En terceira, xornada practicamente sen sorpresas na que os favoritos, con máis ou menos solvencia, gañaron ós seus rivais.
- Black Roosters 46 - Vikings 43: polo resultado podemos intuir que foi un partido do máis entretido no que os Roosters levaron a victoria por so tres puntos de diferencia, sumando o seu segundo triunfo. Vikings deberá repoñerse se quere ser un deses equipos revelación que na súa primeira tempada da mostras de querer aspirar a todo.
- C.B. Mariano 49 - Abaco 27: chegou a primeira victoria para Mariano, nun inicio de tempada para esquecer, que seguron pensan en deixar atrás canto antes. Tocoulles un rival asequible para conseguilo, Abaco, que polo resultado semella que non tivo opción ningunha de facerlles algo de dano.
- Don Balón Momper 35 - Raiders 48: Momper acumula unha segunda derrota esta vez ante Raiders, un dos equipos que máis está destacando neste inicio de campaña. Parece que ficharon ben e con tino, o que lles vai dar probablemente moitas opcións de cara a obter un dos postos privilexiados da categoría. Momper segue sen coñecer a victoria na cancha, a ver se ese puntiño obtido ante Ouxo por incomparecencia dalles folgos para a vindeira xornada.
- Lonza 26 - R.Portas C.B. 45: inda que poida parecer o contrario vendo o resultado, o certo é que Lonza fixo fronte a Portas ata ben entrada a segunda metade. Un descoñecido R.Portas non foi quen de anotar máis de 13 puntos nos primeiros 25 minutos, os mesmos que Lonza. O segundo tempo foi ben distinto e Portas colleu o mando ante un Lonza ó que se lle esgotou a gasolina a falta de dez minutos e que non puido facer moito máis por evitar a derrota.
- N-Beade 48 - Ouxo Bouzas 62: Os 48 puntos de N-Beade, a puntuación máis alta dos derrotados desta xornada, non foron suficientes para gañar a Ouxo Bouzas, que chegou ós 62 amosando estar un pasiño por diante de moitos equipos nesta categoría. Inda así as defensas non deberon estar a tono ou ambos conxuntos estiveron moi acertados para acadar ese balance conxunto, o máis alto de todas as categorías.
Un saúdo
Karnixouvas
Ningún comentario:
Publicar un comentario