro partido da temporada a xornada pasada. Como xa dicíamos parecen estar algo inconsistentes con respecto ó ano pasado. Lonza pola súa parte está nunha comprometida novena posición e probablemente vexan con optimismo este partido e traten de obter un bo resultado.

Os de C.B. Mariano veñen de facer un bo traballo na xornada pasada e comezan a facerse un oco na parte superior da clasificación. Desta vez teñen a un rival directo como Don Balón Momper co que desfarán o empate. A priori Mariano parece estar un pouco mellor de forma que Don Balón, pero estes tamén están tendo unha progresión interesante e positiva que lles pode dar resultado. Veremos que pasa

Vikings so coñecen unha victoria, a da primeira xornada ante Abaco. Con 5 xornadas xogadas inda non se pode sentenciar a ninguén, sobre todo cando aparentemente parece un equipo con opcións de estar máis arriba. Nesta ocasión sen embargo terán diante a R. Portas C.B. que non parece ser o rival oportuno para sumar esa unha segunda victoria. Veñen de perder contra Ouxo e seguro que a palabra derrota non lles pasa pola cabeza.

Sorte a todos

Saúdos

Karnixouvas

1 comentario:

  1. Copio e pego o que puxen nos outros posts para ver se facemos piña con este tema...

    --
    Estamos vendo que esto segue igual ano tras ano. A min dame a impresión que VIDE nin pincha nin corta neste asunto, eles fan o calendario e despois debe ser o IMD ou outra xestora a que asigna as canchas. Nos somos os que temos a última palabra neste asunto, e non queda outra que facer un plante e non presentarse cando volva a ocurrir esto, e de paso mandar un correo á organización para que estean o tanto.

    O que non pode ser, e que xa me parece unha tomadura de pelo absoluta, é que despois do que choveu o sábado pola mañá e vendo que non se están a xogar os partidos, non sexan capaces de chamar aos delegados de cada equipo e teñamos que perder o tempo para ir alí a firmar un acta...

    ResponderEliminar