martes, 18 de outubro de 2016

Resultados Xornada 2 Segunda División


Mentres ninguén se anima e baseándome nos meus pequenos coñecementos desta división, procurarei facer un pequeno resumo dos partidos da xornada...

Sm Color continúa con paso firme na división, metendo sempre puntuacións altas. A súa vítima foi agoa os Dragons, nun partido que pola puntuación semella que foi bastante igualado.
Exacta e Deportes Balbi tiveron tamén un resultado apertado, e ámbolos dous equipos sitúanse con unha vitoria, na zoa morna da táboa.
Os Guitian (lembremos que son a fusión dos Maitetxu con os rapaces da Selección Olímpica) perderon o seu segundo partido co Centro de Estudios Lore (¿quen son?. ¿Acaso o ex-Cahersa-Globossol ou os ex-Garcotrans-Alcabre?. ¿Alguén pode dicírnolo?). O caso e que de momento levan dúas vitorias, igual que SM, e semellan ser unha das ¿sorpresas? da liga.
Academia Atenas deu nesta xornada boa conta de Alcume Basket (mesma dúbida que con Centro de Estudios Lore, aínda que podería estar equivocado nos dous casos...). Alcume dera boa conta na primeira xornada de Jedys e Atenas caíra con estrépito diante dos rapaces de SM. Semella que nesta ocasión trocaron as tornas...
E mención final o último partido entre ex- primeiras (Jedys Suflenorsa e Ángel Mapfre, que non se puido xogar en Balaídos, e van... A organización debería de tomar nota destas cousas, pero tódolos anos volvamos tropezar coa mesma pedra :(...

3 comentarios:

  1. Gracias por los resultados y el análisis.

    ResponderEliminar
  2. Centro de Estudios Lore = C.B Los 80s Alcabre

    ResponderEliminar
  3. Gracias.
    ¿Alguien puede decirnos entonces a quién corresponden Academia Atenas y Alcume Basket?. Todo apunto a Cafeterías Tambo y Cahersa Globossol, pero no estoy seguro...

    ResponderEliminar