martes, 8 de novembro de 2016

3ª División. Resultados/Clasificación Xornada 5


Moi boas! Xornada sen incidencias en terceira onde os mellor clasificados aseguraron os seus postos ou melloraron, comezando a definirse un pouco máis os roles nesta categoría.

  • C.B. Mariano 65 - Vikings 40: boa puntuación neste encontro cun Mariano que non debeu amosar dudas sobre a súa superioridade e comeza a acadar postos máis correspondentes ao seu ámbito. Vikings estivo pero non, quedándose 25 puntos por debaixo e deixando esta xornada cun balance de 1-4 que deberán tentar arranxar canto antes.
  • Don Balón Momper 49 - Black Roosters 19: recital de Don Balón Momper ante uns Roosters sen tirón que so foron capaces de anotar 19 puntos en todo o partido. Mal pintan as cousas para este equipo se non son capaces de estar á altura de rivais que en principio parecen ser da súa entidade. Don Balón non desbotou a oportunidade de anotarse outra victoria e xa está en 4º posición.
  • Lonza 47 - Abaco 39: o duelo entre os colistas saldouse con victoria para Lonza que consegue así a súa primeira victoria da tempada deixando a Abaco solo como faroliño da categoría. Veremos se teñen máis sorte en vindeiras xornadas e conseguen levantar o ánimo para seguir xogando con ganas.
  • N-Beade 31 - Raiders 43: resultado algo máis escueto do agardado no que N-Beade saíu derrotado por 12 puntos, ante uns Raiders que con esta victoria suben ó primeiro posto da clasificación, convertíndose no único equipo invicto da categoría. N-Beade queda nunha intermedia posición con posibilidades de chegar algo máis arriba. A ver que tal lles sentan os próximos partidos.
  • Ouxo Bouzas 43 - R.Portas 32: Ouxo Bouzas venceu por 11 puntos a Portas, o outro equipo invicto ata o momento, que polo que contan no seu blog non foron capaces de frear a estratexia plantexada polo seu rival e faltoulles un puntiño de intensidade. Ouxo continúa ofrecendo moi boas sensacións e creo non equivocarme cando vexo neles a un candidato claro para ascender a segunda división.
Voltamos o xoves cos horarios para a 6ª xornada.

Saúdos

Karnixouvas

Ningún comentario:

Publicar un comentario