A segunda xornada en terceira división rematou con dous partidos sen desputar, un deles o Don Balón Momper - Ouxo Bouzas por falta de efectivos de Ouxo, tal como nos informaron nos comentarios, e o Vikings - N-Beade que imaxinamos foi afectado pola humidade da pista de Balaídos.
En canto ó resto de encontros, esto é o que deu de si a xornada:
- Ouxo Bouzas 59 - Lonza 57: victoria por dous puntos de Ouxo Bouzas nun partido que se decidiu tras unha prórroga e que tiveron que finalizar con 5 xogadores en cancha e un deles lesionado. Lonza non foi capaz de darlle a volta ó partido nin nestas condicións, o que di moito dos recursos deste novo equipo.
- R.Portas C.B. 45 - Don Balón Momper 23: segunda victoria sen complicacións para R.Portas C.B. nun partido desigual tamén en convocatoria, con 5 xogadores xustos fronte a 10 de Momper. O resultado ó cabo da primeira parte (19-4) non é para estar orgulloso. Por sorte Momper apareceu na segunda inda que con poucas opcións de achegarse a Portas que finalmente contou cun efectivo máis para rematar o partido.
- Raiders 42 - C.B. Mariano 38: segunda victoria tamén para Raiders ante Colegio Mariano, que semella perdeu algo de ritmo neste inicio da tempada con respecto ó seu rendemento do ano pasado. Raiders pola súa parte semella que aspira a moito máis este ano con algunhas fichaxes de relevancia que poden axudarlles a alcanzar cotas máis altas.
- Abaco 32 - Black Roosters 38: primeira victoria de Black Roosters na tempada ante Abaco, nun partido no que probablemente se esperase máis dos Roosters, se atendemos ó seu historial na liga. Abaco encandea así a súa segunda derrota e vese relegado á última praza da táboa.
Saúdos
Karnixouvas
O partido ouxo bouzas - don balón non se xogou porque ouxo se presentó sol con des xogadores
ResponderEliminarO partido ouxo bouzas - don balón non se xogou porque ouxo se presentó soo con dous xogadores
ResponderEliminarMoitas grazas pola aclaración!!
Eliminar