martes, 15 de novembro de 2016

3ª División. Resultados Xornada 6


A decisión de emplazar gran parte da xornada 6 nas canchas de Balaídos o pasado fin de semana, deu como resultado o que xa sabedes...unha decena de partidos suspendidos entre as tres categorías, onde so se salvaron os que xogaron o domingo e os de Navia. Veremos agora que pasa e como fan para reprogramar tanto partido...

  • Raiders 22 - Ouxo Bouzas 50: recital de Ouxo Bouzas que segue con paso firme na categoría, amosando un xogo con moi pouca competencia en 3ª división. Polo de agora non coñecen a derrota na cancha e todo apunta a que se non teñen problemas de xente, van ser o principal candidato ó ascenso. Raiders pola súa parte viña facendo un bo papel ata que chegou esta xornada, onde toparon de fronte cun rival moi superior ó que non foron capaces de marcarlle máis de 22 puntos.
  • Black Roosters 27 - Lonza 40: Black Roosters segue de capa caída e comeza a desinflarse con so 6 xornadas desputadas. Con esta encadean 3 derrotas consecutivas. O rival non era excesivamente esixente, pero Lonza comeza a asomar a cabeza pola parte de abaixo e con esta victoria xa ve algo máis claro o camiño cara unha apretada zona media.
Saúdos

Karnixouvas

Ningún comentario:

Publicar un comentario